Aquela campaña de
sensibilización de boas costumes, adicada principalmente a nenos de finais dos
90 (anque tamén valida para moitos adultos), era unha campaña que lembramos ben
moitos galegos. Con el sabiamos distinguir os hábito que están mal, están moi
mal, dos que están ben.
Aquí en Honduras
existe un problemas grave de hábito, neste caso non só se trata de que non
laven os dentes ó marchar para a cama, ou non leven o estudio o dia. Trátase de
que facer co lixo. A despreocupación por parte da poboación catracho en canto
hábitos de recolección de desfeitos pide a berros que Sanote sexa PCR 2018.
Un dase de conta poñendo o primeiro pé en
Centroamérica deste problema, as cunetas, as beirarrúas... Os plásticos forman
parte do chan nalgunhas zonas tanto, que o pensamento de “total, un mais, que
mas dá” cala profundamente na mentalidade hondureña.
Ilustración 1. Estación de autobuses
de Choluteca
Pero isto non vén
do cidadán de a pé, o problema ten o seu orixe mais arriba, as administracións
locais teñen abandonada de maneira absoluta o tema da recollida de residuos e
apenas existen (tendo sorte) algún punto donde se poida tirar o lixo. Así que,
en pobos como o do Triunfo, o que se fai é que en cada casa se amontonen e se
queimen os plásticos.
Ilustración 2. Punto de recollida no
parque do Triunfo
O problema
principal e que o uso de plásticos nas últimas décadas entendeuse dunha maneira
rapidísima, tanto que hoxe en dia parece inimaxinable comprar calquera produto
sen que fose envolto nunha pequena bolsa de plástico transparente. Sen Europa
xa é esaxerado o tema dos envases, aquí incluso pódese dicir que vai mais alá,
sempre falando en proporción a cantidade de produtos que están dispoñibles. As
empresas e administración son as principais responsables disto, xa que para
nada están interesadas en usar materiais mais “Earth friendly”.
Pola contra, esta
rápida extensión dos plásticos no foi capaz de ser contrarrestada por unha
eficaz xestión de residuos, e mais, esta atópase en pañais agora mesmo.
A maioría dos
municipios non contan cunha estructura de vertedoiro aislada e ben saneada para
a disposición final dos residuos sólidos, senón que o lixo vai a vertedoiros a
ceo aberto, e incluso ata se queiman os materiais de refugallo sen ningún tipo
de separación.
Ilustración 3. Queima de lixo no
Instituto do Triunfo
Esta queima e
sumamente practicada, e trae unhas consecuencias ambientais devastadoras, xa
que se emiten gases sumamente tóxicos a atmosfera. Tamén se contaminan os
solos, as augas e favorece a proliferación de insectos e baterias dañinas para
a saúde.
Como exemplos de
casos graves aquí no Triunfo, chamounos a atención o da poboación de Barrio
Nuevo, preto do desvío das Hormigas, onde un pozo excavado secou tempo atrás, e
a xente do pobo comezouno a usar de cremtarorio. Agora mesmo ese pozo está a
rebosar de plástico, e non só é foco de numerosas enfermidades, senón que é
unha entrada directa dos contaminantes dos materiais de refugallo os acuíferos
locais.
Ilustración 4. Vertedoiro crematorio
preto de San Marcos de Colón
O problemas ca
auga aquí no sur de Honduras está ligado co da contaminación, por suposto. Como
a auga non é potable, non se pode beber directamente da billa, polo tanto a
auga potable véndese en embases, que van dende bidóns grandes de auga de unos
20 litros que son reutilizables, a bolsitas de agua de medio litro. Estas
bolsiñas son moi populares, e tamén é moi popular tiralas polo chan
desgrazadamente. Por iso que é isto e como a pescadilla que se morde a cola,
canto mais contaminada está auga, mais se contamina para tratar de atallar o
problema. Por iso é moi necesario que canto antes, que os hondureños e
hondureñas (extrapolable o resto de Mesoamérica) tomen as rendas deste
problema, a través de sistemas de sensibilizacion que vaian desde a mesma educacion
que se recibe nas escolas, ata o propaganda por parte das institución locais e
xerais.
Ilustración 5. Camiño chegando o rio
Guale, no Triunfo
Por iso, as
campañas de sensibilización agora mesmo móstranse imprescindibles, necesitase
que a poboación vexa isto un problema primordial. Pero isto non é unha tarefa
sinxela para nada.
Seguindo como
exemplo no Triunfo, estudando as fichas sociais que se levan a cabo nas
comunidades rurais, entre as necesidades primordiais atópanse a enerxía
eléctrica, auga potable, escolas, ruas en condicións, letrinas, emprego, as
enfermidades... en ningunha se atopa nunca a recollida do lixo. Isto é ben
sinxelo, os hondureños non se preocupan do lixo, porque hai bastantes mais
problemas diante nos seus rankings particulares. As administracións saben
iso, como problemas hai xa dabondo,
tampouco lles interesa sensibilizar de novos problemas, e menos ainda se son
difíciles de solucionar e implica un enfrentamento coas grandes organizacións.
O sanote catracho
tería unha tarefa titánica aquí. Tan titánica, como necesaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario