23 oct 2008

O QUE PUIDO SER E NON FOI (segunda semana)

A vida transcurre tranquila neste anaco do mundo, ainda que con bastante traballo, pois esta semana comeza a capacitación de Autocad en Marcovia, e vouna a dar eu, polo que estou relativamente nervioso; pois non é o mesmo utilizalo que explicalo.
Para que esto fose máis fácil fixemos un pequeño texto cos coñecementos básicos e imoslle entregar iso xunto cun manual completo nun CD.
A idea é facelo o máis interactivo que poidamos, pero sinceramente é un tema un pouco árido, asi que, como eles non estén moi apaixonados non sei eu... Pero todo vai sair ben, seguro!!.
A maiores disto estamos preparando os indicadores e as boletas (como lle cahaman aquí ós formularios das enquisas) para o proxecto da liña base de La Majada, que mañán imos ir visitar pois presentarase o proxecto á comunidade.

Xavier.

No hay comentarios: