Programa de Coñecemento da Realidade 2011: solicitude de prazas ata o 11 de abril.
Trátase de facilitar a participación na asociación e a formación.
Inclúese unha estancia de mínimo dous meses en países onde ESF traballa, neste caso en Honduras, que permitirá coñecer as condicións de vida das comunidades coas que ESF e os seus socios locais colaboran.
As persoas interesadas deben enviar, en formato pdf, un breve CV cos datos máis relevantes para a praza, xunto cunha carta de motivación tamén en pdf, ao correo info@galicia.isf.es. Deberanse enviar tantos correos-e como prazas diferentes ás que se queira optar, indicando no asunto o nome da praza correspondente (PCR-auga, PCR-desenvolvemento rural, PCR-enerxías, PCR-sensibilización). As solicitudes que non inclúan ambos documentos non entrarán no proceso de selección.
Máis información información sobre as prazas aquí
A data límite para a presentación de solicitudes é o 11 de abril do 2011.
No hay comentarios:
Publicar un comentario