17 oct 2011

"Se llenó"

"Está todo llenito, llenito", "se llenó, se llenó hasta la cocina" foron as frases máis escoitadas durante a nosa estancia nas comunidades. A chuvia que comenzou a caer con forza na noite do luns 10 de outubro ía subindo diariamente o nivel freático.



A chuvia acompañounos ao longo da nosa semana nas comunidades de Pueblo Nuevo, Tres de Febrero e La Calleja. Unha chuvia que se converteu, segundo denominacións oficiais, nunha Tormenta Extra Tropical que está a afectar actualmente ao 95% do Municipio de Marcovia e a algunhas comunidades dos departamentos de Valle e Choluteca. Vivimos o “antes” e agora estamos en pleno “despois”, que se prolongará varias semanas. Perdémonos o “durante”, cando os organismos de primeira resposta coordinados por COPECO (Comisión Permanente de Continxencias), os Comités de Emerxencia Municipal (CODEM) e CODDEFFAGOLF iniciaron as primeiras accións de evacuación e subministro de alimentos.


Segundo as informacións proporcionadas por COPECO ás 15:00 horas da tarde de onte, rexistrábanse unhas cifras de:

- 13 persoas mortas
- 31.000 persoas damnificadas
- 7.057 persoas albergadas
- 1.012 persoas evacuadas
- 2.058 vivendas afectadas
- 60 casas destruídas



O informe elaborado por CODDEFFAGOLF o pasado venres 14 de outubro, expón que a situación está a afectar (e afectará) ás fontes de ingresos das familias (pesca artesanal, comercio, agricultura, hostalería, turismo e traballo por xornada); o que, dende o Comité para a Defensa e Desenvolvemento da Flora e Fauna do Golfo de Fonseca, traducen como unha crise na seguridade alimentaria da zona xa que estamos a falar de traballadores de subsistencia que viven do que producen no seu día a día.


Ante esta situación evidentemente as nosas actividades e cronogramas vanse ver modificados. Imos intentar formar parte dos equipos de emerxencia de CODDEFFAGOLF e da Alcaldía de Marcovia e informaremos diariamente neste blogue da evolución da situación.



Para máis información:

Comisión Permanente de Contingencias

Comité para la Defensa y Desarrollo de la Flora y Fauna del Golfo de Fonseca

El Heraldo de Honduras


La Tribuna de Honduras

4 comentarios:

Patricia Iglesias dijo...

Animo xentiña! e a coidarse!

Paola dijo...

Cuidaros y cuando podáis hablad con vuestras familias aquí para que se queden tranquilas.
Ánimo!!

adri c. dijo...

Moitos ánimos xente, e andadevos con coidado!

Jorge López Fernández dijo...

Pensaba que no hubo fallecidos. :-(
Ánimo a todos los hondureños y a nuestros expatriados!!