18 ene 2009

MARCOVIA

Nesta imaxe vese un pouco de como é a paisaxe típica en Marcovia
zonas planas, con plantacións de cana de azucar e vexetación de
sabana. Rodeado de montañas ó fondo. Hai que dicir que ese verdor
que se ve na foto só é porque foi sacada na estación húmida.

Praza de Marcovia ca Alcaldía ó fondo.

Marcovia, é a capital da municipalidade do mesmo nome. Hai
varias partes dentro do mesmo casco urbano, unha parte tradicional,
podemos dicir como o " casco vello" e as ampliacións que se diron
tras o furacán Mitch chamada Renacer, onde con cartos procedentes
de diversos paises financiadores intentouse reinstalar ós evacuados.


Igrexa de Marcovia

Depósito na entrada a Renacer



Un dos depósitos de auga potable , e campo de fútbol en Renacer
Marcovia.


Renacer, é unha parte de Marcovia, da zona urbana
do concello onde se asenta a alcaldía. Foi unha ampliación feita
despois do Mitch, o furacán que hai 10 anos asolou todo o Caribe,
especialmente en Honduras. A fotografía de abaixo mostra un Kinder
( centro de educación infantil, feito por ONGs alemanas, en Renacer.
A seguinte é o proxecto de biblioteca, construido pero que nunca se
usou e o mercadao que por problemas da organización xestora
tampouco nunca se chegou a estrenar, o que me fai preguntar se realmente
foi un proxecto realmente ben resolto polas ONGs .
Istodebe ser algo do queaprendamos, para non cometer erros coma estes.



Kinder en Renacer Marcovia.

Mercado en Renacer Marcovia.

Biblioteca en Renacer Marcovia.


Unha das "rúas" de Renacer na localidade de Marcovia, hai que
dicir que estas zonas foron feitas por ONGs en época de emerxencia,
pero deberíamos pensar todos e reflexionar se eses proxectos foron
adecuadamente resoltos, é dicir unha ONG debe dar vivendas dignas
para a vida e levar un seguemento sobre o proxecto ,e no meu caso
pareceume que aquí houbo un pouco de desentendemento cousa
que me da moita lástima, por que casas feitas por eles mesmos teñen
máis dignidade que as casas feitas por ONGs cando eu entendo que,
estas deberían ser un exemplo. Non me refiro con isto a que sexan
casas de ricos, soamente digo dignas.






Ponte sobre o río Choluteca o pasares moi preto de Marcovia
( centro urbano), en dirección a MOnjarás, outra das poboacións
do concello e o núcleo máis desenrolado e poboado.




Monjarás, a aldea máis poboada de toda Centroamérica, moito
máis grande é millor equipada que Marcovia ( capital municipal),
ten grande cantidade de comercios, e é unha poboación tranquila
e prospera, a diferencia de Marcovia. Está asentada na carretera
que une Choluteca co mar.

2 comentarios:

Lara dijo...

Me encanta en nombre de "Renacer"!!! recuerda al de una residencia de la tercera edad!jajaja
(lo siento no he podido evitar el comentario)

iRia dijo...

Lara... vaya desconjone!!!! jajajaja