Hai pouco tempo tiven ocasión de falar con Don José Arístedes Najar, presidente da Junta de Agua de El Zapotillo, e lle preguntei polo estado das obras hidráulicas feitas por ESF na comunidade, tras as fortes chuvias do mes de outubro.
Para tranquilidade de todos nós, o sistema está básicamente ben: as tuberías, a bomba, o pozo de bombeo, os biofiltros, as letrinas, non se arruinaron nin contaminaron. O que si aconteceu é que por ser unha zona de bastante pendente, escorreuse gran cantidade de terra, deixando ao aire libre algúns tramos de tubería, aproximadamente unha lonxitude total de un quilómetro. E é importante arranxalo pronto porque neste estado as tuberías son susceptibles, por exemplo, de ser pisadas polo gando e romperse.
Os biofiltros non sufriron mal ningún polas chuvias en si mesmas. O único é que un deles non traballa ben porque ten no fondo unha capa de terra que fai que non se filtre a auga e esta se apoce e rebose pola parte de enriba. Esta terra provén da area de río que ten o biofiltro na parte superior e que arrastra a auga no seu percorrido polo aparello. Mais a solución a isto é tan sinxela como facer pasar a area por un tamiz moi fino e recuperar o groso para o biofiltro.
Fora xa do eido das obras de auga, por sorte as chuvias non causaron moitos danos materiais nas vivendas (foron dúas as casas inundadas), gracias a elevada pendente do terreo. Pero si houbo gran perda no campo, cunha superficie de cultivo estragada maior de tres cuartas partes do total.
Esperemos que pouco a pouco todos estes danos se poidan remontar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario