A
pesar del poco tiempo de ejecución desde la recepción de los
fondos del proyecto, creemos que es factible la ejecución financiera de la
anualidad 2017 según lo planeado y aprobado en la reunión anterior
del Comité de Seguimiento, aunque dada la situación de inestabilidad del país tras las elecciones del 26 noviembre, se van a tomar medidas extraordinarias, empezando por la solicitud al financiador (Cooperación Galega de la Xunta de Galicia) de una prórroga para completar gastos de la anualidad 2017 en enero de 2018 si fuera necesario (acogiéndose a esta situación excepcional).
Se
ha avanzado bastante en algunas actividades: maduración de
emprendimientos económicos, trabajo con las seccionales (grupos de la base social de CODDEFFAGOLF, la organización hondureña con la que trabajamos en el proyecto) para
diagnósticos de las bases sociales, capacitaciones básicas al grupo
de pescadores que va a realizar el ensayo de producción de pargo,
reuniones de planificación con el CIAL (Comité de Investigación
Agrícola Local) del grupo APROEN, para el trabajo de mejora de
semillas, y reuniones con la mesa SAN de Nacaome y grupo de
productores para la puesta en marcha de la unidad de gestión del
mercado (Mercadito Verde).
Se
han establecido redes y contactos con otros agentes para facilitar el
desarrollo de actividades: docente del INFOP (módulos sobre pesca), Centro
Universitario Regional Litoral Pacífico de la UNAH (pesca y
acuicultura), DIGEPESCA, Mesas
SAN municipales de Nacaome y El Triunfo, así como la Mesa SAN (seguridad alimentaria y nutricional)
Regional (región sur de Honduras).
En
general, los grupos han acogido muy bien las actividades, y el nivel
de participación e implicación es muy satisfactorio. Observamos un
posible riesgo para la ejecución con el grupo de jóvenes de APROEN,
porque son pocos jóvenes en el grupo y varios están pensando en
salir y buscarse otra forma de vida fuera de la comunidad.
Productores/as
de comunidades de Nacaome en el Mercadito verde, en el parque de
Nacaome, Valle.
Reunión sobre gestión
organizativa de las Asociadas de la Caja de Ahorro y Crédito Mujeres
Campesinas Unidas en Marcha, Comunidad de El Mapachin, Nacaome, Valle
Taller práctico sobre Seguridad en el Mar, al Grupo de pescadores Gracias a Dios, impartido por el INFOP, en San Lorenzo, Valle.
Taller sobre elaboración de Estados Financieros con la Asociadas de la Caja de Ahorro y Crédito Mujeres Campesinas Unidas en Marcha, Comunidad de El Mapachin, Nacaome, Valle.
Taller de elaboración de
estados financieros a los y las jóvenes de la APROEM, comunidad de
El Ocotillo, Nacaome, Valle.
Como seguramente
saberedes as mais fieis seareiras deste blogue, no programa PCR de ESF tamén se
inclúe unha semana de estancia en comunidades.
As comunidades
rurais de Honduras son unha proporción importante do país, polo que é ben
acaído que coñezamos de primeira man como se vive o día a día. Concretamente,
da poboación total do país (9,1 millóns de habitantes, segundo os datos do
censo do 2016), o 54% atópase disperso en comunidades rurais. No departamento
de Choluteca, ao que pertence El Triunfo, a poboación rural é do 62,6%, e se
nos centramos no municipio de El Triunfo, os datos ascenden ao 76,4% de
poboación rural.
Nas comunidades
rurais practícanse a agricultura e gandaría tradicionais, os medios de
transporte e comunicación son escasos, e xeralmente carécese de servizos como
auga potable, sumidoiros, pavimentación, alumeado público, entre outros. Así
mesmo, atópanse diferenzas de escolarización entre as áreas rurais e urbanas,
atópase nos obxectivos do plan estratéxico hondureño 2014 – 2018 a mellora
deste aspecto, xa que na actualidade a escolaridade promedio é de 8,9 anos nas
zonas urbanas, e de unicamente 6 anos nas rurais.
No tocante ao
tema da auga, que é o motivo do proxecto de ESF, o Goberno de Honduras conta,
desde fai mais de 40 anos, co apoio de numerosas ONGs que desenvolven
actividades para dotar de servizos de auga potable e saneamento á poboación
hondureña, acadándose coberturas do 82% (abastecemento) e do 72% (saneamento)
segundo datos do Banco mundial (2015). Con isto, aproximadamente un millón de
persoas vive sen acceso a servizos dignos de auga potable, e uns 2,2 millóns
sen acceso a saneamento mellorado. E esta situación agrávase nas zonas rurais,
onde segundo o SANAA (Servicio Autónomo Nacional de Acueductos y
Alcantarillados), o 28% dos sistemas de auga non son suficientes na estación
seca. Nestas zonas, ademais, só son potables arredor do 10% das augas
superficiais.
Pois xa postas en
situación, e tendo en conta que nas comunidades rurais a xente aínda é mais riquiña
que nos núcleos urbanos, se cabe (pois o carácter da xente hondureña é ben
amigable e acolledor), a Masila nos fomos Adri mais eu, con moitas ganas de vivir
a experiencia. E con moitas ganas de coñecer esa comunidade que viamos todos os
días desde o pobo, e desde a estrada panamericana nas nosas viaxes a Choluteca.
Pois Masila é a comunidade do Triunfo que está situada no alto de un cerro.
Unha situación privilexiada respecto a vistas da natureza e clima mais fresco.
Ao fondo, cerro de Masila
visto desde El Triunfo.
Como dixemos,
Masila está situada nun cerro, polo que a chegada é a pé. Raramente algún
veciño vai en moto ou mototaxi, porque o camiño é moi difícil. Ademais da
pendente de subida, tamén é complicado porque a ponte sobre o río rompeu hai un
par de meses e aínda están pendentes do arranxo.
As mulleres da
Xunta de Augas foron quen nos recolleron e acompañaron ata a súa comunidade, e
desde o primeiro día estivemos tan coidados como se das nosas nais se tratara.
Viaxe de ida a Masila.
Sí, as mulleres
da Xunta de Augas porque neste caso 6 das 7 persoas que compoñen a xunta son
mulleres. Tal e como vimos durante a semana, é unha xunta de funcionamento
exemplar, con iniciativa e moitas ganas de aprender. Con elas acordamos un día
no que xuntarmos toda a comunidade (composta por unhas 75 familias) e facer
unha posta en común do avance do seu sistema de abastecemento que está en proxecto.
Incluso despois dunha grande choiva tropical, a comunidade achegouse á xuntanza
e volcouse en coñecer o estado do sistema que esperan con tantas ansias, e durante
un bo anaco estivemos a recoller propostas de mellora e adaptación.
Ao remate desta
reunión, e aproveitando que a municipalidade do Triunfo nos prestara un
proxector, gozamos dunha entretida velada con sesión de cinema.
Visita a un pozo con
lavadeiros de roupa, coas compoñentes da Xunta de Augas de Masila.
Reunión sobre o estado do proxecto de
abastecemento de augas en Masila e velada de cinema no local social da
comunidade.
Tamén dentro das
nosas tarefas PCR aproveitamos a estancia en Masila para achegarnos á escola:
hai desde preescolar até os 12 anos, repartidos en 3 aulas. A rapazada que nun
principio nos ollaba como estraños
blanquitos, pronto se mostraron moi interesados no que tiñamos que
contarlles sobre a súa auga. As dinámicas de sensibilización e coñecemento do
uso adecuado da auga estiveron acompañadas de cancións e xogos. Facer educación
ambiental con alumnado tan receptivo é ben agradecido. Son a xeración do futuro
e oxalá tomen conciencia desde a infancia, pois certo é que queda camiño por
percorrer coidando un recurso que nos da a vida.
Sesións de educación ambiental sobre o recurso
auga na escola de Masila.
Masila tamén é
especial pola súa iniciativa de radio comunitaria chamada Radio Cholula, que co
seu slogan “Creando conciencia social” espallan polas ondas diferentes
programas, creando debates, recibindo chamadas de opinión e por suposto,
dedicando as mellores músicas aos seus oíntes.
Tivemos a sorte de participar en directo en dúas ocasións, dando a
coñecer a actividade que ESF está a desenvolver alí.
Os PCRs de auga “no aire” en Radio Cholula.
Ademais destas
actividades, a vida cotiá en Masila foi moi agradable, hai unha boa porcentaxe
de xuventude, que nos acolleu como a dous mais da comunidade, e cos que tivemos
a sorte de coñecer os arredores e facer roteiros pola exuberante natureza que
rodea a comunidade, que está localizada no seu punto mais elevado cunha cruz
branca desde a que se pode ver a paisaxe ata Nicaragua.
Nas casas non hai
auga corrente, aprendemos como é bañarse nos pozos con roupa, tal e como fan
alí cada mañá, ademais de aproveitar esa viaxe da ducha para lavar a roupa e volver cargados con baldes de auga para
o día. De isto encárganse principalmente as mulleres e cativas, se ben tamén
moitos cativos axudan coa traída da auga. Este é un dos motivos que ocupa o
tempo de mañá na infancia, e cando as distancias non son moi curtas, compaxinar
os quefaceres domésticos coa escolarización vese impedido. Ademais da
inseguridade da calidade da auga que están a tomar, pois cada ano enferman por
parásitos e diarreas unha grande parte dos cativos. Un motivo mais para
solicitar un sistema de auga potable na comunidade.
Ola siareiros!! hoxe vouvos contar algo que puden apreciar durante a miña estancia en
Masila, un pequeno núcleo de poboación situado moi a carón do “mero” centro
urbano do Triunfo, como dirían aquí, nun dos cerros que a rodea. Esta comunidade,
igual que a maioría de Honduras sufriu en xuño do ano pasado un terrible sismo
de 6.2 na escala de Richter, do que non se lamentaron vítimas, pero si
numerosas perdas materiais.
Casa
destruida polo terremoto
Estas casas normalmente son de unha soa elevación
e feitas con material de adobe pouco compactado, e con tabiques con moi pouco
espesor e plásticos, o que fai que calquera pequeno tremor lle produza fendas
ou as tire.
Gretas
producidas polo tremor
As comunidades rurais son as que mais sufriron
este sismo, polo que é moi doado en poboacións como a de Masila encontrarse
restos de derrribos producidos polo sismo.
Ruínas
doutra casa tirada polo terremoto
Tras isto, a xente vese obrigada a deixar os
seus fogares e buscar uns novos. Moita xente opta por construír casas
provisionais. Algunhas destas son construídas con estrutura de madeira e placas
de metal.
Casa
provisional illada con placas metálicas
Isto non pasou desapercibido no actual goberno
hondureño, e enseguida se puxeron as pilas para pór solucións. Para algúns...
Resulta que todo isto que vos vou a contar ten a súa orixe no
actual sistema electoral que funciona en Honduras. En Honduras, realízanse dous
referendos en cada convocatoria, as denominadas primarias e logo as xerais. As
primarias realízanse ao terceiro ano da lexislatura, e serven para que os partidos
políticos do país escollan os seus candidatos presidenciais, que logo
participarán nas xerais.
As eleccións primarias son levadas a cabo por
cada partido, é dicir, cada organización política (e financiada por ela mesma,
teoricamente) pon a súa urna onde os seus votantes depositan o voto para elixir
o representante do partido que logo un ano mais tarde nas xerais ten intencion
de votar. Pero claro, desta forma queda manifestada totalmente a túa intención
de voto, no momento en que nas primarias vas a urna de un partido ou de outro.
Por iso as primarias son un moi bo sondeo de
como serán as eleccións xerais, e ademais, os partidos políticos saben nome e
apelidos dos seus votantes.
Deste modo, os partido políticos aproveitan
esta trampa electoral para captar votantes de maneira personalizada e
especifica, xa que estes non teñen mais remedio que ir a súas urnas votar cando
se traten das primarias.
Polo tanto, volvendo o do sismo, o partido do
goberno realizou a construción de casas a xente que se quedou sen fogar, pero a
que non adiviñades que pasou? Pois si, estas axudas caían seguindo un especial
requisito, a cor política de cada quen. Polo tanto, senón eres azulito, esquécete
de vivenda.
E por senón quedaba claro, estas casas que se
fixeron foron todas do mesmo tamaño, e pintadas con un azul verdoso chillón que
chamase ben a atención, e por se alguén non se daba de conta do que pasaba
ainda, na fachada estaba rotulada unha baldosa onde paracía a firma do noso queridísimo
Juan Orlando.
Casa
construida polo partido nacional en Honduras coa firma de Juan Orlando
Este é son algún dos métodos pouco ortodoxos
que o partido leva a cabo para conseguir o
voto da xente. Logo tamén existen os famosos Bonos 10000, denominados así
porque eran axudas de 10000 lempiras anuais a familias para contrarrestar a pobreza extrema,
mellorar a nutrición, a saúde e a educación e promover así a poboación mais
vulnerable do pais.
Este bono dábase de forma mensual, e seguindo
unha serie de pautas, polo cales case nunca as familias nunca recibían os 10000
lempiras íntegros a final de ano.
E quen credes que recibía estas axudas... ? Este
método asistencialista e ineficiente era outra das malas artes coas que o partido
do poder conseguía o voto da poboación mais vulnerable.
A corrupción neste país de centroamérica é
levada a cabo polo goberno de forma asidua e descarada. E non só iso, practícase
con total blindaxe e impunidade.
E con estas artimañas, o goberno consegue calar as bocas e seguir gañando, a pesar do claro
descontento que xa existe entre a población catracha, incluso entre algún
militante do mesmo partido.
Esperemos que desta volta, nas eleccións deste
vindeiro mes de novembro, se faga manifesto desta desaprobación xeral e se poña fin dunha vez a esta lexislatura tan
deshonesta, digna de competir cos mellores anos da mismisima alcaldía de
Marbella.
Aquí presentamos sendos informes elaborados por Martiño (en 2015) e Irene (en 2016) en sus respectivas estancias en Honduras dentro del Programa de Conocimiento de la Realidad de ESF Galicia.
El objetivo es ir conociendo los materiales y técnicas constructivas más habituales en la zona de trabajo de los programas de ESF en Honduras, incluyendo las más tradicionales (que se han ido perdiendo), con idea de empezar a promover una construcción más sostenible según lo que promueve la bioconstrucción y aumentando la soberanía constructiva, en una zona donde la temperatura es suave, pero existen amenazas recurrentes de inundaciones, huracanes y terremotos.
A semana pasada tiven a oportunidade de visitar a Rexión de Trifinio (punto onde converxen as fronteiras de Guatemala, O Salvador e Honduras, nunha xira coa delegación da Mesa de Ambiente, Xestión de Riscos e Adaptación ao Cambio Climático (Mesa AGRACC, polas súas siglas en español) da Rexión 13 – Golfo de Fonseca. Así pois, acompañado de representantes de CODDEFFAGOLF, Ayuda En Acción, Gobernación Choluteca, Plan de Nación, ADEPES, ACS Promasur, Consejo de Desarrollo Región Golfo de Fonseca, El Heraldo, e Alcaldía San Marcos de Colón, alá fun catro días. Dous deles de viaxe e dous deles cargados de interesantes actividades para coñecer a cooperación transfronteiriza destes países.
Delegación da Mesa AGRACC acompañados de técnicos do Plan Trifinio nunha das súas instalacións en Sinuapa, Ocotepeque (Honduras).
A rexión está conformada por 22 municipios de Honduras, 8 municipios do Salvador e 15 de Guatemala, que abranguen un total de 7.541km2 e suman 819,000 habitantes, a gran maioría poboación rural (70%), un 42% en situación de pobreza e cun Índice de Desenvolvemento Humano (0.6) inferior aos promedios nacionais. A Rexión Trifinio alberga tres grandes cuncas hidrográficas dos ríos Lempa, Motagua e Ulúa que proveen servizos ecosistémicos aos tres países. Os seus principais problemas ambientais son: contaminación por desfeitos urbanos e agrícolas, inestabilidade de taludes, erosión e sedimentación, deforestación e incendios forestais - nas últimas décadas ten perdido más do 30% de cobertura boscosa-, e inundacións. Cabe recordar que esta rexión atópase dentro do coñecido como Corredor Seco de Centroamérica.
A poboación estase concienciando da importancia do coidado dos bosques para dispoñer de auga.
O día 20 estivemos en Esquipulas (Guatemala). Alí, no Centro de Visitantes de Plan da Arada realizáronse tres presentacións que nos permitiron coñecer en terreo o Programa Bosques e Auga do Plan Trifinio, máis especificamente o seu Modelo Forestal: compensación por servizos ecosistémicos hídricos. Este modelo foi implementado a partir de 2012, co apoio da cooperación alemá, en tres microcuencas piloto: As Balanzas, Marroquín e O Volcán. O obxectivo do proxecto é desenvolver e difundir metodoloxías e aprendizaxes dos arranxos locais en base aos mecanismos de Compensación por Servizos Ecosistémicos asociados á provisión da auga (CSEH). O contexto previo relacionado á xestión dos recursos do bosque e a auga era a prevalencia do interese individual sobre o comunitario, evidenciado polo baixo nivel organizativo das comunidades e a degradación da microcuenca. Con todo, a través do proxecto conseguiron impulsar redes solidarias e altruístas de conservación dos recursos ecosistémicos mediante incentivos. O método é constituír arranxos institucionais a nivel local no que as comunidades, propietarios dos terreos, organizacións de base, como as Xuntas de Auga, Organizacións non gobernamentais, e institucións gobernamentais acordan compensacións para garantir a conservación e/ou rexeneración dos bosques. Un dos exemplos destes arranxos é que a Municipalidade de Esquipulas comprométese a mellorar o acceso viario ás comunidades a cambio de que estas protexan o bosque. Unha das iniciativas máis destacables do proxecto, que tamén foi presentada, é a creación do Fondo Verde, unha organización con participación de sete comunidades, xestionada por elas mesmas e liderada por mozas. O obxectivo deste fondo é recadar diñeiro para a xestión da auga e dos bosques. Para iso estableceuse unha cota de 144 quetzales por ano, sendo 120 investidos á potabilización e mantemento da auga, e 24 para o coidado dos bosques a través do pago por servizos ecosistémicos aos propietarios da zona (contabilízanse 78 propietarios), a cambio de que estes se comprometan a non explotar os bosques. Despois de dous anos de existencia, o Fondo Verde ten recadados 30.000 quetzales en fondos para a capitalización do proxecto, o que asegura a súa sustentabilidade e a do proxecto, cando finalice o financiamento externo. Como visión estratéxica, está a estudarse a forma de ampliar a participación da poboación urbana no Fondo Verde, pois é o núcleo de Esquipulas o que consome máis recursos hídricos (75%).
Centro de Visitantes Plan de la Arada, microcunca El Volcán, en Esquipulas (Guatemala).
Dinámica que realizan nas comunidades para deseñar un plan estratéxico de acción de maneira participativa. A través dunhas imaxes con debuxos se identifican as necesidades prioritarias da poboación local.
Xa pola tarde, na oficina do Plan Trifinio explicóusenos a súa orixe e evolución. O Plan Trifinio selouse o 12 de novembro de 1986 co acordo dos tres gobernos nacionais de Honduras, Guatemala e O Salvador e co apoio da Unión Europea (UE), a Organización dos Estados Americanos (OEA) e o Instituto Interamericano de Cooperación para a Agricultura (IICA). O motivo principal deste acordo foi a conservación forestal enfocada na defensa do bosque nubrado que se sitúa no macizo de Montecristo, onde se atopa o Punto Trifinio. Este compromiso de cooperación transfronteiriza a nivel rexional e local dáse no marco dos acordos de paz contemporáneos.
No ano 1992 desenvolveuse o primeiro Proxecto Piloto Trifinio co investimento da UE para contribuír ao desenvolvemento sustentable e ao proceso de integración Trinacional na rexión fronteiriza do Trifinio. Máis adiante, en 1997 asinouse o Tratado do Trifinio, baixo o lema “auga sen fronteiras”, dando así inicio ao proceso de institucionalización, creando unha rede estruturada de organizacións do Trifinio. Este Tratado está unicamente supeditado ás constitucións das repúblicas dos tres países. Por iso, conformouse a Comisión Trinacional do Plan Trifinio (CTPT), con personería xurídica propia, como máximo órgano decisor. Nel reúnense os vicepresidentes de Guatemala e O Salvador, e a persoa designada polo goberno hondureño. A Secretaría Executiva Trinacional, que dispón dunha Dirección Executiva en cada país, é o órgano que se encarga do funcionamento e o desenvolvemento do Plan Trifinio, apoiada pola Xerencia Técnica Territorial, con oficinas nos tres países. Ao mesmo tempo existe un Comité Consultivo, no que están representadas as Alcaldías, Gobernacións e Organizacións da Sociedade Civil da zona. Desde entón, nestes 30 anos de existencia, viñeron desenvolvendo tres programas: Programa Bosques e Auga, sustentado en tres modelos (forestal, agroforestal e silvopastoril); Ordenamento de Turismo Sustentable; e Fortalecemento de Cadeas de Valor (café, froiteiros e leite).
Un dos proxectos máis exitoso que se executa no marco do Plan Trifinio é o Modelo de Adaptación ao Cambio Climático, presentado no cume mundial de 2016 sobre o cambio climático: Conference of Parties 22 (COP22). Este proxecto, desenvolvido na mancomunidade Copanch'orti', baséase en xerar capacidades de resiliencia ao cambio climático, combinando coñecementos científicos e ancestrais, co obxectivo de garantir o uso sustentable e responsable dos recursos e o incremento da capacidade produtiva das comunidades locais.
Ao día seguinte, xoves 21, desprazámonos da cidade de Esquipulas (Guatemala) a Sinuapa, Ocotepeque (Honduras), visitando en primeiro lugar a Asociación de Municipios do Val de Sesecapa (AMVAS). Alí coñecemos as experiencias en proxectos de produción sustentable do café, como a creación dunha Mesa Trinacional de Café, que contaba con representantes de asociacións produtoras, gobernos locais, organizacións da sociedade civil e empresas distribuidoras.
Ao mesmo tempo presentóullenos a Rede de Mancomunidades Rexión de Trifinio, que suma a 12 mancomunidades co obxectivo de fortalecerse institucionalmente, logrando facer máis incidencia política a nivel nacional, e de articular iniciativas de gobernanza a través de proxectos con financiamento da cooperación internacional. No marco desa cooperación realízanse intercambios de experiencias exitosas entre os tres países que abordan: impulso das políticas públicas, estratexias para unificar as experiencias entre os municipios, descentralización dos servizos públicos e a incorporación de sistemas de manexo de augas residuais.
Sempre puxemos atención e tomamos nota das presentacións do persoal técnico do Trifinio.
Acto seguido, a delegación da Mesa AGRACC trasladámonos ás instalacións da Mancomunidade Trinacional Río Lempa, onde escoitamos ao seu coordinador Héctor Aguirre. Alí mostrounos o seu traballo de implementación de políticas públicas orientadas a mellorar diferentes indicadores da rexión: Índice de Desenvolvemento Humano (0.5); poboación en situación de pobreza (59.1%); poboación analfabeta (30.5%); desnutrición crónica infantil (máis do 30%); poboación sen acceso a auga segura (máis do 40%); e altos índices de desemprego e migración. Estas problemáticas abórdanse desde diferentes proxectos que contan coa asistencia técnica e financeira de axentes da cooperación internacional, tales como a axencia de cooperación alemá (GIZ), a Unión Europea, a Comuna de Milán, a Deputación de Huelva ou a área Metropolitana de Barcelona e outras institucións. O resultado de todo este traballo convértese na implementación de cinco políticas públicas locais transfronteirizas: territorio indivisible, que persegue o manexo sustentable do territorio adecuándoo ás normativas nacionais; fame cero, que persegue o obxectivo de erradicar a fame e a pobreza; cidade limpa, que busca implementar un sistema de manexo integral de tratamento de refugallos sólidos para asegurar a limpeza das áreas urbanas; e bosques para sempre, que pretende a conservación e o usos sustentable das áreas naturais.
A conclusión foi que despois de 9 anos de traballo, conseguiron fortalecer os gobernos locais no seu rol como implementadores de políticas públicas locais, xerando un cambio de visión na xestión pública e contribuíndo á cultura política de cooperación e gobernanza. Un exemplo dese cambio de modelo de xestión pública é a iniciativa de crear unha plataforma en liña na que compartir información accesible aos sucesivos gobernos locais para evitar que cando un goberno leve consigo todos os datos en lugar de cedelos ao seguinte (páxina web: http://sintet.net/). En perspectiva, o traballo da mancomunidade tamén contribúe á integración centroamericana e a motivar un cambio global a través de iniciativas locais desde pobos organizados. É por iso, que nesta reunión animouse á Mesa AGRACC a liderar un proceso de diálogo e cooperación transfronteiriza entre Honduras, Nicaragua e O Salvador, en base ao trifinio marítimo localizado no Golfo de Fonseca.
Yajaira, técnico de CODDEFFAGOLF, coordinadora da Mesa AGRACC, foi a organizadora da xira.
Despois de xantar, desprazámonos ao municipio de San Ignacio, Chalatenango (O Salvador). Alí, na oficina territorial do Trifinio, se falou do obxectivo que ten a plataforma baseado na procura da dinamización da economía a nivel rexional nos tres países, potenciando as cadeas produtivas, o turismo sustentable e o desenvolvemento rural territorial. Por iso, trasladámonos á comunidade do cantón as Granadillas, moi preto da fronteira con Honduras. Alí visitamos a leira do Carmen, propiedade de Don Ignacio Salquero, co fin de escoitar as súas boas prácticas e experiencias. A través das súas palabras coñecemos o proxecto que se radicou na zona desde o ano 2007, implementando obras de conservación de chan, barreiras vivas e construción de acequias, produción de repolo e plantacións de aguacate. Nas leiras beneficiarias polo proxecto implementouse a incorporación de abonos agroecológicos, como é a fabricación do bocachi.
A máis de 2.000m de altura, os veciños da Comunidade de La Palma, municipio de San Ignacio, Chlatenango (O Salvador), contáronnos como a súas producións, como a de aguacates, melloraron grazas aos abonos orgánicos. Tamén recibiron capacitacións de agroecoloxía.
Posteriormente visitouse a comunidade da Palma no municipio de San Ignacio, a fin de coñecer a experiencia da cooperativa ACOPHASS, conformada por socios poboadores e líderes da comunidade, constituída por 32 membros dos cales 26 son homes e 6 mulleres. A cooperativa converteuse nunha oportunidade de xeración de emprego para mozos especialmente para mulleres solteiras. A cooperativa abastece a pequenas comerciantes na capital do Salvador, dinamizando a economía local. Coa organización da cooperativa e desde o apoio do proxecto plan Trifinio, veuse dinamizando os agros negocios locais impulsando os procesos de comercialización, e de xeración de oportunidades de emprego. Tamén se fortalecen estes espazos coa promoción de feiras do mercado para comercializar os produtos.
A riqueza cultural desta rexión era máis que evidente a través dos seus produtos artesanais. Só en Guatemala viven 23 pobos étnicos con cadanseu idioma.
Ao termo da última actividade da xira, a delegación da Mesa AGRACC realizou unhas reflexións finais que deron lugar ás seguintes conclusións:
A rexión de Trifinio é un exemplo da solución de problemas transnacionais de forma cooperativa, evitando que se xeren conflitos. Por iso, sería desexable que un acordo trinacional similar realizásese no Golfo de Fonseca, sendo o punto trifinio onde converxen O Salvador, Honduras e Nicaragua. Desta forma, poderíase tentar, a través da cooperación transfronteiriza, o desenvolvemento económico sustentable e a protección e a conservación dos recursos mariño-costeiros.
Ao mesmo tempo, a experiencia do Plan Trifinio é un fito en Centroamérica, que contribúe á integración rexional e á o empoderamento dos gobernos locais, como actores emerxentes nas relacións internacionais e axentes do cambio global cara a modelos de desenvolvemento sustentable e adaptación ao cambio climático.
As estruturas de gobernanza formadas entre institucións gobernamentais, gobernos locais, ONGs, organizacións de base e empresas xeran espazos de diálogo acerca do desenvolvemento da economía local, propiciando actuacións coordinadas, estratéxicas e sinérxicas. De especial relevancia son as mancomunidades, como órganos fortalecedores dos gobernos locais nos seus roles de implementadores de políticas públicas que provean servizos públicos básicos á poboación.
Destácase o emprego da metodoloxía compensación por servizos ecosistémicos como incentivos altruístas e solidarios eficientes para a conservación e protección dos bosques e concas hidrográficas. É importante buscar fórmulas como estas que contribúan a garantir o acceso das poboacións á auga, especialmente en zonas de escaseza como as que se atopan no Corredor Seco de Centroamérica.
Tamén nos quedou algo de tempo para coñecer a Basílica do Cristo Negro de Esquipulas, un centro de peregrinación que recibe até un millar de persoas cada ano.
Aquela campaña de
sensibilización de boas costumes, adicada principalmente a nenos de finais dos
90 (anque tamén valida para moitos adultos), era unha campaña que lembramos ben
moitos galegos. Con el sabiamos distinguir os hábito que están mal, están moi
mal, dos que están ben.
Aquí en Honduras
existe un problemas grave de hábito, neste caso non só se trata de que non
laven os dentes ó marchar para a cama, ou non leven o estudio o dia. Trátase de
que facer co lixo. A despreocupación por parte da poboación catracho en canto
hábitos de recolección de desfeitos pide a berros que Sanote sexa PCR 2018.
Un dase de conta poñendo o primeiro pé en
Centroamérica deste problema, as cunetas, as beirarrúas... Os plásticos forman
parte do chan nalgunhas zonas tanto, que o pensamento de “total, un mais, que
mas dá” cala profundamente na mentalidade hondureña.
Ilustración 1. Estación de autobuses
de Choluteca
Pero isto non vén
do cidadán de a pé, o problema ten o seu orixe mais arriba, as administracións
locais teñen abandonada de maneira absoluta o tema da recollida de residuos e
apenas existen (tendo sorte) algún punto donde se poida tirar o lixo. Así que,
en pobos como o do Triunfo, o que se fai é que en cada casa se amontonen e se
queimen os plásticos.
Ilustración 2. Punto de recollida no
parque do Triunfo
O problema
principal e que o uso de plásticos nas últimas décadas entendeuse dunha maneira
rapidísima, tanto que hoxe en dia parece inimaxinable comprar calquera produto
sen que fose envolto nunha pequena bolsa de plástico transparente. Sen Europa
xa é esaxerado o tema dos envases, aquí incluso pódese dicir que vai mais alá,
sempre falando en proporción a cantidade de produtos que están dispoñibles. As
empresas e administración son as principais responsables disto, xa que para
nada están interesadas en usar materiais mais “Earth friendly”.
Pola contra, esta
rápida extensión dos plásticos no foi capaz de ser contrarrestada por unha
eficaz xestión de residuos, e mais, esta atópase en pañais agora mesmo.
A maioría dos
municipios non contan cunha estructura de vertedoiro aislada e ben saneada para
a disposición final dos residuos sólidos, senón que o lixo vai a vertedoiros a
ceo aberto, e incluso ata se queiman os materiais de refugallo sen ningún tipo
de separación.
Ilustración 3. Queima de lixo no
Instituto do Triunfo
Esta queima e
sumamente practicada, e trae unhas consecuencias ambientais devastadoras, xa
que se emiten gases sumamente tóxicos a atmosfera. Tamén se contaminan os
solos, as augas e favorece a proliferación de insectos e baterias dañinas para
a saúde.
Como exemplos de
casos graves aquí no Triunfo, chamounos a atención o da poboación de Barrio
Nuevo, preto do desvío das Hormigas, onde un pozo excavado secou tempo atrás, e
a xente do pobo comezouno a usar de cremtarorio. Agora mesmo ese pozo está a
rebosar de plástico, e non só é foco de numerosas enfermidades, senón que é
unha entrada directa dos contaminantes dos materiais de refugallo os acuíferos
locais.
Ilustración 4. Vertedoiro crematorio
preto de San Marcos de Colón
O problemas ca
auga aquí no sur de Honduras está ligado co da contaminación, por suposto. Como
a auga non é potable, non se pode beber directamente da billa, polo tanto a
auga potable véndese en embases, que van dende bidóns grandes de auga de unos
20 litros que son reutilizables, a bolsitas de agua de medio litro. Estas
bolsiñas son moi populares, e tamén é moi popular tiralas polo chan
desgrazadamente. Por iso que é isto e como a pescadilla que se morde a cola,
canto mais contaminada está auga, mais se contamina para tratar de atallar o
problema. Por iso é moi necesario que canto antes, que os hondureños e
hondureñas (extrapolable o resto de Mesoamérica) tomen as rendas deste
problema, a través de sistemas de sensibilizacion que vaian desde a mesma educacion
que se recibe nas escolas, ata o propaganda por parte das institución locais e
xerais.
Ilustración 5. Camiño chegando o rio
Guale, no Triunfo
Por iso, as
campañas de sensibilización agora mesmo móstranse imprescindibles, necesitase
que a poboación vexa isto un problema primordial. Pero isto non é unha tarefa
sinxela para nada.
Seguindo como
exemplo no Triunfo, estudando as fichas sociais que se levan a cabo nas
comunidades rurais, entre as necesidades primordiais atópanse a enerxía
eléctrica, auga potable, escolas, ruas en condicións, letrinas, emprego, as
enfermidades... en ningunha se atopa nunca a recollida do lixo. Isto é ben
sinxelo, os hondureños non se preocupan do lixo, porque hai bastantes mais
problemas diante nos seus rankings particulares. As administracións saben
iso, como problemas hai xa dabondo,
tampouco lles interesa sensibilizar de novos problemas, e menos ainda se son
difíciles de solucionar e implica un enfrentamento coas grandes organizacións.
O sanote catracho
tería unha tarefa titánica aquí. Tan titánica, como necesaria.
Hai uns días, a Xunta de Galicia resolveu a adxudicación das axudas para proxectos de cooperación para desenvolvemento no exterior, resultando beneficiado dunha das subvencións o proxecto de agro de Enxeñaría Sen Fronteiras Galicia, xunto con CODDEFFAGOLF (Comité para la defensa y el desarrollo de la fauna y flora del Golfo de Fonseca) como socia, e o Cartolab (Laboratorio de Enxeñaría Cartográfica) como entidade asociada. Desta maneira, xa se conta co monto necesario para executar as actividades que máis investimento requiren ao abeiro do Proxecto de fortalecemento das capacidades de incidencia política e xeración de alternativas produtivas sustentables de organizacións da sociedade civil vinculadas ao sector pesqueiro e agrícola a pesquena escala en sete municipios costeiros da Rexión 13 - Golfo de Fonseca, Honduras, con enfoque de soberanía alimentaria e defensa do territorio.
O proxecto está orzado en 244.892€, sendo un 91,87% do financiamento aporte do goberno galego, o equivalente a 225.000€, e ten un período de execución de 23 meses, de xaneiro de 2017 a novembro de 2018. Ao mesmo tempo, as súas accións abranguen a Rexión 13 - Golfo de Fonseca, concretamente nos municipios de Amapala, Nacaome, Alianza e San Lorenzo (Departamento de Valle) e Marcovia, Namasigüe e El Triunfo (Departamento de Choluteca).
Traballarase directamente con 385 familias organizadas en 7 grupos locais de agricultores/as e pescadores/as artesanais das comunidades de Playa Grande, Mapachín, San Lorenzo Centro, Agua Caliente e 21 representantes de organizacións civís e gobernamentais aglutinadas na Mesa Municipal de Seguridade Alimentaria e Nutricional (SAN) de Nacaome. Ademais, vincularanse á acción de forma indirecta, en primeira instancia, 1686 familias de agricultores/as e
pescadores/as doutras “seccionais” de CODDEFFAGOLF.
O contexto que engloba as accións contempladas no proxecto presenta as seguintes problemáticas: Débiles capacidades organizativas e de incidencia dos grupos locais.
Limitados espazos de participación e incidencia para os sectores primarios de pesca e agricultura.
Iniciativas agrícolas e pesqueiras desarticuladas dun enfoque de cadea.
Escasa valorización do territorio e da produción agrícola e pesqueira.
Políticas nacionais que ameazan a soberanía alimentaria e comprometen os recursos naturais.
Baixos ingresos familiares debido ao elevado nivel de desemprego.
Escaso acceso da muller e a mocidade a espazos de decisión e produción en zonas rurais.
Falta de metodoloxías innovadoras que melloren os procesos de desenvolvemento na área rural.
Así pois, agárdase que o proxecto incida no fortalecemento doutras Organizacións
da Sociedade Civil que defenden e promoven o sector primario de pequena escala,
entre as que se atopan cooperativas e grupos organizados de pescadores/as e
agricultores/as, ou de marisqueiras, asociacións locais e internacionais que
traballan na zona no ámbito da soberanía alimentaria e a defensa do territorio. Tamén se espera que os espazos de concertación social e participación nestes
dous ámbitos saian fortalecidos.
Para ter unha visión máis completa do proxecto, no seguinte cadro relaciónanse os obxectivos e resultados perseguidos coas actividades a realizar para a súa consecución. Cabe sinalar que algunhas delas xa se foron executando nestes meses de 2017.
Obxectivo xeral: Reducir a vulnerabilidade alimentaria
con un enfoque de dereito e soberanía alimentaria en poboacións vulnerables
do sur de Honduras
Obxectivo específico: Fortalecer as capacidades de
incidencia política e de xeración de alternativas produtivas sustentables de
Organizacións da Sociedade Civil (OSC) vinculadas ao sector pesqueiro e
agrícola de pequena escala
Resultado 1.1 Fortalecidas as Organizacións da Sociedade Civil que promoven a
soberanía alimentaria e a defensa do territorio.
Actividade 1.1.1 Diagnose de OSC que traballan nos 7
municipios en materia de Soberanía Alimentaria e Defensa Territorial.
Actividade 1.1.2 Implementación dun proceso formativo
que potencie o liderado institucional e local.
Actividade 1.1.3 Deseño de ferramentas de xestión
organizativa para grupos locais de pesadores/as e agricultores/as de pequena
escala.
Actividade 1.1.4 Acompañamento aos grupos (pesqueiros e
agrícolas) na construción dunha axenda local que promova a participación e
incidencia en materia de Soberanía Alimentaria e Defensa Territorial.
Actividade 1.1.5 Implementación de ferramentas de arte
lúdica para a superación de problemas e conflitos internos dos grupos.
Resultado 1.2 Ampliadas as posibilidades de medios de vida sustentables de
agricultoras/es e pescadoras/es de pequena escala mediante procesos innovadores.
Actividade 1.2.1 Defensa e mellora participativa de
variedades de millo criollo.
Actividade 1.2.2. Desenvolvemento de dúas pilotaxes
para a maduración de emprendementos produtivos en grupos cun nivel de
organización intermedio
Actividade 1.2.3 Creación dunha unidade xestión de
mercados locais para a promoción de espazos formais de comercialización.
Actividade 1.2.4 Experimentación e monitoreo de
iniciativas de cría de pargo en gaiolas como alternativa de produción
pesqueira sustentable
Actividade 1.2.5 Capacitacións a grupos produtores para
a mellora da calidade e a comercialización de produtos locais, con enfoque de
identidade territorial
Resultado 1.3 Alcanzados procesos para a xeración de coñecemento en políticas
nacionais que fortalezan a gobernanza do sector agrícola e pesqueiro.
Actividade 1.3.1 Implementación da Escola de Formación
Política para os sectores produtivos.
Actividade 1.3.2 Participación de sectores produtivos
en espazos de decisión, mesas e outros: reunións coa Secretaría de
Agricultura e Ganadería (SAG), incluíndo a Dirección General de Pesca y
Acuicultura (Digepesca).
Actividade 1.3.3 Edición de “leccións aprendidas” das
iniciativas de desenvolvemento do sector agrícola e pesqueiro con impactos
positivos xerados.
Actividade 1.3.4 Valorización da identidade territorial
na zona de intervención.
Actividade 1.3.5 Cartografía participativa para a
defensa do medio ambiente e promoción da identidade territorial entre a mocidade.
Como xa vos contamos sobre o noso tempo de lecer, as findes convertímonos en
guiris. Guiris que van con autóctonos a sitios incribles e non tipical turist, pero engadimos as gafas
de sol, agarramos a cámara de fotos, e alá vamos!
Esta finde tocou Amapala, unha
illa no Pacífico. É a nosa favorita, e da igual que non viramos as outras,
porque esta é impresionante, a conxunto coas súas xentes.
Amapala emerxeu no mar debido á
erupción do volcán que lle da o nome á illa, agora extinto e cuberto de
vexetación de selva tropical e un fervedoiro de biodiversidade.
O mapa turístico da illa.
O grupo de viaxe, mestura de
procedencias (3 de Honduras, 1 de Canadá e 3 de Galiza) e de sabedorías (desde
fotografía, bioloxía, enxeñaría, políticas, ambientalismo...).
O primeiro día dedicámolo a percorrer as praias da illa, comezamos a camiñar cara a praia de Zapote co ritmo tropical ao que nos estamos afacendo tan ben, a ver quen nolo saca cando esteamos de volta!
Así foi, que de camiño coñecemos a unha familia que nos abriu as portas da súa casa para ensinarnos as súas formas de traballar no mar, descubrimos aí o que son os curiles e os cascos de burro (estilo berberecho pero tamaño dinosauro), e tamén probamos unhas sardiñas que fan en conserva salgada, de nome pepescas. De camiño á primeira praia coñecemos a Mauricio, que se uniu ao grupo e estivo aprendendo a sacar bonitas fotos da súa illa.
Aprendendo sobre o secado das pepescas
e sacando fotos de Amapala.
A burbulla inmobiliaria e construír a pé de praia eiquí é outro concepto, non imaxinamos como sería en Galiza xantar coas cadeiras do bar na mera praia, cos pes a remollo sen que queden aterecidos pola temperatura da auga. E, moi importante, que os bares e restaurantes conten con hamacas para durmir a siesta, ou para descansar cando o pida o corpo, iso si que é unha boa idea. Aproveitamos para pedir o copyright disto, se algún día poñemos un negocio, vinde probar as hamacas!!
O día foi pasando e fomos coñecendo vilas mariñeiras con lanchas en cada praia, en cada impresionante praia co seu correspondente impresionante solpor.
Mais, no paraíso tamén existe controversia, quédannos ganas de poder limpar todo o lixo que se acumula, tendo en conta que o primeiro será sensibilizar co obxectivo de que todos os plásticos non cheguen ao mar. Algo nos gustaría facer respecto a isto, non deixedes de ler as nosas crónicas.
A nosa primeira noite tampouco
defraudou, sentimos os restos do furacán Harvey, que non afectou á costa do
Pacífico de Honduras onde nos atopamos, mais chegou en forma de tormenta
tropical, tormenta eléctrica de mais de unha hora, moi intensa para nós, e só unha brisa para os amapalinos, que
afeitos aos cortes de luz na illa, nada mais rematar a tormenta, comezaron a
música e a festa (grazas a un xerador) no bar da vila.
Ao día seguinte tocou madrugar,
mais mereceu a pena para coñecer a selvática Amapala e subir ata o cumio do
volcán que lle da nome. Polo camiño sorprendémonos con centos de aves,
réptiles, bolboretas, árbores... e xa chegados arriba, marabillámonos coas
vistas: El Salvador a un lado, Nicaragua ao outro, o océano Pacífico á fronte,
e a nosa Honduras á outra fronte. E,
coa nosa racha de alegría e boa sorte, tivemos a sorte de coñecer ao señor
Maradiaga, gardián do cerro, ao que admiramos pola súa autosuficiencia de vida
no cumio dun volcán: explicacións da colleita da yuca e da cociña do pitero (armadillo para nos), entre
outras cousas.
A fin de semana rematou con moitas sensacións boas, agardamos voltar pronto e seguir desfrutando desta illa do Pacífico e das súas xentes.