CAPÍTULO 5. TEMPO DE LECER
Ben, despois de
dúas semanas de estar aquí, a verdade e que só podemos dicir que estamos encantados
con tódalas cousas que aquí estamos descubrindo. O primeiro que choca e que
parece imposible a priori, é que un pais que comparte lingua con nós, haxa
tantas palabras distintas e expresións tan propias que até a veces non
consigamos entendernos. E gracioso que moitas das palabras que para nós parecen
totalmente inofensivas e de uso diario, aquí te fagan parecer un obseso sexual,
moitas veces os propios catrachos non poden evitar esbozar un sorriso ó oírnos.
A verdade que a coñita do verbo coger xa parece a de “A pique el portaaviones”
de Los Simpsons. Continuamos a facer esforzo para introducir a palabra agarrar
e tomar en sitios que moitas veces aínda me rechía nos oídos, e xa notamos que
algunha expresión se nos vai adherindo de forma involuntaria ao noso uso,
facéndonos pensar a veces como puidemos vivir antes sen ela.
Como método de
inmersión, Vero e mais eu aquí no Triunfo tamén tratamos de almorzar (ollo,
aquí o almorzo e o xantar, e o xantar en Portugal e a cea, asi que como
moralexa non quededes pa comer cun catracho e un portugués á vez) algunhas das
miles de froitas que aquí existen, facer unha listaxe delas daría para escribir
outro blogue, pero algunhas das que probamos son as lichas, pequenas e un pouco
acedas, as guayabas, mais secas, mangos, aguacates, piña, nances (non nos
convenceron moito, aunque abundan moitísimos), semente de marañón
(anacardos)... etc etc. As froitas aquí teñen un sabor especialmente intenso, o
que moitas veces fai que che encante moito, ou te empalague pola cantidade de
azucre que conteñen.
Lichas
hondureñas
Durante a semana
na que tivemos a reunión coas copartes e as capacitacións con Mireia, tamén
tivemos un oco nunha noitiña para poder desfrutar das augas termais que brotan
do río en Nacaome. Un sitio verdadeiramente espectacular, nin sequera o pato
gardián das charcas conseguiu estragar, aínda que Danis nun momento de despiste
foi vítima das súas poderosas mandíbulas. Unha velada encantadora, na que case
cocemos como polos nalgunha das pozas (ríase vostede das termas de Ourense).
Nesa mesma fin de semana, puidemos disfrutar nunha escapada da artesanía de Lenca en La Arada, un pequeno pobiño ás beiras da panamericana, a poucos kilometros xa da fronteira con El Salvador. Alí, as mulleres lencas dan renda solta a todo o seu arte e o bon facer e deseñan todo tipo de artigos, usando exactamente os mesmos métodos e técnicas antigas. Cada peza é única e reflexa tanto as tradicións étnicas do lugar. Aquí vemos algúns exemplos.
Forno de Lenca
Tamén puidemos desfrutar
da primeira navegación pola ría, nunha das barcas de feito do expresidente de
Coddeffagolf. Facía aínda un sol de xustiza cando nos subimos a chalana, anque
como veremos, cambiaría ben o conto. A ruta transcorría polo medio das miles de
vexetacións de mangle que alí no golfo se atopaban, unha planta incrible, vida
de Asia, que conseguía crecer pese a alta salinidade do golfo. A marea mais ou
menos baixa permitíanos ver a parte de abaixo destas plantas desprovistas de
follaxe:
Logo da pequena
travesía chegamos a Praia do Amor, unha fermosa illa de area, onde o nivel da
auga, pese a esta subindo a marea, permitía o baño, sempre rodeados desa
fermosa vexetación por tódolos lados.
Tras isto,
poñémonos rumbo a Illa dos paxaros, xa o lonxe, esta illa apreciábase especial
respecto das outras do golfo, xa que se avistaba como un pequeno enxameo por
encima. Esta illa era usada ocupada de forma masiva por todo tipo de paxaros
(cormoráns, garzas, tijerillas, pelícanos, garcetas, avetorillos, espátulas
rosadas...), asentándose ata destruír a súa vexetación, polo que cambiaban a
outra, mentres esa se rexeneraba, e asi ciclamente por todo o golfo. Un
espectáculo natural incrible, entrar nesa illa e verse rodeado de miles de
paxaros (cos perigos que acarrexa esta acción, que llo pregunten a Vero e a
Mireia, que foron vítimas dun ataque bombardeiro).
E alí foi cando
aconteceu.. unha nube de cor negro coma o chamizo púxose rapidamente riba das
nosas cabezas. Descargaba raios que cruzaban o ceo e permanecían incluso
segundos sobre el. Aínda o dia anterior bromeábamos con Xabi sobre que nunha
tormenta ó mellor era estar no mar... pois alí nos atopábamos. O camiño de
volta antollouse inquietante, pero os lostrego poñían ante nós un espectáculo
de luces, que se quedara seguramente gravados nas retinas dos que alí
estabamos. Conseguimos chegar sans e salvo a costa, e refuxiámonos da auga nun
dos locais/restaurantes da praia. Incrible experiencia.
Ao terceiro finde
da nosa estancia aquí, por causas do destino, aos camiños do grupo Auga e do
grupo Agro dividíronse. Eu e Vero improvisamos unha fuxida a de fin de semana a
León Nicaragua, xa que Guillermo, o fillo dos nosos caseiros, estudiaba alí nas
fin de semanas. O madrugón foi prominente para marchar, xa que iamos para que
Guille entrase en clase, aínda era de noite cando cruzamos a fronteira.
Chegamos de maña cedo a León, e a verdade e que, pese a no ter bloques de
edificios nin rúas ultra anchas, xa daba sensación de estar nunha cidade ben
grande. Demos unha volta, acompañados dun guía e dunha parella española, e
coñecemos un pouco mais a historia revolucionaria da cidade, os levantamentos
sandinistas contra os gringos, as revoltas estudantís contra o goberno
somocista, e un pouco das culturas precolombinas e das tribus dos Sutiava.
Fíxonos especial gracia como as tribus facían mofa de forma moi picaresca dos
españois colonizadores a través das suas festas, e da adaptación das súas
costumes a relixión católica.
Tamén
aproveitamos para visitar un volcán!!! O Cerro Negro, un volcán de xuventude
nada común, xa que se erixiu no 1850 (e tempo xeolóxico, estamos falando de
hoxe mesmo) e segue activo, a última erupción foi no 1999. Unha experiencia
incrible, das que quizais só se fai unha vez na vida. Ademais que despois a
baixada sería tamén moi espectacular, xa que baixariamos cunha especie de
trineo polas lomas de gravilla do volcán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario