30 jun 2016

RESUMO DO PROXECTO ACTUAL A DESENVOLVER EN HONDURAS POLO GRUPO AUGA

Título do proxecto actual "Fortalecemento das capacidades locais e da participación comunitaria para mellorar o acceso ao dereito a auga potable e saneamento a través da xestión integrada do recurso hídrico, nos 7 municipios da Mancomunidade NASMAR, Honduras, fase 2".

Presentamos un resumo das actividades que realizáronse no primeiro ano da fase 2, que comezou en xaneiro 2015 e rematará en novembro 2016.

¿Cómo nace o proxecto?
O presente proxecto xorde a partir da experiencia que ESF Galicia e Cartolab acadaron desde o ano 2008 no ámbito da xestión dos recursos hídricos na zona do Golfo de Fonseca, en Honduras. A partir do ano 2013 establecense dúas novas liñas de acción para ESF Galicia:

1) Ampliase o territorio de traballo onde difundir tanto a metodoloxía de Planificación da Xestión Integral do Recurso Hídrico como o uso da aplicación gvSIG Fonsagua.
2) Se intensifican os procesos de desenvolvemento comunitario durante a execución dos proxectos de auga e saneamento.

¿Con que colaboración se conta para realizar o proxecto?
ESF Galicia conta con dos socios locais: a Mancomunidade NASMAR e AHJASA (Asociación Hondureña de Juntas Administradoras de Sistemas de Agua).

¿Qué actividades e obxectivos se propoñen?
As actividades realizadas en 2015 foron as seguintes, englobadas en 3 grupos de obxectivos: 

1. FORTALECEMENTO DAS CAPACIDADES LOCAIS E DA PARTICIPACIÓN COMUNITARIA PARA MELLORAR O ACCESO AO DEREITO A AUGA POTABLE E SANEAMENTO A TRAVÉS DA XESTIÓN INTEGRADA DO RECURSO HÍDRICO NOS 7 MUNICIPIOS DA MANCOMUNIDADE DE NASMAR.

Capacitouse ao persoal técnico municipal, membros de AHJASA, de NASMAR e de ESF en Xestión Integral do Recurso Hídrico (GIRH) durante o  mes de setembro do ano 2015.
Esta capacitación foi implementada a través de 3 xornadas presenciais onde desenvolvéronse temáticas sobre o uso do recurso hídrico e as características xerais dos sistemas de auga potable e saneamento.

A participación dos asistentes foi moi boa, a metade dos técnicos xa tiñan coñecementos sobre a temática pero a outra metade non a coñecían. Observouse gran interese en aprender, incluso nos técnicos que xa tiñan coñecemento sobre o tema. Como complemento, acondicionáronse os baños e establecéronse estruturas de protección dos aires acondicionados instalados durante a fase 1 do centro de capacitación de AHJASA, quedando deste xeito totalmente apto para novos eventos de formación.
Formación no GIRH

Formación de técnicos da universidade nacional  autónoma de honduras para a capacitación intensiva sobre a aplicación  gvSIG Fonsagua
Levouse a cabo a formación do persoal da UNAH (Universidade Autónoma de Honduras) durante 3 días no mes de novembro, coa participación de profesores/as e alumnos/as da Facultade de Ciencias Espaciais, do Instituto Hondureño de Ciencias da Auga e do Instituto Hondureño de Ciencias da Terra.
Formación da UNAH no gvSIG Fonsagua
Formación no uso de gvSIG Fonsagua ao persoal  técnico das 7 municipalidades da mancomundidade  nasmar e aos socios locais,
O equipo de formadores da UNAH capacitado anteriormente e a representante de Cartolab impartiron unha capacitación de gvSIG Fonsagua  nos meses de novembro e decembro ao persoal técnico municipal e aos socios locais para reforzar os coñecementos adquiridos na fase anterior do proxecto (en total 12 persoas dos municipios, 1 de AHJASA, 3 de NASMAR e 2 de ESF.
Formación de NASMAR no gvSIG Fonsagua
Traballouse na mellora do programa gvSIG-Fonsagua, partindo das necesidades identificadas de maneira conxunta co equipo técnico de NASMAR e o persoal técnico das municipalidades. Dende setembro ata decembro de 2015 se traballou para mellorar o proceso de introdución de datos na aplicación, coa mellora dos formularios e o emprego de ortofoto do municipio do Triunfo para facilitar a elaboración das alternativas.

Equipamento de laboratorio para o control da calidade  da auga.
Durante a segunda metade do ano 2015, coordinouse con persoal especializado para poder identificar o equipamento e material necesarios e  garantir un almacenamento do mesmo dun xeito seguro. Ademáis, adquiriuse  o uso dun espectrofotómetro para analizar os parámetros de calidade de auga.

Fortalecemento da Comisión Municipal de Auga Potable e saneamento (COMAS) en El Triunfo.
Reestructurouse a Xunta Directiva da COMAS, creada durante a o ano 2014, e impartiuse unha capacitación para os novos membros da xunta  sobre as funcións e obxectivos da COMAS. Un punto importante que a nova Xunta Directiva plantexou e co que se acadou resultados moi bos foi a recopilación de datos coa axuda de persoal médico para  determinar as enfermedades hídricas no municipio. A reestructuración da Xunta Directiva comezou en abril e rematou en decembro de 2015.

Capacitación e sensibilización sobre o enfoque de  xénero.
Contratouse a un equipo consultor formado por unha muller e un home, que realizaron un estudo sobre enfoque de xénero nas 7 municipalidades da Mancomunidade de NASMAR cun diagnóstico da participación das mulleres na toma de decisións e do porcentaxe de mulleres empregadas das municipalidades.
Por outro lado, capacitouse tamén aos socios locais de AHJASA, co mesmo equipo consultor e impartiuse 2 talleres dirigixido a mujeres para mellorar a autoestima e o liderazgo. A maioría das persoas participantes descoñecían os temas e o enfoque de xénero e mostraron interese en continuar co crecemento e afondamento no tema. 
Diagnóstico de xénero no Triunfo
Talleres de autoestima dirixido a mulleres

2. PROCESOS PARTICIPATIVOS DE DESENVOLVEMENTO COMUNITARIO EN MATERIA DE AUGA E SANEAMENTO EN COMUNIDADES RURAIS DO MUNICIPIO DE EL TRIUNFO. 
Elaboración de  plans comunitarios no municipio de  El Triunfo e  fortalecemento das Xuntas de Auga.
No primer ano levantáronse en 10 comunidades as fichas social e técnica, incluíndo a toma de puntos GPS, a identificación das fontes de auga e a medición do seu pH. As comunidades elexidas para elaborar os  plans comunitarios no municipio de El Triunfo, pola súa situación de urxencia de abastecemento de auga.  foron: Santa Teresa Centro, El Platanillo, El Porvenir, Las Bateas, Los Coyotes, Las Chácaras, Tierra Colorada, Soní, Las Casitas e Carao Arriba.

En todos os casos, tratouse de facer partícipes as mulleres e facilitar a súa incorporación ás xuntas directivas e aos cargos tradicionalmente ocupados por homes.

Comezouse tamén neste ano a capacitación ás comunidades e xuntas de auga en temas de organización, tarifas mensuais, control administrativo, regulamentos internos, inspección sanitaria, protección de fontes e plans de traballo. Ademais, deixáronse elixidos dous fontaneiros por comunidade. 

Capacitación das Xuntas de Auga en Santa Teresa
Módulos formativos para o fortalecemento de xuntas  de auga, incluíndo o enfoque de xénero.
Esta actividade dirixiuse a técnicos más especializados para conseguir o  certificado de Técnico/a en Administración, Operación e Mantemento de Sistemas de Auga. Foron formados 10 persoas con formación previa en perito mercantil (4 mulleres e 6 homes).
O programa de capacitación consta de 6 módulos, dos cales impartíronse ao longo de todo o ano 2015 os seguintes:
1. Fundamento Legal, no cal se analizou a Lei Marco do sector auga potable e saneamento.
2. Educación Sanitaria Hixiene e prevención.
3. Comunicación e incidencia para abordar a importancia da comunicación para lograr cambios na comunidade.

Levantamentos topográficos e elaboración dos deseños técnicos.
Realizouse o levantamento topográfico nos meses de novembro e decembro, capacitando ao persoal técnico e municipal no manexo de estación total,  nas comunidades de Varsovia e de Soní. 


3. FORTALECEMENTO DAS CAPACIDADES LOCAIS EN INNOVACIÓN EN TECNOLOXÍAS APROPIADAS PARA O ABASTECEMENTO DE AUGA E SANEAMENTO.

Instalación dun sistema de bombeo abastecido por  enerxía solar nas comunidades de Las Lajas-Zapotillo (Marcovia).
Leváronse a cabo tres visitas técnicas por parte da coordinadora da Mancomunidade de NASMAR, persoal técnico da municipalidade da Alcaldía de Marcovia e da persoa expatriada de ESF ás comunidades de Las Lajas e El Zapotillo, onde se vai instalar o sistema no segundo ano da fase 2.

Tamén conformouse unha comisión de enerxía onde participa o Departamento de Enxeñería Industrial da UDC, a Mancomunidade de NASMAR, ESF e a Facultade de Ciencias da Universidad Nacional Autónoma de Honduras (UNAH). 

Desenvolvemento de experiencias piloto de saneamento integral.
As persoas voluntarias de ESF no marco do Programa de Coñecemento da Realidade recopilaron información sobre tecnoloxías de saneamento integral que se adapten ao contexto e ás necesidades da poboación participante ao mesmo tempo que AHJASA  analizou o éxito das experiencias de saneamento levadas a cabo ata o momento.


Sistematización de experiencias piloto con tecnoloxías  adecuadas en abastecemento de auga e saneamento
Tomando de exemplo a experiencia dos contadores instalados en 2013 en San José de las Conchas (comunidades de Marcovia), definiuse co grupo de voluntariado de ESF de Proxectos de Cooperación Internacional de Auga e saneamento as temáticas da sistematización para a incorporación nun futuro de novos contadores.  



No hay comentarios: