19 sept. 2011

Encontro dos PCR en Tegucigalpa

Tras viaxes de:

1+11+2+retrasos= 16 horas

e

2+10+noite en Atlanta+4= 28 horas

os novos PCR de ESF en Honduras coñecéronse por fin en Tegucigalpa o venres 16 de setembro recollidos-orientados por Víctor Penas, expatriado que acolle por primeira vez no país aos tres bolseiros dos Proxectos de Coñecemento da Realidade.




Tegucigalpa, cidade construída entre montañas e habitada por máis de 1.250.000 habitantes, foi o noso primeiro punto de encontro. Entre a desorientación e todos os tipos de cambios que vivimos en poucas horas as nosas impresións varían:

VÍCTOR: A min sorprendeume chegar ás 10 da noite a Tegus e ver unha cidade tan baleira e diferente ao que estamos afeitos a ver no noso país.

ALICIA: Pois nós que chegamos durante o día atopámonos con todo o contrario, un lugar moi bullicioso.

ERIC: Era un caos completo.

VÍCTOR: Si, é verdade, ao día seguinte xa de día coñecín unha cidade moi distinta.

ERIC: Era gracioso escoitar aos oradores polas rúas durante horas e horas predicando.


En Tegucigalpa atopámonos cunha lingua algo máis diferente do que nos imaxinamos, unha capital chea de xente que só se fixaba en nós “os gringos”, un militar en cada esquina, un centro cheo de establecementos “fast food”, karaokes, ruidos de carros, ruidos de xente, música a todo volume nas tendas e nos bares.

Sentímonos no medio dunha cultura moi hospitalaria, repleta de rapaces e rapazas que, polo feito de ser brancos, nos berran “What’s up man!” aínda que lles saudemos en castelán. Definitivamente, somos os “cheles” e a “chela” do Golfo de Fonseca. E de momento, ata aquí podemos ler.

8 comentarios:

Patricia Iglesias dijo...

empeza a inmersión :-) sorte rapaces e rapaza!!!! que só vos quedan 2 meses de aventuras...

Ricardo dijo...

Me encanta!!

Pasaroslo genial, y hacer todo lo que podais!

y si quereis casa en porto alegre...

Sergio dijo...

Como dixo o outro, saíde aí e divertídevos!

iñaki romero fernández de larrea dijo...

menudas pintas de no saber ni donde estás. y falas el galego que da gusto. un abrazo eric

Sabela dijo...

Qué bien tener noticias tan pronto!! Disfrutad de la experiencia, os leemos encantados :)

maria dijo...

Como me gusta a entrada!!
disfrutade e seguide informándonos!!
bicos

Maruxa dijo...

Que guai!! Disfrutade e contádenolo! :)

tomás bande dijo...

Que bueno!! Ahora disfrutadlo...