25 nov 2008

MARCOVIA vs CORAY


IGREXA MARCOVIA IGREXA CORAY

Nesta entrada, vou intentar explicar certas diferencias entre as duas municipalidades cas que traballamos, ca intención de que unha vez exposto isto, a xente poida entender a distinta realidade da duas zonas.

Antes de todo anotar unha realidade ben distinta á de España, que é que a municipalidade en Honduras ten unha importancia moito maior, pois ante a debilidade dos gobernos centrais, e a nula funcionalidade da organización departamental, que non ten prácticamente autonomía algunha, a maior parte das responsabilidades caen no concello, que ten que facer fronte a servicios de todo tipo, desde pagar mestres nos Kinders ( como lle chaman os hondureños ás garderías), ata mantemento e creación de novos viais.

Marcovia, é un concello costeiro no Golfo de Fonseca, no departamento de Choluteca, sendo o segundo máis desenvolto despois da cabeceira departamental (Choluteca). Isto é debido a que nela aséntanse importantes industrias para a rexión, como azucareiras, meloneiras e camaroneiras. Isto permite contar con máis posibilidades de emprego, e ca consecuente millora na economía dos seus habitantes. Ante todo dicir que non é para nada unha zona rica, pero sí posue unha millor economía, se se lle compara con municipios próximos.

Todo isto é favorecido por unhas terras aptas para a producción de cana, e con boas comunicacións co resto do país, e con nacións colidantes, como son El Salvador e Nicaragua, a través da Panamericana. O concello sitúase nunha ampla planicie que permite tamén a gandería pero que fai que sexa vulnerable ás cheas do río Choluteca, provocando grandes asolgamentos na época de choivas feacendo que moitas comunidades perdan todo, cada poucos anos.

Demográficamente ten duas Vilas importantes, a cabeceira municipal, do mesmo nome que o municipio, e Monjarás, unha aldea maior que Marcovia, e con tamén máis actividade comercial e económica, sendo o núcleo máis importante no concello tanto a nivel demográfico coma económico e de servicios. Tamén se pode destacar unha pequena aldea, Cedeño, porto pesqueiro de baixura e cun potencial turístico a nivel local debido as súas praias que dan ó Pacífico.

San Francisco de Coray sitúase no departamento de Valle, a unha hora de Nacaome, capital departamental, e a dúas de San Lorenzo, cidade turística e portuaria, pois posúe o único porto ( de carga) que da ó Pacífico en Honduras.

As comunicacións son complicadas, e mentras en Marcovia os principias viais do municipio están asfaltados, en Coray a realidade é ben distinta, xa que ata a estrada principal é unha pista de terra, e a moitas comunidades non se pode acceder con coche pois non hai estradas que cheguen ata elas, sendo unha delas La Faja, onde para accederes ás casas hai que percorrer media hora de camiño a pé.

Todo isto da lugar a unha economía sustentada no campo e na gandería, nunha zona moi montañosa e pouco productiva, de hermoso paisaxe pero complicado acceso.

ALCALDIA MARCOVIA ALCALDIA CORA


MARCOVIA CA CHEA DO CHOLUTECA E NA ACTUALIDADE

3 comentarios:

Carmen dijo...

Gracias Xavi por facernos ver a realidade de Marcovia e Coray,...

Anónimo dijo...

top [url=http://www.c-online-casino.co.uk/]uk casino online[/url] hinder the latest [url=http://www.casinolasvegass.com/]online casinos[/url] free no store hand-out at the leading [url=http://www.baywatchcasino.com/]casino
[/url].

Anónimo dijo...

CLEUNG Custom website is skilled custom website agency that generates supreb stickers, highly effective corporation answers, coupled with attraction marketing for our owner 覺nternet sites. http://www.vancouverwebdesignseo.com/