Persoas

Persoal Expatriado de ESF Galicia en Honduras


Maio 2016 - Actualidade

Raquel Zolle Fernández

- Voluntaria de ESF Galicia dende 2003.

- Foi presidenta de ESF Galicia entre 2006 e 2008, e participou no Programa de Coñecemento da Realidade en 2014, e nunha Visita Técnica a Honduras de 6 meses en 2015. Ten moita experiencia en desenvolvemento rural, ao traballar varios anos no Grupo de Acción Local de Ancares-Courel.

- Actualmente é a representante de ESF Galicia en Honduras, onde realiza labores de representación, coordinación, fortalecemento a socios locais e seguemento de proxectos, contando sempre co apoio dos grupos de PICD.




Xaneiro 2013 - Xuño 2016

Cristina Sesto Yagüe

- Voluntaria de ESF Galicia dende 2009, cando foi seleccionada para participar no Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) en Nicaragua.

- Desenvolveu a súa labor fundamentalmente vencellada ao grupo de Proxectos Internacionais de Cooperación para o Desenvolvemento (PICD) onde foi responsable económica da parte de Proxectos de Desenvolvemento Rural, e tamén sensibilización no eido da soberanía alimentaria.

- En 2017 incorporarase á Xunta Directiva de ESF Galicia como vogal de Accións Nacionais.

Xuño 2011 – Decembro 2012

Víctor Penas López

- Voluntario de ESF Galicia dende 2007.

- Desenvolveu a súa labor fundamentalmente vencellado ao grupo de Proxectos Internacionais de Cooperación para o Desenvolvemento (PICD) onde foi coordinador da parte de Proxectos de Desenvolvemento Rural.

- Durante ano e medio, foi o representante de ESF Galicia en Honduras, onde realiza labores de representación, coordinación, fortalecemento a socios locais e seguemento de proxectos, contando sempre co apoio do grupo de PICD.

- Actualmente é coordinador do grupo de Programas Internacionais de Cooperación ao Desenvolvemento de Desenvolvemento Rural.

2008 - 2011

Mireia Carreras Álvarez

- Voluntaria de ESF Galicia dende 2003.

- Desenvolveu a súa labor fundamentalmente vencellada ao grupo de Proxectos Internacionais de Cooperación para o Desenvolvemento (PICD).


- Formou parte do equipo de identificación do Programa Fonsagua en Honduras.

- Durante 3 anos, foi a persoa expatriada de ESF Galicia en Centroamérica (con base en Honduras). Período durante o que realizou labores de coordinación, fortalecemento a socios locais e seguemento de proxectos, contando sempre co apoio do grupo de PICD.

- Actualmente vive en El Salvador, colaborando puntualmente connosco como asesora.

Participantes no Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) de ESF Galicia en Honduras



ANO 2018



Auga
Uxía Brasa
Miño Guerreiro

Desenvolvemento Rural

Cristina Vidal




ANO 2017



Auga
Verónica Torrijos Pérez
Adrián López Losada

Desenvolvemento Rural

Daniel Regueiro Varela




ANO 2016



Auga
Irene González Veiga
Miguel Pino García

Desenvolvemento Rural
Marcos Rial Docampo



ANO 2015




Auga
Martín Moreda García-Echeva
Paula Iglesias Pardo
 


Desenvolvemento Rural

Paula Esteban Matin
María López López


ANO 2014


PCR AGRO


Raquel Zolle Fernández

- Voluntaria de ESF Galicia dende 2003.

- Desenvolveu a súa labor fundamentalmente participando nas diferentes actividades que se desenvolven na sede de ESF Galicia en Lugo. Foi presidenta da asociación entre 2006-2008

- Participou no Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) en Honduras dende setembro ata decembro do 2014, onde, en colaboración co socio local, CODDEFFAGOLF, realizou actividades que incluían a recopilación de información de tecnoloxías tradicionais agrícolas, apoio ao persoal expatriado de ESF Galicia, colaboración en formación do persoal técnico e fortalecemento da coparte local en temas de desenvolvemento rural


PCR AUGA


Sara González Rodríguez

- Voluntaria de ESF Galicia dende 2011.

- Desenvolveu a súa labor fundamentalmente nas diferentes actividades que se desenvolven na sede de ESF Galicia en Lugo (EpD-Educación para o Desenvolvemento; Incidencia e Sensibilización; Organización e recursos) e vencellada ó grupo de Proxectos Internacionais de Cooperación para o Desenvolvemento (PICD-Agua), con sede na Coruña. 

- Participou no Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) en Honduras dende Setembro ata Decembro do 2014, colaborando cos socios locais (Alcaldía de El Triunfo, AHJASA y NASMAR) realizando actividades relacionadas co proxecto "Fortalecemento das capacidades locais e da participación comunitaria para mellorar o accesos ó dereito a auga potable e saneamento a través da xestión integrada do recurso hídrico, nos 7 municipios da mancomunidade NASMAR" que consistiron en diversas capacitacións sobre enfoque de xénero e o uso da ferramenta gvSIG-Fonsagua e visitas ás comunidades para a recopilación social e técnica.


PCR AGRO


Almudena Rodríguez Vila

- Voluntaria de ESF Galicia dende 2010.

- Desenvolveu a súa labor vencellada ao grupo de Proxectos Internacionais de Cooperación para o Desenvolvemento (PICD) de desenvolvemento rural, da que foi coordinadora durante dous anos.

- Foi seleccionada para participar no Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) en Honduras, dende setembro ata decembro de 2014. Actualmente, é co-coordinadora do grupo de Desenvolvemento Rural.


PCR AUGA


Eva Solana

- Voluntaria de ESF Galicia dende 2014.



- Participou no Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) en Honduras dende Setembro ata Decembro do 2014, onde colaborou coa coparte local, Alcaldía de El Triunfo, AHJASA y NASMAR.






ANO 2013

PCR AGRO


Adrián Castro Palmás

- Voluntario de ESF Galicia dende 2008.

- Desenvolveu a súa labor fundamentalmente participando nas diferentes actividades que se desenvolven na sede de ESF Galicia en Vigo, Grupo de Enerxía e Xunta Directiva da asociación.

- Participou no Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) en Honduras dende xullo ata outubro do 2013, onde, en colaboración coa coparte local, CODDEFFAGOLF, realizou actividades que incluían a recopilación de información de tecnoloxías tradicionais agrícolas no marco do proxecto de TpDH presentado á Xunta de Galicia, apoio ao persoal expatriado de ESF Galicia, colaboración en formación do persoal técnico e fortalecemento da coparte local no manexo de software libre.

PCR AUGA


Daniel Vila Recarey

- Voluntario de ESF Galicia dende 2013.

- Desenvolveu a súa labor fundamentalmente vencellado ao grupo de Proxectos Internacionais de Cooperación para o Desenvolvemento (PICD – Auga), con sede na Coruña.

- Participou no Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) en Honduras dende xullo ata setembro do 2013, colaborando co persoal de ESF Galicia e coa contraparte local, neste caso, a Alcaldía de Marcovia, xeralmente realizando actividades relacionadas co proxecto abastecemente e sanemameno na comunidade de San José de Las Conchas no municipio de Marcovia. Tamén recopilou información sobre o uso da auga nestas zonas, centrándose sobre todo no ámbito doméstico.

PCR AGRO


Yolanda Martínez Cores

- Voluntaria de ESF Galicia dende 2013.

- Desenvolveu a súa labor vencellada ao grupo de Proxectos Internacionais de Cooperación para o Desenvolvemento (PICD) e participou en xornadas de formación do voluntariado e sensibilización no eido da soberanía alimentaria.

- Foi seleccionada para participar no Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) en Honduras, dende xullo ata setembro de 2013, onde recolleu información sobre tecnoloxí

PCR AUGA


Sandra García García

- Voluntaria de ESF Galicia dende 2008.

- Desenvolveu a súa labor participando nas diferentes actividades que se desenvolven na sede de ESF Galicia na Coruña: Sensibilización, EpD, Voluntariado e Grupo de Proxectos Internacionais de Cooperación para o Desenvolvemento (PICD – Auga).

- Participou no Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) en Honduras dende setembro ata novembro do 2013, onde colaborou coa coparte local, a Alcaldía de Marcovia, na realización de actividades que incluían a recopilación de información sobre a análise e  calidade de augas, apoio institucional sobre o funcionamento da ferramenta gvsig fonsagua, e demais actividades enmarcadas dentro dos proxectos do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e da Xunta de Galicia.

ANO 2012

PCR AUGA


Daniel Iglesias Rilo

- Voluntario de ESF Galicia dende 2010.

- Desenvolveu a súa labor fundamentalmente vencellado ao grupo de Proxectos Internacionais de Cooperación para o Desenvolvemento (PICD – Auga).

- Participou no Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) en Honduras dende agosto ata outubro de 2012. Durante a súa estancia participou na elaboración final do documento do Plan de Xestión do Recurso Hídrico dos Municipios de San Francisco de Coray e Marcovia, xunto cos socios locais Save The Children Honduras e Alcaldía de Marcovia. Ademáis, participou no levantamento de fontes de verificacións nas comunidades Portillo Colorado e El Terrero (Coray) e realizou entrevistas aos actores locais para posibles futuras colaboracións.

PCR AUGA


Daniela Conte

- Voluntaria de ESF Galicia dende 2012.

- Desenvolveu a súa labor fundamentalmente vencellada ao grupo de Proxectos Internacionais de Cooperación para o Desenvolvemento (PICD – Auga),  colaborou na comisión de selección dos Programas de Coñecemento da Realidade (PCR) e na organización de Xornadas sobre a Cooperación.

Participou no Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) en Honduras dende agosto ata outubro de 2012. Durante a súa estancia participou na elaboración final do documento do Plan de Xestión do Recurso Hídrico dos Municipios de San Francisco de Coray e Marcovia, xunto cos socios locais Save The Children Honduras e Alcaldía de Marcovia. Ademáis, participou no levantamento de fontes de verificacións nas comunidades Portillo Colorado e El Terrero (Coray).


PCR AGRO


María Novoa

- Voluntaria de ESF Galicia dende 2012.

- Desenvolveu a súa labor fundamentalmente vencellada ao grupo de Proxectos Internacionais de Cooperación para o Desenvolvemento (PICD –Agro ),  colaborou na comisión de selección dos Programas de Coñecemento da Realidade (PCR) 2013.

Participou no Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) en Honduras dende agosto ata outubro de 2012. Durante a súa estancia participou en diversas actividades co socio local CODDEFFAGOLF, así como realizando entrevistas a persoas afectadas polas malas prácticas das empresas que producen langostino en piscinas artificiais na zona do Golfo de Fonseca hondureño.



PCR AGRO


Álvaro Trillo Cayón

- Voluntaria de ESF Galicia dende 2012.

- Desenvolveu a súa labor fundamentalmente vencellada ao grupo de Proxectos Internacionais de Cooperación para o Desenvolvemento (PICD –Agro ), colaborou na comisión de selección dos Programas de Coñecemento da Realidade (PCR) e na coordinación da sede de Santiago de Compostela.

Participou no Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) en Honduras dende febreiro ata abril de 2012. Durante a súa estancia participou en diversas actividades co socio local CODDEFFAGOLF, no eido da actividade de ordenación territorial na microcunca do río Laure, así como no estudo piloto de avance das piscinas artificiais de camarón no ecosistema manglar empregando fotografía satélite.




ANO 2011

PCR AUGA


Victoriano Fabeiro Balboa

- Voluntario de ESF Galicia dende 2011.

- Desenvolveu a súa labor fundamentalmente vencellado ao grupo de Proxectos Internacionais de Cooperación para o Desenvolvemento (PICD – Auga).

- Participou no Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) en Honduras dende setembro ata novembro de 2011. Durante a súa estancia nese país colaborou en labores de formación e fortalecemento das copartes, impartindo charlas formativas, así como apoiando á Alcaldía de Marcovia no proceso de elaboración do censo de poboación; e de xeito excepcional, tamén colaborou en temas de Axuda en Emerxencia tras as inundacións de outubro de 2011.

PCR AGRO


Alicia López Fariña

- Voluntaria de ESF Galicia dende 2009.

- Participou nos grupos de Voluntariado, Comunicación e Proxectos Internacionais de Cooperación para o Desenvolvemento (PICD – Agro).

- Participou no Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) en Honduras dende setembro ata novembro de 2011. Durante a súa estancia nese país colaborou en labores de formación e fortalecemento das copartes, impartindo charlas formativas sobre Soberanía Alimentaria, así como recollendo información sobre a situación dos pescadores e pescadoras artesanais do Golfo de Fonseca; en colaboración con CODDEFFAGOLF.

PCR ENERXÍA


Eric Iradier Flores

- Voluntario de ESF Galicia dende 2010.

- Desenvolveu a súa labor fundamentalmente vencellado ao grupo de Enerxía na Sede de Vigo.

- Participou no Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) en Honduras dende setembro ata novembro de 2011. Durante a súa estancia nese país colaborou en labores de formación e fortalecemento das copartes así como na recollida de información para un posible proxecto pioneiro de Enerxía de ESF Galicia en Honduras.

ANO 2010

PCR AUGA

Sabela Pan Taboada

- Voluntaria de ESF Galicia dende 2008.

- Participou nos grupos de Administración e Tesoureiría (GAT), Sensibilización e Incidencia, Voluntariado e Proxectos Internacionais de Cooperación para o Desenvolvemento (PICD – Auga).

- Participou no Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) en Honduras dende setembro ata novembro de 2010. Durante a súa estancia nese país colaborou en labores de formación e fortalecemento das copartes así como apoiando á Alcaldía de Marcovia no proceso de elaboración do Plan de Xestión Integral do Recurso Hídrico (PGIRH).

PCR AUGA

Dinorah Batallán Yáñez

- Voluntaria de ESF Galicia dende 2009.

- Participou nos grupos de Sensibilización e Incidencia e Proxectos Internacionais de Cooperación para o Desenvolvemento (PICD – Auga).

- Participou no Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) en Honduras dende setembro ata novembro de 2010. Durante a súa estancia nese país colaborou en labores de formación e fortalecemento das copartes así como apoiando á Alcaldía de Marcovia no proceso de elaboración do Plan de Xestión Integral do Recurso Hídrico (PGIRH).

ANO 2009

PCR AUGA

Marta Sara Santidrián Yebra Pimentel

- Voluntaria de ESF Galicia dende 2005.

- Participou nos grupos de Sensibilización e Incidencia e Proxectos Internacionais de Cooperación para o Desenvolvemento (PICD – Auga).

- Foi seleccionada para participar no Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) en Honduras dende xullo ata outubro de 2009, aínda que finalmente non puido realizarse esta actividade como consecuencia do Golpe de Estado acontecido a finais de xuño dese mesmo ano. Sen embargo, a experiencia sirviulle para estar tremendamente informada de cómo avanzaban os acontecementos en Honduras. Polo que mantivo un constante seguemento da realidade do país a través a dos medios de comunicación, conxuntamente co grupo de PICD.

PCR AUGA

Lucía Buceta Santos

- Voluntaria de ESF Galicia dende 2008.

- Desenvolveu a súa labor fundamentalmente vencellad ao grupo de Proxectos Internacionais de Cooperación para o Desenvolvemento (PICD – Auga).

- Foi seleccionada para participar no Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) en Honduras dende xullo ata outubro de 2009, aínda que finalmente non puido realizarse esta actividade como consecuencia do Golpe de Estado acontecido a finais de xuño dese mesmo ano. Sen embargo, a experiencia sirviulle para estar tremendamente informada de cómo avanzaban os acontecementos en Honduras. Polo que mantivo un constante seguemento da realidade do país a través a dos medios de comunicación, conxuntamente co grupo de PICD.

ANO 2008

PCR AUGA

Xabier Loureiro Villamisar

- Voluntario de ESF Galicia dende 2008.

- Desenvolveu a súa labor fundamentalmente vencellado ao grupo de Proxectos Internacionais de Cooperación para o Desenvolvemento (PICD – Auga).

- Foi o primeiro seleccionado para participar no Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) en Honduras.


Grupo de
AUGA
Grupo de
DESENVOLVEMENTO RURAL

Lugar habitual das reunións de traballo

A Coruña
Teleconferencia

Traballo habitual do grupo

Ocúpanse das tarefas de formulación, planificación, seguemento e xustificación dos proxectos relativos ao saneamento e acceso á auga realizados no Sur, actualmente en Honduras, todo iso co apoio da persoa expatriada en Honduras, Raquel Zolle, a vogal de Proxectos Internacionais da Xunta Directiva, Sara Novoa, o técnico de proxectos Sergio Fernández Alonso e outros compañeiros e compañeiras de ESF Galicia.

Ademais tamén desempeñan outras tarefas transversais, como son a documentación do traballo realizado no Sur e o seu contexto, a xestión dos PCR enviados para os proxectos ou o apoio en campañas de sensibilización.

Realizan unha reunión semanal para coordinar o traballo habitual do grupo, e tamén un Skype mensual co expatriado para saber de primeira man a situación no terreo.

Membros do grupo 2017

GRUPO AUGA
GRUPO AGRO

- Laura López
Coordinación Xeral
- José María Vara Rodríguez 
Responsable Económico e de voluntariado 
- Sara Novoa
- Verónica Torrijos
Participante en PCR 2017.
- Adrián López 
Participante en PCR 2017. 
- Irene González Veiga

- Miño Guerreiro
Participante en PCR 2018 

- Víctor Penas López
Coordinación Xeral
- Marcos Rial Docampo    
- Lorena Álvarez

- Sara Luque
- Emma Nuñez Pena
- Almudena Rodríguez Vila
- Cristina Vidal
Participante en PCR 2018
- Daniel Regueiro 
Participante en PCR 2017
- Iria Malvido