9 nov 2011

Auga e medioambiente nas escolas de Coray


A semana pasada adiqueime a dar charlas formativas en distintas comunidades do Concello de Coray. En concreto estiven nas escolas de Las Mesas, Las Cruces, Portillo Colorado e Talpetate, con rapaces de distintos graos da ensinanza primaria.
O tema das charlas foi o de auga e medioambiente, cunha duración nunca maior de tres cuartos de hora. As ideas que lles intentei explicar foron por exemplo o dereito universal ao acceso á auga potable e ao saneamento básico e a súa importancia, o ciclo hidrolóxico, a deforestación, a desertización, os usos da auga, importancia da hixiene, etc.

Foi unha experiencia moi bonita a de ensinar isto a eses rapaces, sobre todo nesas idades nas que son tan receptivos. En lugares coma este daste de conta de que con moi pouquiño podes facer moito.
Procurei non falar so eu e facerlles preguntas sinxelas de xeito que a charla fora máis dinámica e se sentiran partícipes da mesma. Puiden ler na cara dos rapaces cando me estaba explicando ben e tamén cando non me entendían, cando por uns intres esquecía que eran nenos e lles falaba coma á xente maior.
Pero, en definitiva, penso que foi unha das mellores semanas dende que cheguei a Honduras.

1 comentario:

Sergio dijo...

moi bo o de ler nas súas caras!! xa podía facer así moito do profesorado aquí...