22 abr 2013

Seguimos coñecendo a comunidade de Monjarás e como xestionan a auga


Neste proxecto de fortalecemento de capacidades da Alcaldía de Marcovia para a xestión integral do recurso hídrico que apoia o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, continuouse co levantamento de datos en Monjarás, e completouse este levantamento a maiores do que se levaba para catro barrios máis:
  • Buenos Aires, 
  • La Esperanza, 
  • La Reserva y 
  • San José. 




Faltan doce barrios por levantar. Os datos obtidos das fichas de campo estanse a volcar nunha fase inicial nunha folla de cálculo, co fin de facilitar a posterior entrada de datos en gVSIG- FONSAGUA e a utilización destes para outras xestións da Alcaldía. Empezaráse a introducir datos no gvSIG-FONSAGUA a mediados de abril.

Estase a elaborar o convenio de colaboración entre CARTOLAB, a UNAH (Universidad Nacional Autónoma de Honduras), a Alcaldía de Marcovia e ESF Galicia, para establecer os termos de referencia para as capacitacións e asesoría en gvSIG-FONSAGUA. Prevese que para inicios de maio se comece coas actividades de capacitación.
Así mesmo, elaborouse unha ficha para identificar as necesidades de formación en ferramentas ofimáticas, co fin de establecer tamén un calendario para as formacións incluídas na actividade T.1.3: Obradoiros cos técnicos sobre o uso de ferramentas ofimáticas, impartidos por ESF (onde ademais de ferramentas sobre programas privativos máis usados, se tratará de promover programas de software libre pouco a pouco...). 
 
Por outra banda, a coordinadora do proxecto na Alcaldía, e a técnica expatriada de ESF asistiron a II Feria de Manejo Comunitario del Agua y Saneamiento en Granada (Nicaragua), onde se trataron diversos temas relacionados coa xestión da auga e saneamento: asociatividade como estratexia na xestión eficiente e sostible; tranparencia, rendición de cuentas e integridade; gobernanza participativa e dereito humán a auga; adaptación ó cambio climático. Aquí se pode ver a primeira parte e a segunda parte da crónica do que se falou na feira.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Hi there would you mind letting me know which hosting company you're using? I've
loaded your blog in 3 completely different browsers and I must say this blog loads a lot quicker then most.
Can you suggest a good hosting provider at a honest price?

Thank you, I appreciate it!

my webpage; waist to height ratio ranges