23 oct 2018

Formacións para a Fase IV

Os pasado días 18 e 19 de setembro participamos en dúas sesións formativas dadas ás nosas socias locais, NASMAR e Ahjasa.

O obxectivo principal era mellorar a nosa coordinación, sobre todo no que se refire o seguemento dos proxectos, principalmente da Fase IV do proxecto financiado pola Xunta de Galicia "Fortalecemento das capacidades locais para a planificación e xestión pública da auga nos 7 municipios da Mancomunidade Nasmar" e tamén mellorar a execución dos proxectos, integrando cada vez máis un enfoque cara a consecución dos resultados reflexados na formulación.
A formación foi na oficina de Enxeñería

O Xoves 18, foi a formación co persoal administrativo. Nesta sesión fíxose un repaso dos diferentes formatos que se van a empregar para facilitar o seguimento interno dos proxectos, centrándonos nos temas mais económicos e administrativos.

Venres 19 foi a formación os técnicos de AHJASA. Fíxose un repaso xeral das actividades que tería que facer Ahjasa no marco da Fase IV.

Principalmente serían actividades que teñen que ver coa mellora da participación das bases e recuperar a liña de incidencia da organización.

Todo isto debería quedar ben documentado, polo que se fixo outro repaso dos formatos a empregar para elaborar os informes de seguimento continuo da execución e tamén dos indicadores e das fontes de verificación que aparecen na formulación. Nesta sesión fíxose especial fincapé na importancia de facer unha programación e cronoloxía de actividades e un seguimento continuo

Tamén se falou de como mellorar a súa comunicación interna, para o que se crearán canles novos de comunicación vía móbil, coa facilitación de paquetes de internet para as persoas responsables desa comunicación. Ademáis, crearase unha base de datos con todas as persoas usuarias das diferentes Xuntas. Con isto esperase mellorar a comunicación, rendición de contas e o manexo da información.

Un dos resutados esperados na Fase IV, é o aumento da participación das mulleres un 10%, falamos de como se podería levar a cabo esa mellora, de xeitos adecuados de facer a medición así como e tamén sobre en que sentido se iría a mellorar dita participación.

Socialización no Municipio do Triunfo a que asistiron Xuntas de Agua . Foto: Diario El Triunfo
Falouse sobre a estabilidade económica, para o cal se fixo a proposta de realizar un plan de viabilidade, para o cal se conta coa axuda e capacitación de Enxeñería Sen Fronteiras nese sentido.


Xa por último, facer mención á primeira destas actividades, que tivo lugar no municipio do Triunfo o pasado venres 29 de Outubro. Convocouse aś comunidades, así como representantes das distintas institucións e diversos medios de comunicación.

No hay comentarios: