25 oct. 2018

Traballando con gv-sig Fonsagua.

A formación teórica tivo lugar nas instalacións da NASMAR, social local de Enxeñería
No marco da Fase IV do proxecto de "Fortalecemento das capacidades...", a nosa socia local, contratou duas novas técnicas para apoiar a execución das actividades previstas.

Nos últimos días que nos quedan, estamos participando na formación destas novas contratadas, levando a cabo os pasados días 18, 19 e 22 a formación no programa gv-sig Fonsagua, unha aplicación desenvolvida en colaboración co Laboratorio de Enxeñería Cartográfica da UDC (Cartolab). Esta formación foi dirixida por Hector Fortín, técnico da alcaldía do Triunfo, a persoa hondureña con mais coñecementos e experiencia no uso do Fonsagua.

Sesións teóricas 

En primeiro lugar fixemos unha pequena aproximación os sistemas de información xeográfica (Sig) e tamén un recordatorio de conceptos de hidráulica.

O gv-sig Fonsagua é unha ferramenta especificamente adaptada a realidade da Mancomunidade Nasmar. Ademáis das utilidades do gv-sig orixinal, ten integrado o formato de toma de datos, unha ficha técnica e outra social, que son recollidos en campo, para logo ser implementadas no programa. Ademáis, conta cunha extensión de Epanet, polo que permite o deseño de alternativas dos sistemas hidráulicos necesarios, previa introducción dos datos hidráulicos.

O programa tivo moi boa acollida polo novo persoal, destacando o completo que é e as súas utilidades. Tamén tivemos que levar a cabo unha pequena formación previa en hidráulica.

Saida a campo.

A comunidade acompañounos durante o levantamento
Logo destas primeiras sesións teóricas, saimos a campo os días 23 e 24, en concreto á comunidade de el Marañonal, xa coñecida de Enxeñería posto que fai anos foi beneficiaria dun proxecto do grupo agro que ten que ver co cultivo dos marañóns.

O primeiro día planexamos levantar a ficha social para o Fonsagua. Nesta ficha recollense diversos datos, como o número de familias que residen na
comunidade, o tipo de cultivos que traballan...

O segundo día fumos facer o levantamento topográfico con GPS, para previamente facer un borrador do posible sistema de abastecemento. Este levantamento sería unha parte da ficha técnica que tamén inclúe datos analíticos das fontes de auga (ph, conductividade...)
 

Finalmente, como un xeito de socialización, a propia comunidade debuxou un mapa da mesma.



Hoxe voltamos as instalacións de Nasmar onde traballaremos cos datos recollidos, rematando a formación e estando o novo persoal técnico preparado para facer o mesmo traballo en solitario.



23 oct. 2018

Formacións para a Fase IV

Os pasado días 18 e 19 de setembro participamos en dúas sesións formativas dadas ás nosas socias locais, NASMAR e Ahjasa.

O obxectivo principal era mellorar a nosa coordinación, sobre todo no que se refire o seguemento dos proxectos, principalmente da Fase IV do proxecto financiado pola Xunta de Galicia "Fortalecemento das capacidades locais para a planificación e xestión pública da auga nos 7 municipios da Mancomunidade Nasmar" e tamén mellorar a execución dos proxectos, integrando cada vez máis un enfoque cara a consecución dos resultados reflexados na formulación.
A formación foi na oficina de Enxeñería

O Xoves 18, foi a formación co persoal administrativo. Nesta sesión fíxose un repaso dos diferentes formatos que se van a empregar para facilitar o seguimento interno dos proxectos, centrándonos nos temas mais económicos e administrativos.

Venres 19 foi a formación os técnicos de AHJASA. Fíxose un repaso xeral das actividades que tería que facer Ahjasa no marco da Fase IV.

Principalmente serían actividades que teñen que ver coa mellora da participación das bases e recuperar a liña de incidencia da organización.

Todo isto debería quedar ben documentado, polo que se fixo outro repaso dos formatos a empregar para elaborar os informes de seguimento continuo da execución e tamén dos indicadores e das fontes de verificación que aparecen na formulación. Nesta sesión fíxose especial fincapé na importancia de facer unha programación e cronoloxía de actividades e un seguimento continuo

Tamén se falou de como mellorar a súa comunicación interna, para o que se crearán canles novos de comunicación vía móbil, coa facilitación de paquetes de internet para as persoas responsables desa comunicación. Ademáis, crearase unha base de datos con todas as persoas usuarias das diferentes Xuntas. Con isto esperase mellorar a comunicación, rendición de contas e o manexo da información.

Un dos resutados esperados na Fase IV, é o aumento da participación das mulleres un 10%, falamos de como se podería levar a cabo esa mellora, de xeitos adecuados de facer a medición así como e tamén sobre en que sentido se iría a mellorar dita participación.

Socialización no Municipio do Triunfo a que asistiron Xuntas de Agua . Foto: Diario El Triunfo
Falouse sobre a estabilidade económica, para o cal se fixo a proposta de realizar un plan de viabilidade, para o cal se conta coa axuda e capacitación de Enxeñería Sen Fronteiras nese sentido.


Xa por último, facer mención á primeira destas actividades, que tivo lugar no municipio do Triunfo o pasado venres 29 de Outubro. Convocouse aś comunidades, así como representantes das distintas institucións e diversos medios de comunicación.

22 oct. 2018

Visita ó tanque de Matapalo

Había uns 15 traballadores operando
Con Kenia, a nosa guía na subida ó tanque, e uns nenos que atopamos no camiño que iban recoller auga
O pasado 27 de Setembro visitamos as obras de mellora do tanque de Matapalo, no Municipio do Triunfo.

Este tanque atopábase en pésimo estado o pasado agosto, todas as comunidades que visitamos, rexeitaron recibir auga da fonte que o abastece.

Gran labor a que fixeron ás técnicas municipais, explicando que o problema da mala calidade da auga tiña a orixe no mal estado do tanque e non na fonte.

Tamén esa semana se saiu a campo a recoller mostras de auga da fonte, levando a persoas representantes das comunidades afectadas, para que foran elas mesmas testemuñas da recollida e logo dos resultados. Estamos expectantes por coñecer os resultados e ver se se cumple a hipótese do problema do tanque e non na fonte, sobretodo porque, sendo así, o problema estará solucionado en breves co remate da restauración do tanque que o abastece.

Seguiremos informando!

13 oct. 2018

A cuña do Software Libre no Triunfo

Con Lester no lugar de traballo na alcaldía do Triunfo
Dentro das dificultades en forma de contratempos e imprevistos que xurdiron nas últimas semanas para planificar e executar actividades vou contar unha que xurdiu no día a día e que me fixo especial ilusión.

Unha das cousas que peor levo do traballo na alcaldía do Triunfo (tampouco é para tanto) é volver a traballar despois de varios anos con ordenadores con Windows. Non recordaba o que era a lentitude e a falta de «xogabilidade» dese sistema operativo. Unha vez que probas GNU-Linux, resulta difícil volver ó lado escuro.

É complicado ver eses ordenadores infectados, son un festival para toda a fauna de virus e maloswares habidos e por haber.

Fai un mes, o técnico que nos tutela na Alcaldía, acudiu a min para ver se lle podía recuperar os datos dunha memoria externa. Abrina, e soamente había unha sorte de arquivos con nomes extraños e formatos indefinibles. Nunca fixera tal cousa, pero dixenlle que sí e propúxenme a intentalo. Son cousas que non se poden facer en Windows. Escoiteille a alguén que un informático soamente pode ser un verdadeiro informático en GNU-Linux, e hai moita verdade niso.

Esa semana descubrín un programa desenrolado polo exército dos EEUU, Foremost, que se instala e se executa dende a terminal de Ubuntu. O funcionamento é sinxelo. Digamos que os arquivos que manexamos teñen un código escrito en binario, que os define, e cada formato comeza e remata por unha seríe de números concreto. O que fai o programa é ir directamente o código almacenado e ir identificando eses patróns, recuperando un por un todos os arquivos posibles.

Logo duns días, conseguín recuperar varios centos de arquivos daquela memoria, o que causou certa impresión entre as persoas coas que traballamos. Tanto, que logo había outra memoria e tamén un ordenador por recuperar. Esto deume pé a falar das bondades de GNU-Linux e tamén ser escoitado sobre o feito de que o verdadeiro virus dos ordenadores era Windows e tamén reflexionar sobre o difícil que é traballar co medo permanente a perder moreas de arquivos completos.

Creía que igual non debería facer eu o traballo de recuperación das memorias, posto que estou aquí por un tempo limitado e cando me fose o problema continuaría. Entón un dos rapaces que traballa na alcaldía, Lester, que conta con coñecementos de informática, mostrouse interesado en aprender o funcionamento de Linux e tamén o uso do programa Foremost. Fixenlle unha pequena explicación do funcionamento a axiña me entusiasmei polo seu interés.

Varios días despois fixenlle unha explicación máis completa sobre o uso e natureza do sistema e do software libre, ademáis de uso e código básico da terminal. Por problemas continuos na rede no puiden descargar a imaxe de linux para ensinarlle a instalación e deixar a semilla plantada nun dos ordenadores da alcaldía do Triunfo. Queda pouco tempo para intentalo pero polo pronto mostrar unha enorme satisfacción por ese comezo.

Seguimos!

11 oct. 2018

Chuvias no Sur de Honduras

O pasado día 6 de Outubro o Comite Permanente de Contixencias (COPECO), un organismo dependente do Estado Hondureño, decretou alerta vermella pola aparición dunha tormenta tropical na zona Sur do País, con temor a que tornase en furacán. Nos departamentos nese estado de alerta, sitúanse os municipios de Tegucigalpa, San Lorenzo é o Triunfo. Sendo este último o lugar onde nos asentamos Uxia mais eu e San Lorenzo onde se atopa a sede de Enxeñería Sen Fronteiras.

Os derrumbres polas chuvias complicaban as comunicacións
Cando fumos conscientes, estábamos no municipio de Gracias Lempira, o norte do país. Recibimos unha chamada advertíndonos e aconsellándonos ficar nese lugar e ver como evolucionaba a situación.

O Golfo de Fonseca dende o Salvador
Agardámos ata o luns, mentres recibiamos mensaxes e información dos nosos amigos do Triunfo e tamén seguindo as nova ofrecidas por COPECO e polo diario El Triunfo.
Recibimos estes feitos con certa preocupación, dado que comezaban a haber novas de persoas damnificadas e a xente que non recordaba unha situación parecida dende o furacán Mitch.





O luns fixemos noite en Tegucigalpa, mentres se coñecíamos os primeiros datos, dentro da reflexión do parte do Observatorio Universitario de Ordenamiento Territorial:


Moitas comunidades permaneceron incomunicadas por mor da chuvia
"Según datos oficiales del Cuerpo de Bomberos de Honduras, se contabilizan hasta el momento: 6 muertos, 1 desaparecido, 7000 damnificados, 750 casas dañadas y zonas incomunicadas. Nos preguntamos ¿Se están implementando en el país los planes de ordenamiento territorial vigentes? ¿Las actividades económicas, los asentamientos humanos y las infraestructuras se ubican siguiendo políticas adecuadas de ordenamiento territorial? Esto no es producto de la naturaleza, estas condiciones son los resultados de las actividades humanas ubicadas en zonas inadecuadas."



Pensando nestas preguntas, o martes, puxemos rumbo a San Lorenzo onde nos atopamos por primeira vez coa nova persoa contratada de ESF en terreo, e planeamos a nosa chegada o Triunfo para o día de onte, mércores.
Mentres, recibiamos información da xente sobre como estaban a ir as cousas.



A alcaldesa do Triunfo, Gina Bonilla, repartindo víveres as persoas afectadas
Parecía que xa estaba mellor, ainda que seguían as labores de axuda as persoas damnificadas no Triunfo. Fixeronse equipas de traballo voluntario, mentres se acollía as persoas coas casas inundadas nas escolas, aprovisionadas de viveres por parte da alcaldía.

Onte, chegamos por fin ó Triunfo, xa levantado o estado de alerta vermella, e sen ter moi claro con que nos iamos atopar. O chegar, no centro parecía que se recuperara a normalidade. A verdade é que xa tiñamos ganas de voltar o que aquí en Honduras é o noso fogar, e ganas de volver a ver á xente coa que compartimos moitas cousas os últimos meses.

Todo o mundo coincidiu en decir que fora unha situación complicada, en describir unhas chuvias intensísimas, e preocupación durante a alerta que se convertise nun furacán de certo nivel. Falaronnos de que soamente 5 casas foran derruidas, ainda que as inundadas e as persoas reubicadas nas escolas foron moitas mais.

Hoxe xa se retomaban as actividades nos colexios e parece que se retoma pouco a pouco a normalidade.


Miño e Uxía