23 oct. 2008

A TERRA DOS ALLOS (primeira semana)

Ola dende a “Terra dos Allos” coma eu lle chamo a Choluteca. Cal é a razón de semellante nome?, pois ben penso que o de “La Sultana del Sur”(sobrenome que ten a cidade) é un pouco emperifollado para esta cidade, e o de terra dos allos vai máis co carácter local.
A verdade e que a xente do Sur, ten un forma de ser ben distinta da que eu pensaba que tería a xente de climas cálidos, e ceedeme que este o é. Son boa xente pero, nn na primeira toma de contacto, son bastante secos, e distantes polo que relacionarse con eles supón un esforzo non sempre recompensado, por iso o de allos, máis non sería xusto decir que unha vez que collen confianza aparece xente encantadora, coma moitos dos menbros das contrapartes tanto Save, coma a municipalidade de Marcovia.
Allén do carácter da xente, esta é unha terra fermosa, que cas cheas de auga destes dias loce verde, coma unha Galicia cuns infernais 30 grados constantes.
Estas semanas de chegada aquí, pasáronseme rapidísimo, coñecendo ás contrapartes, visitando Marcovia, traballando na oficina..., e porque non dicilo viaxando na fin de semana.
E nada máis desde este anaco do mundo, un saudo e prometo contarvos máis cousas máis acotío. A todo isto non me presentei, para quen non tedes ó corrente son Xavier e son o PCR de ESF-G.



4 comentarios:

Carmen dijo...

Eyy!! Al fin en el blog!! Esperamos leeros mucho, tanto a ti Xavi como a Mire.
Bicos
Carmen

Patricia Iglesias dijo...

aihsss! tardastes pero por fin dades señais de vida!! que as PCR's de Nica lévanvos ventaxa nesto do blog!

Sabela dijo...

Por favor, queremos ver como é esa terra dos allos, que as palabras están ben, pero unha imaxe vale máis...jejeje
Por certo, ESF, a ver se facedes o favor de invitar a Xavi, que moito contrato e esixencias e o pobre ten que publicar co nome de Mire,eh?
Bicos das PCRs Nicas
(en proceso de vertebración)

Marta Sara dijo...

Ey, cuántas entradas de repente! Qué guay!