Javier explica as partes do tanque
Frannklin comenta a xestion económica.
Solpor en San Lorenzo
Como non puiden escribir antes isto, vou contar hoxe, a miña derradeira actividade en Honduras, que foi a capacitación que Save the Children ( a nosa contraparte en Honduras) deu no concello de Langue, ás comunidades de Las Fajas e Quebrada Grande. A primeira pertence o concello de San Francisco de Coray ( no que nos traballamos), e a outra o concello de Langue, ambos pertencentes ó departamento de Valle.
A xente estaba moi disposta, e despois da primeira hora a xente empezou a participar e colaborar, polo que foi moi formativa, pois como xa eran xuntas con moito tempo en funcionamento, comentáronse problemas que lles aconteceran, e dos que todos puideron aprender, pois ainda que polo que se vía Quebrada estaba máis organizada, os problemas de impago, e funcionamento eran semellantes nas duas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario