A formación teórica tivo lugar nas instalacións da NASMAR, social local de Enxeñería |
Nos últimos días que nos quedan, estamos participando na formación destas novas contratadas, levando a cabo os pasados días 18, 19 e 22 a formación no programa gv-sig Fonsagua, unha aplicación desenvolvida en colaboración co Laboratorio de Enxeñería Cartográfica da UDC (Cartolab). Esta formación foi dirixida por Hector Fortín, técnico da alcaldía do Triunfo, a persoa hondureña con mais coñecementos e experiencia no uso do Fonsagua.
Sesións teóricas
En primeiro lugar fixemos unha pequena aproximación os sistemas de información xeográfica (Sig) e tamén un recordatorio de conceptos de hidráulica.
O gv-sig Fonsagua é unha ferramenta especificamente adaptada a realidade da Mancomunidade Nasmar. Ademáis das utilidades do gv-sig orixinal, ten integrado o formato de toma de datos, unha ficha técnica e outra social, que son recollidos en campo, para logo ser implementadas no programa. Ademáis, conta cunha extensión de Epanet, polo que permite o deseño de alternativas dos sistemas hidráulicos necesarios, previa introducción dos datos hidráulicos.
O programa tivo moi boa acollida polo novo persoal, destacando o completo que é e as súas utilidades. Tamén tivemos que levar a cabo unha pequena formación previa en hidráulica.
Saida a campo.
A comunidade acompañounos durante o levantamento |
O primeiro día planexamos levantar a ficha social para o Fonsagua. Nesta ficha recollense diversos datos, como o número de familias que residen na
comunidade, o tipo de cultivos que traballan...
O segundo día fumos facer o levantamento topográfico con GPS, para previamente facer un borrador do posible sistema de abastecemento. Este levantamento sería unha parte da ficha técnica que tamén inclúe datos analíticos das fontes de auga (ph, conductividade...)
Finalmente, como un xeito de socialización, a propia comunidade debuxou un mapa da mesma.
Hoxe voltamos as instalacións de Nasmar onde traballaremos cos datos recollidos, rematando a formación e estando o novo persoal técnico preparado para facer o mesmo traballo en solitario.