24 sept 2018

Encontros na IV Fase


Fortalecemento das capacidades municipais e de organizacións de base para a planificacion e xestión pùblica da calidade da compoñente agua e saneamento nos 7 municipios da Mancomunidade Nasmar, Honduras.

Nestes días comeza a execución da Fase 4 deste proxecto que conta coa axuda da Xunta de Galicia. Temos moitas ganas de arrancar as actividades e ir contando os avances.

Con quén se traballa?

ESF xunto coa UDC colabora con dúas contrapartes hondureñas, Nasmar e Ahjasa.
Nasmar é unha mancomunidadede 7 municipios do sur de Honduras.
Ahjasa é unha asociación sen ánimo de lucro de xuntas administradoras de sistemas de agua.

Para quén é o proxecto?

Son beneficiarios directos todo o persoal das 7 municipalidades que será capacitado e empoderado para mellorar a eficiencia no traballo e a mancomunidade Nasmar como institución. Tamén capacitaranse aos nenos/as e profesores de 35 centros educativos. Un total de 3915 persoas.

Como beneficiarios indirectos atópase toda a poboación dos 7 municipios da mancomunidade, 258378 persoas.


Qué obxectivos ten o proxecto?

Para acadar o obxectivo xeral, que é ampliar o acceso a auga potable e saneamento da poboación rural mediante a xestión integrada do recurso hídrico na rexión do Golfo de Fonseca, neste proxecto vaise traballar no fortalecemento das capacidades municipais e de organizacións de base para a planificación e xestión pública de calidade do compoñente auga e saneamento.

Cánto é o orzamento?

275.335,18 € dos que 225.000 € son subvención da Xunta de Galicia.

¿Qué actividades se realizarán?

  • Acompañamento aos equipos técnicos dos municipios para a apropiación das ferramentas de planificación, deseño, xestión e execución de proxectos de abastecemento de auga.
  • Elaboración de manual metodolóxico para o deseño, xestión e execución de proxectos de auga nas municipalidades.
  • Capacitacións temáticas para a comprensión do recurso auga a persoal técnico das municipalidades e mancomunidade Nasmar: calidade de auga, hidroxeoloxía, etc.
  • Formación experta en enerxía solar para bombeo a dúas persoas colaboradoras da Nasmar en proxectos de auga, e xeración de materiais básicos para o deseño de sistemas solares de bombeo.
  • Compatibilización das fases de traballo de campo e tratamento da información dos plans municipais e a aplicación Fonsagua.
  • Realización de propostas de integración da XIRH con enfoque de cunca e de xestión de calidade no planeamento e normativa municipais.
  • Transferencia de responsabilidades para o seguemento de actuacións do PXIRH á municipalidade e sociedade civil de El Triunfo.
  • Actividades de sensibilización en escolas e concurso de ideas sobre a xestión responsable do recurso auga.
  • Certificación de tećnicos comunitarios de Ahjasa para cada concello.
  • Xeración de ferramentas para transparencia e seguemento de resultados de proxectos de auga e saneamento.
  • Intercambio de experiencias de Xestión Integral do Recurso Hídrico con enfoque de cunca.
  • Fortalecemento administrativo-económico de Ahjasa.




No hay comentarios: