Mostrando entradas con la etiqueta Agro Xunta 2017 CODDEFFAGOLF. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Agro Xunta 2017 CODDEFFAGOLF. Mostrar todas las entradas

23 may 2018

Resumo do Informe Técnico Intermedio de Proxectos de Cooperación ao Desenvolvemento: Honduras- Golfo de Fonseca




O proxecto de fortalecemento das capacidades de incidencia política e xeración de alternativas produtivas sustentables no Golfo de Fonseca comparte o acadado até o momento. O proxecto financiado pola Xunta de Galicia (cun orzamento total de 244.892 euros) e cunha duración de 23 meses chega ao seu punto intermedio.


Enxeñería sen Fronteiras Galicia, xunto coa entidade agrupada CARTOLAB (Laboratorio de Enxeñería Cartográfica da Universidade da Coruña) e co socio local CODDEFFAGOLF (Comité para a Defensa e Desenvolvemento da Flora e Fauna do Golfo de Fonseca) localizan o proxecto nos municipios dos departamentos de Choluteca e Valle para cumprimentar o obxectivo xeral do proxecto coa organización da sociedade civil (OSC) vinculada ao sector pesqueiro e agrícola de pequena escala.


                                                                                 
                                                                                      




Foto: Mercadito verde desarrollado con productores de comunidades de Nacaome, apoyado por la Mesa SAN Parque de Nacaome, Valle.









A poboación beneficiaria directa son 385 familias organizadas en 7 grupos locais de agricultores/as e pescadores/as pertencentes a diversas comunidades dos departamentos. Ademais, tamén son beneficiarias indirectas 1686 familias participes do fortalecemento das OSC de maior representación do sector pesqueiro e artesanal da zona.

No tempo que se leva desenvolvendo o proxecto detectáronse problemas coma as débiles capacidades organizativas e de incidencia política dos grupos locais ou o escaso acceso da muller e a mocidade a espazos de decisión e produción en zonas rurais. Sen embargo, o principal cambio no contexto do proxecto foi a situación de inestabilidade social e política dada tralas eleccións xerais e municipais celebradas en novembro de 2017. Esta situación de inestabilidade supuxo diversas dificultades, polo cal se solicitou, e foi concedida, una prórroga de execución e xustificación de actividades que viñan con demora debido a ditas dificultades.





Foto: Diagnose Organizacións da Sociedade Civil. Reunión de socialización e identificación de actores para a diagnose de OSC. Comunidad El Tulito, Chocuteca






En termos de grado de execución os resultados e cadansúas actividades son moi variados. Podemos destacar os seguintes logros de indicadores dos resultados propostos do proxecto en función do maior grao de execución respecto ao proxecto:

     - IOE1R.1.1: Indicador 1 do Resultado 1 Proposto (Fortalecidas as Organizacións de a Sociedade civil que promoven a soberanía alimentaria e a defensa del territorio) : Mellorado o índice de Fortalecemento Institucional do 60% das organizacións de base e grupos beneficiarios, en polo menos un 15%, cun logro do 25% reflexado na capacitación e mellora de 11 OSC en canto a súa xestión organizativa.

    - IOE1R.2.1: Indicador 1 do Resultado Proposto 2 (Ampliadas as posibilidades de medios de vida sostibles de agricultoras/ores e pescadoras/ores de pequena escala mediante procesos innovadores) .Dúas iniciativas de negocio funcionando lideradas por mulleres e mozos/as, tras aplicación de metodoloxía específica, antes de finalizar o proxecto, cun logro do 35% reflexado na recepción por parte do grupo CAC Mulleres Campesiñas Unidas en Marcha de talleres en desenvolvemento empresarial e emprendurismo.

     - IOE1R.3.1: Indicador 1 do resultado proposto 3 (Alcanzados procesos para a xeración de coñecemento en políticas nacionais que fortalezan a gobernanza do sector agrícola e pesqueiro): Polo menos 10 OSC /grupos de base/ seccionais se integran en espazos de participación (mesas, consellos de microcuenca, etc.), reflexado nun logro de 3 grupos OSC/ grupos de base 3 integrados en espazos de participación: Seccional Playa Grande e o Consejo Consultivo Forestal de a Brea de Agua Fría sumáronse á mesa SAN de Nacaome, e o Grupo Agua Caliente da área protexida de La Berbería se sumou á mesa San de El Triunfo.







Foto: Taller de ideas de emprendimiento asociadas a Mujeres Campesinas Unidas en Marcha, Comunidad de El Mapachin, Nacaome, Valle.









Tamén resaltamos algunhas das actividades propostas para os tres resultados propostos do proxecto que destacan polo seu grao de execución:

    - Actividade Proposta 1 do Resultado 1: Diagnose de OSC que traballan nos 7 municipios en materia de Soberanía Alimentaria e Defensa Territorial, cun grao de execución do 85% reflexado na contratación dunha consultoría técnica para dita actividade

 - Actividade Proposta 6 do Resultado 2: Deseño dunha estratexia de intervención do sector produtivo pesqueiro e agrícola de pequena escala, cun grao de execución do 85% reflexado tamén na contratación dunha consultoría para realizar dita actividade.

 - Actividade Proposta 2 do Resultado 3: Participación de sectores produtivos en espazos de decisión, mesas e outros: reunións con SAG (Secretaría de Agricultura e Ganadería), incluíndo Digepesca (Dirección General de Pesca e Acuicultura), etc, cun grao de execución do 40% reflexado na elaboración e edición de afiches e outro material de sensibilización sobre soberanía alimentaria, defensa do territorio e participación en mesas e outros espazos de gobernanza nestes temas.






Foto: Participación en espacios de decisión. Reunicón ordinaria Mesa SAN, El Triunfo, Choluteca.






Sen máis, esperamos que as condicións derivadas da inestabilidade socio-política tralas eleccións xerais de novembro de 2017 melloren e que no proxecto se sigan executando con éxito as actividades para acadar os resultados e obxectivos propostos!







10 dic 2017

Avance del nuevo proyecto dentro del programa de Desarrollo Rural y Soberanía Alimentaria


A pesar del poco tiempo de ejecución desde la recepción de los fondos del proyecto, creemos que es factible la ejecución financiera de la anualidad 2017 según lo planeado y aprobado en la reunión anterior del Comité de Seguimiento, aunque dada la situación de inestabilidad del país tras las elecciones del 26 noviembre, se van a tomar medidas extraordinarias, empezando por la solicitud al financiador (Cooperación Galega de la Xunta de Galicia) de una prórroga para completar gastos de la anualidad 2017 en enero de 2018 si fuera necesario (acogiéndose a esta situación excepcional).

Se ha avanzado bastante en algunas actividades: maduración de emprendimientos económicos, trabajo con las seccionales (grupos de la base social de CODDEFFAGOLF, la organización hondureña con la que trabajamos en el proyecto) para diagnósticos de las bases sociales, capacitaciones básicas al grupo de pescadores que va a realizar el ensayo de producción de pargo, reuniones de planificación con el CIAL (Comité de Investigación Agrícola Local) del grupo APROEN, para el trabajo de mejora de semillas, y reuniones con la mesa SAN de Nacaome y grupo de productores para la puesta en marcha de la unidad de gestión del mercado (Mercadito Verde).

Se han establecido redes y contactos con otros agentes para facilitar el desarrollo de actividades: docente del INFOP (módulos sobre pesca), Centro Universitario Regional Litoral Pacífico de la UNAH (pesca y acuicultura), DIGEPESCA, Mesas SAN municipales de Nacaome y El Triunfo, así como la Mesa SAN (seguridad alimentaria y nutricional) Regional (región sur de Honduras).

En general, los grupos han acogido muy bien las actividades, y el nivel de participación e implicación es muy satisfactorio. Observamos un posible riesgo para la ejecución con el grupo de jóvenes de APROEN, porque son pocos jóvenes en el grupo y varios están pensando en salir y buscarse otra forma de vida fuera de la comunidad. 

Productores/as de comunidades de Nacaome en el Mercadito verde, en el parque de Nacaome, Valle.

Reunión sobre gestión organizativa de las Asociadas de la Caja de Ahorro y Cr‚édito Mujeres Campesinas Unidas en Marcha, Comunidad de El Mapachin, Nacaome, Valle

Taller práctico sobre Seguridad en el Mar, al Grupo de pescadores Gracias a Dios, impartido por el INFOP, en San Lorenzo, Valle.

Taller sobre elaboración de Estados Financieros con la Asociadas de la Caja de Ahorro y Cr‚édito Mujeres Campesinas Unidas en Marcha, Comunidad de El Mapachin, Nacaome, Valle.


Taller de elaboración de estados financieros a los y las jóvenes de la APROEM, comunidad de El Ocotillo, Nacaome, Valle.
 

24 sept 2017

Resumo do proxecto de agro 2017

Hai uns días, a Xunta de Galicia resolveu a adxudicación das axudas para proxectos de cooperación para desenvolvemento no exterior, resultando beneficiado dunha das subvencións o proxecto de  agro de Enxeñaría Sen Fronteiras Galicia, xunto con CODDEFFAGOLF (Comité para la defensa y el desarrollo de la fauna y flora del Golfo de Fonseca) como socia, e o Cartolab (Laboratorio de Enxeñaría Cartográfica) como entidade asociada. Desta maneira, xa se conta co monto necesario para executar as actividades que máis investimento requiren ao abeiro do Proxecto de fortalecemento das capacidades de incidencia política e xeración de alternativas produtivas sustentables de organizacións da sociedade civil vinculadas ao sector pesqueiro e agrícola a pesquena escala en sete municipios costeiros da Rexión 13 - Golfo de Fonseca, Honduras, con enfoque de soberanía alimentaria e defensa do territorio.

O proxecto está orzado en 244.892€, sendo un 91,87% do financiamento aporte do goberno galego, o equivalente a 225.000€, e ten un período de execución de 23 meses, de xaneiro de 2017 a novembro de 2018. Ao mesmo tempo, as súas accións abranguen a Rexión 13 - Golfo de Fonseca, concretamente nos municipios de Amapala, Nacaome, Alianza e San Lorenzo (Departamento de Valle) e Marcovia, Namasigüe e El Triunfo (Departamento de Choluteca).

Traballarase directamente con 385 familias organizadas en 7 grupos locais de agricultores/as e pescadores/as artesanais das comunidades de Playa Grande, Mapachín, San Lorenzo Centro, Agua Caliente e 21 representantes de organizacións civís e gobernamentais aglutinadas na Mesa Municipal de Seguridade Alimentaria e Nutricional (SAN) de Nacaome. Ademais, vincularanse á acción de forma indirecta, en primeira instancia, 1686 familias de agricultores/as e
pescadores/as doutras “seccionais” de CODDEFFAGOLF.

O contexto que engloba as accións contempladas no proxecto presenta as seguintes problemáticas: Débiles capacidades organizativas e de incidencia dos grupos locais.
  • Limitados espazos de participación e incidencia para os sectores primarios de pesca e agricultura.
  • Iniciativas agrícolas e pesqueiras desarticuladas dun enfoque de cadea.
  • Escasa valorización do territorio e da produción agrícola e pesqueira.
  • Políticas nacionais que ameazan a soberanía alimentaria e comprometen os recursos naturais.
  • Baixos ingresos familiares debido ao elevado nivel de desemprego.
  • Escaso acceso da muller e a mocidade a espazos de decisión e produción en zonas rurais.
  • Falta de metodoloxías innovadoras que melloren os procesos de desenvolvemento na área rural.

Así pois, agárdase que o proxecto incida no fortalecemento doutras Organizacións da Sociedade Civil que defenden e promoven o sector primario de pequena escala, entre as que se atopan cooperativas e grupos organizados de pescadores/as e agricultores/as, ou de marisqueiras, asociacións locais e internacionais que traballan na zona no ámbito da soberanía alimentaria e a defensa do territorio. Tamén se espera que os espazos de concertación social e participación nestes dous ámbitos saian fortalecidos.

Para ter unha visión máis completa do proxecto, no seguinte cadro relaciónanse os obxectivos e resultados perseguidos coas actividades a realizar para a súa consecución. Cabe sinalar que algunhas delas xa se foron executando nestes meses de 2017.

Obxectivo xeral: Reducir a vulnerabilidade alimentaria con un enfoque de dereito e soberanía alimentaria en poboacións vulnerables do sur de Honduras
Obxectivo específico: Fortalecer as capacidades de incidencia política e de xeración de alternativas produtivas sustentables de Organizacións da Sociedade Civil (OSC) vinculadas ao sector pesqueiro e agrícola de pequena escala
Resultado 1.1 Fortalecidas as Organizacións da Sociedade Civil que promoven a soberanía alimentaria e a defensa do territorio.

Actividade 1.1.1 Diagnose de OSC que traballan nos 7 municipios en materia de Soberanía Alimentaria e Defensa Territorial.
Actividade 1.1.2 Implementación dun proceso formativo que potencie o liderado institucional e local.
Actividade 1.1.3 Deseño de ferramentas de xestión organizativa para grupos locais de pesadores/as e agricultores/as de pequena escala.
Actividade 1.1.4 Acompañamento aos grupos (pesqueiros e agrícolas) na construción dunha axenda local que promova a participación e incidencia en materia de Soberanía Alimentaria e Defensa Territorial.
Actividade 1.1.5 Implementación de ferramentas de arte lúdica para a superación de problemas e conflitos internos dos grupos.
Resultado 1.2 Ampliadas as posibilidades de medios de vida sustentables de agricultoras/es e pescadoras/es de pequena escala mediante procesos innovadores.

Actividade 1.2.1 Defensa e mellora participativa de variedades de millo criollo.
Actividade 1.2.2. Desenvolvemento de dúas pilotaxes para a maduración de emprendementos produtivos en grupos cun nivel de organización intermedio
Actividade 1.2.3 Creación dunha unidade xestión de mercados locais para a promoción de espazos formais de comercialización.
Actividade 1.2.4 Experimentación e monitoreo de iniciativas de cría de pargo en gaiolas como alternativa de produción pesqueira sustentable
Actividade 1.2.5 Capacitacións a grupos produtores para a mellora da calidade e a comercialización de produtos locais, con enfoque de identidade territorial

Resultado 1.3 Alcanzados procesos para a xeración de coñecemento en políticas nacionais que fortalezan a gobernanza do sector agrícola e pesqueiro.

Actividade 1.3.1 Implementación da Escola de Formación Política para os sectores produtivos.
Actividade 1.3.2 Participación de sectores produtivos en espazos de decisión, mesas e outros: reunións coa Secretaría de Agricultura e Ganadería (SAG), incluíndo a Dirección General de Pesca y Acuicultura (Digepesca).
Actividade 1.3.3 Edición de “leccións aprendidas” das iniciativas de desenvolvemento do sector agrícola e pesqueiro con impactos positivos xerados.
Actividade 1.3.4 Valorización da identidade territorial na zona de intervención.
Actividade 1.3.5 Cartografía participativa para a defensa do medio ambiente e promoción da identidade territorial entre a mocidade.