16 oct 2017

Capítulo 9. Masila, exemplo de comunidade rural en El Triunfo.



Como seguramente saberedes as mais fieis seareiras deste blogue, no programa PCR de ESF tamén se inclúe unha semana de estancia en comunidades.

As comunidades rurais de Honduras son unha proporción importante do país, polo que é ben acaído que coñezamos de primeira man como se vive o día a día. Concretamente, da poboación total do país (9,1 millóns de habitantes, segundo os datos do censo do 2016), o 54% atópase disperso en comunidades rurais. No departamento de Choluteca, ao que pertence El Triunfo, a poboación rural é do 62,6%, e se nos centramos no municipio de El Triunfo, os datos ascenden ao 76,4% de poboación rural.

Nas comunidades rurais practícanse a agricultura e gandaría tradicionais, os medios de transporte e comunicación son escasos, e xeralmente carécese de servizos como auga potable, sumidoiros, pavimentación, alumeado público, entre outros. Así mesmo, atópanse diferenzas de escolarización entre as áreas rurais e urbanas, atópase nos obxectivos do plan estratéxico hondureño 2014 – 2018 a mellora deste aspecto, xa que na actualidade a escolaridade promedio é de 8,9 anos nas zonas urbanas, e de unicamente 6 anos nas rurais.





No tocante ao tema da auga, que é o motivo do proxecto de ESF, o Goberno de Honduras conta, desde fai mais de 40 anos, co apoio de numerosas ONGs que desenvolven actividades para dotar de servizos de auga potable e saneamento á poboación hondureña, acadándose coberturas do 82% (abastecemento) e do 72% (saneamento) segundo datos do Banco mundial (2015). Con isto, aproximadamente un millón de persoas vive sen acceso a servizos dignos de auga potable, e uns 2,2 millóns sen acceso a saneamento mellorado. E esta situación agrávase nas zonas rurais, onde segundo o SANAA (Servicio Autónomo Nacional de Acueductos y Alcantarillados), o 28% dos sistemas de auga non son suficientes na estación seca. Nestas zonas, ademais, só son potables arredor do 10% das augas superficiais.

Pois xa postas en situación, e tendo en conta que nas comunidades rurais a xente aínda é mais riquiña que nos núcleos urbanos, se cabe (pois o carácter da xente hondureña é ben amigable e acolledor), a Masila nos fomos Adri mais eu, con moitas ganas de vivir a experiencia. E con moitas ganas de coñecer esa comunidade que viamos todos os días desde o pobo, e desde a estrada panamericana nas nosas viaxes a Choluteca. Pois Masila é a comunidade do Triunfo que está situada no alto de un cerro. Unha situación privilexiada respecto a vistas da natureza e clima mais fresco.


Ao fondo, cerro de Masila visto desde El Triunfo.

Como dixemos, Masila está situada nun cerro, polo que a chegada é a pé. Raramente algún veciño vai en moto ou mototaxi, porque o camiño é moi difícil. Ademais da pendente de subida, tamén é complicado porque a ponte sobre o río rompeu hai un par de meses e aínda están pendentes do arranxo.
As mulleres da Xunta de Augas foron quen nos recolleron e acompañaron ata a súa comunidade, e desde o primeiro día estivemos tan coidados como se das nosas nais se tratara.
Viaxe de ida a Masila.


Sí, as mulleres da Xunta de Augas porque neste caso 6 das 7 persoas que compoñen a xunta son mulleres. Tal e como vimos durante a semana, é unha xunta de funcionamento exemplar, con iniciativa e moitas ganas de aprender. Con elas acordamos un día no que xuntarmos toda a comunidade (composta por unhas 75 familias) e facer unha posta en común do avance do seu sistema de abastecemento que está en proxecto. Incluso despois dunha grande choiva tropical, a comunidade achegouse á xuntanza e volcouse en coñecer o estado do sistema que esperan con tantas ansias, e durante un bo anaco estivemos a recoller propostas de mellora e adaptación.
Ao remate desta reunión, e aproveitando que a municipalidade do Triunfo nos prestara un proxector, gozamos dunha entretida velada con sesión de cinema.  



 Visita a un pozo con lavadeiros de roupa, coas compoñentes da Xunta de Augas de Masila.



Reunión sobre o estado do proxecto de abastecemento de augas en Masila e velada de cinema no local social da comunidade.


Tamén dentro das nosas tarefas PCR aproveitamos a estancia en Masila para achegarnos á escola: hai desde preescolar até os 12 anos, repartidos en 3 aulas. A rapazada que nun principio nos ollaba como estraños blanquitos, pronto se mostraron moi interesados no que tiñamos que contarlles sobre a súa auga. As dinámicas de sensibilización e coñecemento do uso adecuado da auga estiveron acompañadas de cancións e xogos. Facer educación ambiental con alumnado tan receptivo é ben agradecido. Son a xeración do futuro e oxalá tomen conciencia desde a infancia, pois certo é que queda camiño por percorrer coidando un recurso que nos da a vida. 



Sesións de educación ambiental sobre o recurso auga na escola de Masila.


Masila tamén é especial pola súa iniciativa de radio comunitaria chamada Radio Cholula, que co seu slogan “Creando conciencia social” espallan polas ondas diferentes programas, creando debates, recibindo chamadas de opinión e por suposto, dedicando as mellores músicas aos seus oíntes.  Tivemos a sorte de participar en directo en dúas ocasións, dando a coñecer a actividade que ESF está a desenvolver alí.


Os PCRs de auga “no aire” en Radio Cholula.


Ademais destas actividades, a vida cotiá en Masila foi moi agradable, hai unha boa porcentaxe de xuventude, que nos acolleu como a dous mais da comunidade, e cos que tivemos a sorte de coñecer os arredores e facer roteiros pola exuberante natureza que rodea a comunidade, que está localizada no seu punto mais elevado cunha cruz branca desde a que se pode ver a paisaxe ata Nicaragua.
Nas casas non hai auga corrente, aprendemos como é bañarse nos pozos con roupa, tal e como fan alí cada mañá, ademais de aproveitar esa viaxe da ducha para lavar a roupa e volver cargados con baldes de auga para o día. De isto encárganse principalmente as mulleres e cativas, se ben tamén moitos cativos axudan coa traída da auga. Este é un dos motivos que ocupa o tempo de mañá na infancia, e cando as distancias non son moi curtas, compaxinar os quefaceres domésticos coa escolarización vese impedido. Ademais da inseguridade da calidade da auga que están a tomar, pois cada ano enferman por parásitos e diarreas unha grande parte dos cativos. Un motivo mais para solicitar un sistema de auga potable na comunidade.


14 oct 2017

Caciquismo tropical

Ola siareiros!! hoxe vouvos contar algo que puden apreciar durante a miña estancia en Masila, un pequeno núcleo de poboación situado moi a carón do “mero” centro urbano do Triunfo, como dirían aquí, nun dos cerros que a rodea. Esta comunidade, igual que a maioría de Honduras sufriu en xuño do ano pasado un terrible sismo de 6.2 na escala de Richter, do que non se lamentaron vítimas, pero si numerosas perdas materiais.

 Casa destruida polo terremoto

Estas casas normalmente son de unha soa elevación e feitas con material de adobe pouco compactado, e con tabiques con moi pouco espesor e plásticos, o que fai que calquera pequeno tremor lle produza fendas ou as tire.

Gretas producidas polo tremor


As comunidades rurais son as que mais sufriron este sismo, polo que é moi doado en poboacións como a de Masila encontrarse restos de derrribos producidos polo sismo.

Ruínas doutra casa tirada polo terremoto

Tras isto, a xente vese obrigada a deixar os seus fogares e buscar uns novos. Moita xente opta por construír casas provisionais. Algunhas destas son construídas con estrutura de madeira e placas de metal.


 Casa provisional illada con placas metálicas

Isto non pasou desapercibido no actual goberno hondureño, e enseguida se puxeron as pilas para pór solucións. Para algúns...

Resulta que todo isto que vos vou a contar ten a súa orixe no actual sistema electoral que funciona en Honduras. En Honduras, realízanse dous referendos en cada convocatoria, as denominadas primarias e logo as xerais. As primarias realízanse ao terceiro ano da lexislatura, e serven para que os partidos políticos do país escollan os seus candidatos presidenciais, que logo participarán nas xerais.
As eleccións primarias son levadas a cabo por cada partido, é dicir, cada organización política (e financiada por ela mesma, teoricamente) pon a súa urna onde os seus votantes depositan o voto para elixir o representante do partido que logo un ano mais tarde nas xerais ten intencion de votar. Pero claro, desta forma queda manifestada totalmente a túa intención de voto, no momento en que nas primarias vas a urna de un partido ou de outro.

Por iso as primarias son un moi bo sondeo de como serán as eleccións xerais, e ademais, os partidos políticos saben nome e apelidos dos seus votantes.
Deste modo, os partido políticos aproveitan esta trampa electoral para captar votantes de maneira personalizada e especifica, xa que estes non teñen mais remedio que ir a súas urnas votar cando se traten das primarias.

Polo tanto, volvendo o do sismo, o partido do goberno realizou a construción de casas a xente que se quedou sen fogar, pero a que non adiviñades que pasou? Pois si, estas axudas caían seguindo un especial requisito, a cor política de cada quen. Polo tanto, senón eres azulito, esquécete de vivenda.
E por senón quedaba claro, estas casas que se fixeron foron todas do mesmo tamaño, e pintadas con un azul verdoso chillón que chamase ben a atención, e por se alguén non se daba de conta do que pasaba ainda, na fachada estaba rotulada unha baldosa onde paracía a firma do noso queridísimo Juan Orlando.


 Casa construida polo partido nacional en Honduras coa firma de Juan Orlando

Este é son algún dos métodos pouco ortodoxos que o partido leva a cabo para conseguir o  voto da xente. Logo tamén existen os famosos Bonos 10000, denominados así porque eran axudas de 10000 lempiras anuais a familias  para contrarrestar a pobreza extrema, mellorar a nutrición, a saúde e a educación e promover así a poboación mais vulnerable do pais.
Este bono dábase de forma mensual, e seguindo unha serie de pautas, polo cales case nunca as familias nunca recibían os 10000 lempiras íntegros a final de ano.
E quen credes que recibía estas axudas... ? Este método asistencialista e ineficiente era outra das malas artes coas que o partido do poder conseguía o voto da poboación mais vulnerable.
A corrupción neste país de centroamérica é levada a cabo polo goberno de forma asidua e descarada. E non só iso, practícase con total blindaxe e impunidade.

E con estas artimañas, o goberno consegue calar as bocas e seguir gañando, a pesar do claro descontento que xa existe entre a población catracha, incluso entre algún militante do mesmo partido.

Esperemos que desta volta, nas eleccións deste vindeiro mes de novembro, se faga manifesto desta desaprobación xeral e se poña fin dunha vez a esta lexislatura tan deshonesta, digna de competir cos mellores anos da mismisima alcaldía de Marbella. 

13 oct 2017

Construcción y habitabilidad en el sur de Honduras. Materiales tradicionales vs. modernos

Aquí presentamos sendos informes elaborados por Martiño (en 2015) e Irene (en 2016) en sus respectivas estancias en Honduras dentro del Programa de Conocimiento de la Realidad de ESF Galicia.

El objetivo es ir conociendo los materiales y técnicas constructivas más habituales en la zona de trabajo de los programas de ESF en Honduras, incluyendo las más tradicionales (que se han ido perdiendo), con idea de empezar a promover una construcción más sostenible según lo que promueve la bioconstrucción y aumentando la soberanía constructiva, en una zona donde la temperatura es suave, pero existen amenazas recurrentes de inundaciones, huracanes y terremotos.

Construcción con adobe, preparando los ladrillos

Estructura de adobe en construcción

Casa con materiales convencionales