CAPÍTULO 6. FINDE EN AMAPALA
Como xa vos contamos sobre o noso tempo de lecer, as findes convertímonos en
guiris. Guiris que van con autóctonos a sitios incribles e non tipical turist, pero engadimos as gafas
de sol, agarramos a cámara de fotos, e alá vamos!
Esta finde tocou Amapala, unha
illa no Pacífico. É a nosa favorita, e da igual que non viramos as outras,
porque esta é impresionante, a conxunto coas súas xentes.
Amapala emerxeu no mar debido á
erupción do volcán que lle da o nome á illa, agora extinto e cuberto de
vexetación de selva tropical e un fervedoiro de biodiversidade.
O mapa turístico da illa.
O grupo de viaxe, mestura de
procedencias (3 de Honduras, 1 de Canadá e 3 de Galiza) e de sabedorías (desde
fotografía, bioloxía, enxeñaría, políticas, ambientalismo...).
Así foi, que de camiño coñecemos a unha familia que nos abriu as portas da súa casa para ensinarnos as súas formas de traballar no mar, descubrimos aí o que son os curiles e os cascos de burro (estilo berberecho pero tamaño dinosauro), e tamén probamos unhas sardiñas que fan en conserva salgada, de nome pepescas. De camiño á primeira praia coñecemos a Mauricio, que se uniu ao grupo e estivo aprendendo a sacar bonitas fotos da súa illa.
Aprendendo sobre o secado das pepescas
e sacando fotos de Amapala.
A burbulla inmobiliaria e construír a pé de praia eiquí é outro concepto, non imaxinamos como sería en Galiza xantar coas cadeiras do bar na mera praia, cos pes a remollo sen que queden aterecidos pola temperatura da auga. E, moi importante, que os bares e restaurantes conten con hamacas para durmir a siesta, ou para descansar cando o pida o corpo, iso si que é unha boa idea. Aproveitamos para pedir o copyright disto, se algún día poñemos un negocio, vinde probar as hamacas!!
O día foi pasando e fomos coñecendo vilas mariñeiras con lanchas en cada praia, en cada impresionante praia co seu correspondente impresionante solpor.
A nosa primeira noite tampouco
defraudou, sentimos os restos do furacán Harvey, que non afectou á costa do
Pacífico de Honduras onde nos atopamos, mais chegou en forma de tormenta
tropical, tormenta eléctrica de mais de unha hora, moi intensa para nós, e só unha brisa para os amapalinos, que
afeitos aos cortes de luz na illa, nada mais rematar a tormenta, comezaron a
música e a festa (grazas a un xerador) no bar da vila.
Ao día seguinte tocou madrugar,
mais mereceu a pena para coñecer a selvática Amapala e subir ata o cumio do
volcán que lle da nome. Polo camiño sorprendémonos con centos de aves,
réptiles, bolboretas, árbores... e xa chegados arriba, marabillámonos coas
vistas: El Salvador a un lado, Nicaragua ao outro, o océano Pacífico á fronte,
e a nosa Honduras á outra fronte. E,
coa nosa racha de alegría e boa sorte, tivemos a sorte de coñecer ao señor
Maradiaga, gardián do cerro, ao que admiramos pola súa autosuficiencia de vida
no cumio dun volcán: explicacións da colleita da yuca e da cociña do pitero (armadillo para nos), entre
outras cousas.
A fin de semana rematou con moitas sensacións boas, agardamos voltar pronto e seguir desfrutando desta illa do Pacífico e das súas xentes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario