17 mar 2015

Segue o Traballo coa Mancomunidade NASMAR (Febreiro 2015)

Proxecto: Fortalecemento das capacidades locais para mellorar o acceso ao dereito a auga potable e saneamento a través da xestión integrada do recurso hídrico, nos 7 municipios da mancomunidade NASMAR, Honduras Socio local: Mancomunidade NASMAR

Financiado por: Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade


Este proxecto enmárcase nun programa deseñado por ESF Galicia, a Mancomunidade NASMAR (Mancomunidade dos municipios costeiros do Golfo de Fonseca) e AHJASA (Asociacion Hondureña de Juntas de Agua), do que xa foi executada a primeira fase durante o ano 2014, coa financiación de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.

Durante o mes de febreiro leváronse a cabo dúas capacitacións de software libre, unha dirixida ao persoal técnico das sete municipalidades da Mancomunidade de NASMAR e outro dirixido ao persoal técnico da unidade técnica da Mancomunidade así como a o persoal de AHJASA (organización socia de ESF noutras fases do programa no que se inclúe o presente proxecto). 

Capacitación Técnicos Municipales

Capacitación Técnicos Municipales
   
Co fin de coordinar e dar seguimento as accións iniciadas, así como de crear sinerxias, aproveitáronse tamén estes espacios para avaliar as accións levadas a cabo ata o de agora no marco do programa, e para unir esforzos con AHJASA no traballo levado a cabo no municipio de El Triunfo.

Mantívose unha reunión co persoal do Instituto Hondureño de Ciencias de la Tierra que participará na realización do estudo hidroxeolóxico na comunidade de La Grecia. Nesta planificouse a socialización do estudo na próxima reunión de alcaldes da Mancomunidade o día 10 de marzo, na que ademais aproveitarase para sensibilizalos sobre a problemática da calidade da auga na rexión, e a súas repercusións sobre a saúde da poboación. Nesa mesma xornada está prevista a socialización do estudo na comunidade de La Grecia, para o que se coordinará coa Alcaldía de Marcovia, socia local de ESF en proxectos anteriores.

Como actividade complementaria, participouse nun obradoiro levado a cabo na Alcaldía de Marcovia no marco do proxecto “Desarrollo de Capacidades para la Gestión de Procesos de Recuperación en Centroamérica”, desenvolvido polo PNUD. Neste proxecto está contemplado, entre outros, un componente orientado á implementación de experiencias piloto no deseño de guías municipais para a preparación de procesos de recuperación a nivel local, sendo seleccionado para esta experiencia piloto o municipio de Marcovia. No obradoiro salientouse a importancia que tivo o Plan Director de Auga e Saneamento do municipio de Marcovia (elaborado pola Alcaldía de Marcovia en colaboración de ESF Galicia e co financiamento da Xunta de Galicia e do Fondo Galego) e a ferramenta do gvSIG Fonsagua na xestión de riscos no municipio.

Taller Gestión Riesgos Marcovia

Outros enlaces vinculados ao proxecto:


  • Convenio de Cooperación Fondo Galego-ESF

  • Informe de Xaneiro

  • Seguimiento anual del Proyecto Agua en San José de Las Conchas, Marcovia

  •  Software Libre

No hay comentarios: