25 nov 2008
TODO O BO REMATA
Pois sen morriña ningunha, pero con algo de pena, esta viaxe remata, mañá iremos para Tegucigalpa á tarde e pola mañá do xoves empeza a miña volta o mundo ata chegares o venres pola tarde noite á Galicia.
Foi unha experiencia incrible a tódolos niveis, desde convivir con Mireia, que foi xenial ( non llo digades jajajjaa, ela non le o blog jajajajaja), viaxar cas nenas, Sabela e Raquel e o noso colega vasco Iñigo, vivir nas comunidades que foi incrible porque sempre me tocou xente que me fixo sentir un máis, e ata do asqueroso traballo de oficina do que aprendin moito, todo sexa dito. Como experiencia o Pcr, é unha pasada, permiteche darte conta de moitas cousas, e se somos sinceiros non todas boas, pero podes ver como é o mundo da cooperación in situ cas suas virtudes e defectos, e cas suas dificultades, que realmente son moitas.
Simplemente dicir que moitas gracias por esta oportunidade, e vémosnos en Galicia.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario