13 oct 2018

A cuña do Software Libre no Triunfo

Con Lester no lugar de traballo na alcaldía do Triunfo
Dentro das dificultades en forma de contratempos e imprevistos que xurdiron nas últimas semanas para planificar e executar actividades vou contar unha que xurdiu no día a día e que me fixo especial ilusión.

Unha das cousas que peor levo do traballo na alcaldía do Triunfo (tampouco é para tanto) é volver a traballar despois de varios anos con ordenadores con Windows. Non recordaba o que era a lentitude e a falta de «xogabilidade» dese sistema operativo. Unha vez que probas GNU-Linux, resulta difícil volver ó lado escuro.

É complicado ver eses ordenadores infectados, son un festival para toda a fauna de virus e maloswares habidos e por haber.

Fai un mes, o técnico que nos tutela na Alcaldía, acudiu a min para ver se lle podía recuperar os datos dunha memoria externa. Abrina, e soamente había unha sorte de arquivos con nomes extraños e formatos indefinibles. Nunca fixera tal cousa, pero dixenlle que sí e propúxenme a intentalo. Son cousas que non se poden facer en Windows. Escoiteille a alguén que un informático soamente pode ser un verdadeiro informático en GNU-Linux, e hai moita verdade niso.

Esa semana descubrín un programa desenrolado polo exército dos EEUU, Foremost, que se instala e se executa dende a terminal de Ubuntu. O funcionamento é sinxelo. Digamos que os arquivos que manexamos teñen un código escrito en binario, que os define, e cada formato comeza e remata por unha seríe de números concreto. O que fai o programa é ir directamente o código almacenado e ir identificando eses patróns, recuperando un por un todos os arquivos posibles.

Logo duns días, conseguín recuperar varios centos de arquivos daquela memoria, o que causou certa impresión entre as persoas coas que traballamos. Tanto, que logo había outra memoria e tamén un ordenador por recuperar. Esto deume pé a falar das bondades de GNU-Linux e tamén ser escoitado sobre o feito de que o verdadeiro virus dos ordenadores era Windows e tamén reflexionar sobre o difícil que é traballar co medo permanente a perder moreas de arquivos completos.

Creía que igual non debería facer eu o traballo de recuperación das memorias, posto que estou aquí por un tempo limitado e cando me fose o problema continuaría. Entón un dos rapaces que traballa na alcaldía, Lester, que conta con coñecementos de informática, mostrouse interesado en aprender o funcionamento de Linux e tamén o uso do programa Foremost. Fixenlle unha pequena explicación do funcionamento a axiña me entusiasmei polo seu interés.

Varios días despois fixenlle unha explicación máis completa sobre o uso e natureza do sistema e do software libre, ademáis de uso e código básico da terminal. Por problemas continuos na rede no puiden descargar a imaxe de linux para ensinarlle a instalación e deixar a semilla plantada nun dos ordenadores da alcaldía do Triunfo. Queda pouco tempo para intentalo pero polo pronto mostrar unha enorme satisfacción por ese comezo.

Seguimos!

1 comentario:

sergio dijo...

Que boa semente , Miño!