25 nov 2008

VISITA A SAN FRANCISCO DE CORAY


NENAS EN LAS FAJAS

Ó final, tamén puiden ir a Coray, o outro concello onde ESF vai a traballar. Alí cos técnicos da nosa contraparte ( Save the Children Honduras), Marvin e Nelson, percorrín varios dos proxectos que están a realizares no lugar.

O primeiro día visitei Quebrada Grande, esta comunidade sitúase no concello veciño de Langue, próximo á fronteira con el Salvador e co departamento de Francisco Morazán.
Esta é unha zona moi apartada, cuns camiños en moi mal estado perdidos entre as montañas, facendo que sexa unha área moi vulnerable ós asaltos, os poucos vehículos que circulan por eses lares.

Alí coñecín a unha familia que posuía un pequeno negocio, unha pulpería, que é como se lle denomina en Honduras ós ultramarinos. Esta pequena tenda supón unha millora moi grande na comunidade pois permite que a xente se abasteza de productos básicos sen terse que desprazarse a pé varias horas ata a capital do concello. Esa familia ensinoume un muiño, no que a xente moe o millo verde, producto moi empregado na gastronomía local para faceres pratos como as guirilas ( unha especie de tortillas), o atol (parecido a un iogur pero feito do “leite” do millo), etc...

A seguinte xornada xa me asentéi na casa do señor Don Justo, unha familia de Coray que me tratou coma un máis. Desde alí despraceime con Nelson a Montecristo II, unha comunidade a unha hora en coche de San Francisco, onde Save está a faceres unha importante labor a favor da nenez, creando grupos de formación de nais, nas que levan un seguemento do peso e saude dos cativos, ó mesmo tempo que se lles capacita as nais sobre conceptos básicos de saude e nutrición, para que asi os seus fillos sufran menos enfermidades vencelladas á mala alimentación, e falta de hixiene.

Noutra das xornadas, fumos ata Las Fajas, comunidade a case duas horas en coche desde San Francisco perdida da man de Deus, onde puiden ver como Save, asesora ós labregos en tarefas do campo. Neste caso Lito, quería plantares unha leira de chile bravo, e Marvin, técnico da contraparte, asesorouno e axudoulle a conseguires un sistema por goteo, para sacares un maior rendemento á súa producción.

E máis nada, só dicir que foi unha experiencia incrible, onde coñecín a xente moi boa, que me fixo sentir un máis.


MARVIN E NELSON, OS TÉCNICOS DE SAVE, ENSINANDO PARA
A REALIZACIÓN DUN SISTEMA DE REGO POR GOTEO

PESO DE CATIVOS NA COMUNIDADE DE MONTECRISTO 2

ELMER E ELDER NUNHA FOTO SACADA POLO SEU PRIMO.
DIXERONME QUE A ENSINASE JAJAJAJA


LITO SUBE OS TUBOS PARA O CAMPO DE REGO EN LAS FAJAS

MONTES EN LANGUE

MUIÑO DE MILLO VERDE EN QUEBRADA GRANDE,
LANGUE

No hay comentarios: