24 oct. 2008

ESTADO DE EMERXENCIA II

Hoxe e xoves, e a situación do tempo en Honduras comenza a millorar. A depresión tropical número 16, provocou grandes desperfectos no país. As áreas do occidente, foron seriamente afectadas polas cheas dos ríos, e a auga causou grandes desperfectos nos departamentos de Yoro, Cortés e Copán.
O Sur, non escapou desta depresión e houbo grandes estragos nos departamentos de Valle e Choluteca principalmente.
O número de damnificados polas choivas ascende xa a uns 200.000, con 26 falecidos, 6 desaparecidos e incuantificables perdas no campo e nas infraestructuras.
As estradas que unen os puntos máis importantes do país como San Pedro Sula con Tegucigalpa, ou esta co Sur, vírense seriamente afectadas, quedando cortadas ó tráfico algúns días.
Ante esta situación, decidimos poñernos en contacto coa alcaldia, ofrecendo dentro das nosas posibilidades, prestarlles axuda no que fose preciso.
Da reunión con Flor ( a coordinadora do departamento de xuventude e nenez), puidemos sacar unhas conclusións do que acontecía.

Ramal do Río Choluteca. Na área de Marcovia

A situación en Marcovia tornouse bastante preocupante. A día de onte, as estimacións de personas afectadas elevábase xa, a 12.000, cunha ampla cantidade de comunidades asolagadas, sobre todo nas áreas máis chans, preto do mar e da desembocadura do Choluteca.
Marcovia, está considerada unha das zonas máis vulnerables do país, e decretouse o estado de emerxencia. Ante esta situación ( e no contexto dunhas inminentes eleccións) o Presidente da República, Manuel Zelaya Rosales, e o presidente do congreso ( e actual candidato, Micheletti), acercáronse ó municipio, ca idea de veres en primeira persona ós afectados. A reunión na alcaldía durou aproximadamente unha hora escasa, dirixíndose posteriormente a unha visita ás comunidades.

Alcaldía de Marcovia


No tocante ó noso proxecto, segundo os datos recollidos por COPECO e polo CODEM, o número de vivendas afectadas en La Majada, sería dunhas 45 dun total de 45, e a día de onte permanecía illada.

Situación dos municipios de Marcovia o mercores 22 deOctubre


Ante esta situación a presentación do proxecto, que se iba a facer o martes 21, quedou posposta ata que a situación meteorolóxica millore.


Xavier.

No hay comentarios: