O presidente da república de Honduras, Porfirio Lobo, comunicou que os únicos datos oficiais a ter en conta eran os emitidos por COPECO (Comisión Permanente de Continxencia). Tras unha reunión de coordinación do equipo técnico, directivo e administrativo de CODDEFFAGOLF acordouse que, para conseguir fondos das institucións internacionais era preciso contar con datos firmados e valados por COPECO. Deste xeito, o noso labor de onte consistiu en axudar a tomar datos sobre a poboación afectada que está realoxada nos albergues e conseguir o selo de COPECO.
Hoxe, en colaboración constante coas autoridades encargadas de coordinar as doazóns, volvemos á alcaldía de Marcovia e Nacaome para levarlles paquetes de auga e comida. Calcúlase que isto será necesario como mínimo durante toda esta semana.
Alicia
O esforzo retórico que tivemos que facer para adaptarnos á linguaxe hondureña estase a converter nun pesadelo de papeis, burocracias e discursos no que o único importante é incluír as palabras “transparencia” e “axuda”. Emerxencia, si; pero a modiño. E o peor aínda está por vir cando se levante o estado de alerta e a xente empece a volver a unhas casas destruídas, con pozos contaminados, con riscos de epidemia e sen cartos cos que alimentarse.
Eric
Parece increíble que en un lugar aún con el recuerdo vivo de la tragedia sufrida hace 12 años, no se hayan podido adoptar decisiones burocráticas que propicien mejores servicios ante situaciones de emergencia como la actual. La aparente movilización institucional pretende camuflar todas las necesidades y deficiencias que esperamos no salgan a relucir pero que presumiblemente lo haran en cuestión de días.
VíctorDespois de cinco días de inundacións todavía existen comunidades como a de El Botadero que, dado que as casas e campos están totalmente anegados, teñen a toda a súa poboación vivindo permanentemente na estrada, agardando a chegada de auga, comida, kits de hixiene, menciñas e roupa. Alí seguen de pé, deambulando, á intemperie, con sede e fame. Imaxinádevos este panorama de noite e en medio da tormenta...
No hay comentarios:
Publicar un comentario