7 nov. 2008

POR FIN NAS COMUNIDADES



Parecía imposible, pero ó final sucedeu, despois de moitos impedimentos climatolóxicos, estiven esta semana na comunidade de La Majada, e foi unha experiencia incrible. Durmín na casa do xefe do patronato, que ten unha familia encantadora, e tratáronme moi ben , por non falar da comida que estaba boísima jajaja.
O traballo realizado foi o de cubrires cada unha das 43 boletas das casas sque forman parte da comunidade, familia por familia, para deste xeito teres unha impresión do seu estado actual e asi poder comparar nun futuro, de onde partíamos e onde estamos.
Hai que dicir, que son unha comunidade moi voluntariosa, que xa se puxo mans a obra para a realización do proxecto.Teñen moitas ganas e están moi motivados, cousa que é realmente importante, e polo que me contaron xente da alcaldía non tan habitual como un pensaría.
Esta semana que ven irei con Save the Children a San Francisco de Coray, a outra municipalidade ca que traballamos para ver como son os seus proxectos na zona.

PRESENTACIÓN DO PROXECTO NO KINDER DE LA MAJADA



A MIÑA CASA



A COMUNIDADE EMPEZANDO A TRABALLAR



VISTAS DE LA MAJADA DESDE O EMPLAZAMENTO DO DEPÓSITO

FOTO DE GRUPO XUNTO O DEPOSITO


2 comentarios:

Lara dijo...

E unha fotiño non tés??
Bicos

Sabela dijo...

Cutre, pero cutre cutre!
Deixámosche a viaxe a Amapala para que a comentes ti, aínda que nós teñamos o material comprometedor...
Esmérate ou aseguramos que "che doerá estar vivo sen ternos ó teu lado, amor"
Nicas