Había uns 15 traballadores operando |
Con Kenia, a nosa guía na subida ó tanque, e uns nenos que atopamos no camiño que iban recoller auga |
Este tanque atopábase en pésimo estado o pasado agosto, todas as comunidades que visitamos, rexeitaron recibir auga da fonte que o abastece.
Gran labor a que fixeron ás técnicas municipais, explicando que o problema da mala calidade da auga tiña a orixe no mal estado do tanque e non na fonte.
Tamén esa semana se saiu a campo a recoller mostras de auga da fonte, levando a persoas representantes das comunidades afectadas, para que foran elas mesmas testemuñas da recollida e logo dos resultados. Estamos expectantes por coñecer os resultados e ver se se cumple a hipótese do problema do tanque e non na fonte, sobretodo porque, sendo así, o problema estará solucionado en breves co remate da restauración do tanque que o abastece.
Seguiremos informando!
very nice put up, i certainly love this website, keep on it real money casino
ResponderEliminar