14/11/2011

Danos en El Zapotillo

Hai pouco tempo tiven ocasión de falar con Don José Arístedes Najar, presidente da Junta de Agua de El Zapotillo, e lle preguntei polo estado das obras hidráulicas feitas por ESF na comunidade, tras as fortes choivas do mes de outubro.

Para tranquilidade de todos nós, o sistema está básicamente ben: as tuberías, a bomba, o pozo de bombeo, os biofiltros, as letrinas, non se arruinaron nin contaminaron. O que si aconteceu é que por ser unha zona de bastante pendente, escurríuse gran cantidade de terra, deixando ao aire libre algúns tramos de tubería, aproximadamente unha lonxitude total de un quilómetro. E é importante arranxalo cedo porque neste estado as tuberías son susceptibles, por exemplo, de ser pisadas polo gando e romperse.

Os biofiltros non sufriron mal ningún polas choivas en si mesmas. O único é que un deles non traballa ben porque ten no fondo unha capa de terra que fai que non se filtre a auga e esta se apoce e rebose pola parte de enriba. Esta terra provén da area de río que ten o biofiltro na parte superior e que arrastra a auga no seu percorrido polo aparello. Mais a solución a isto é tan sinxela como facer pasar a area por un tamiz moi fino e recuperar o groso para o biofiltro.

Fora xa do eido das obras de auga, por sorte as choivas non causaron moitos danos materias nas vivendas (foron dous as casas inundadas), gracias a elevada pendente do terreo. Pero si houbo gran perda no campo, cunha superficie de cultivo estragada maior ás tres cuartas partes do total.

Esperemos que pouco a pouco todos estes danos se poidan remontar.