18 jun 2009

SAN FRANCISCO DE CORAY

San Francisco de Coray é unha das duas municipalidades coas que traballa ESF (a outra é Marcovia). Está situada no departamento de Valle, que linda cos de Francisco Morazán ao norte, co de Choluteca ao leste, ao oeste con El Salvador, e ao sur co Golfo de Fonseca.
Este municipio, é un dos máis pobres de Honduras, e está situado, a unha hora de San Lorenzo, o único porto hondure
ño que da ao Pacífico, e a outra hora de Nacaome, a capital departamental.
Os recursos da alcaldía son máis ben escasos, e a economía da zona basease na agricultura e gandería de subsistencia.Ten moi malas comunicacións, e poboación moi dispersa debido a unha orografía abrupta e montañosa.
Isto fai que moitas das comunidades máis pobres teñan difícil comunicación non só con San Lorenzo ou Nacaome, senon coa mesma capital municipal. Desta situación despréndense actuacións que teñen que ser de natureza distinta das que realiza ESF en Marcovia.



Cerros na zona con avance da fronteira agrícola


Casa en San Francisco de Coray


Anoitecer


Praza de San Francisco de Coray (cabeceira municipal)


Entrada ao pobo



Vista de San Lorenzo, cos bosques de Mangles ó fondo.


Vista de instalacións portuarias de San Lorenzo


Cerros no camiño a San Francisco de Coray.


Centro sanitario en Quebrada Grande.


Casa tradicional en Quebrada Grande.

No hay comentarios: