09/11/2011

Auga e medioambiente nas escolas de Coray

A semana pasada adiqueime a dar charlas formativas en distintas comunidades do Concello de Coray. En concreto estiven nas escolas de Las Mesas, Las Cruces, Portillo Colorado e Talpetate, con rapaces de distintos graos da ensinanza primaria.

O tema das charlas foi o de auga e medioambiente, cunha duración nunca maior de tres cuartos de hora. As ideas que lles intentei explicar foron por exemplo o dereito universal ao acceso á auga potable e ao saneamento básico e a súa importancia, o ciclo hidrolóxico, a deforestación, a desertización, os usos da auga, importancia da hixiene, etc.


Foi unha experiencia moi bonita a de ensinar isto a eses rapaces, sobre todo nesas idades nas que son tan receptivos e están libres do recelo e prexuízos que gañan cando medran algo máis. En lugares coma este daste de conta de que con moi pouquiño podes facer moito.

Procurei non falar so eu e facerlles preguntas sinxelas de xeito que a charla fora máis dinámica e se sentiran partícipes da mesma. Puiden ler na cara dos rapaces cando me estaba explicando ben e tamén cando non me entendían, cando por uns intres esquecía que eran nenos e lles falaba coma á xente maior.

Pero, en definitiva, penso que foi unha das mellores semanas dende que cheguei a Honduras.

1 comentarios:

Sergio dijo...

moi bo o de ler nas súas caras!! xa podía facer así moito do profesorado aquí...