Hoxe fixen unha visita á comunidade de La Lucha con motivo dunha reunión de carácter administrativo da súa Junta de Agua, na que os seus membros ían facendo un reconto dos pagos e impagos dos diferentes usuarios. Falando co seu fontaneiro do sistema de abastecemento da comunidade, este amosoume na súa casa algo do que oíra falar pero que nunca vira directamente e que seguro que moitos xa coñecedes: un biofiltro.
Este biofiltro é básicamente un recipiente prismático de cemento no que se verte pola súa parte superior auga procedente da pila. Esta auga atópase en primeiro lugar cunha tea que retén as partículas de maior tamaño e logo cunha serie de capas de áridos que reteñen as impurezas máis finas, de xeito que a auga sae finalmente por un cano lista para a súa inxesta, aínda que previamente tratada con algo de cloro.
Este home falábame moi agradecido e orgulloso deste gran invento. E asegurábame que dende que este biofiltro chegou á súa casa os seus rapaces non tiveron que acudir máis ao médico por problemas derivados da inxesta de auga en mal estado.
Este aparello costoulle 150 dólares. Comentábame extrañado como había xente da súa comunidade que prefería non invertir nel e mercar diariamente bolsiñas de auga mineral de medio litro e custo un lempira para beber. Certo é que 150 $ son moitos cartos para eles, pero é que o biofiltro ten unha vida útil de 20 anos! (e se favorece o comercio local porque se fabrica en Choluteca). Por todo isto é importante coñecer ben este invento e dalo a coñecer o máximo posible.
1 comentario:
Un problema que se suele dar es que hay dificultades en pensar a medio plazo, tanto por visión, como por falta de recursos para, digamos, invertir 150 dólares de un golpe en esta tecnología (y en cambio sí irse gastando poco a poco dinero en agua purificada cuando les va haciendo falta...).
Publicar un comentario