15 may 2013

Proyecto Fortalecimiento en Municipalidad de Marcovia (Fondo Gallego). Mayo 2013.


Actividades que foron desenvolvidas polo proxecto no último mes:
Continuouse co levantamento de datos en Monjarás, e completouse este levantamento para todos os barrios excepto un. Xa están todos os datos dixitados en follas de cálculo, e comezáronse a introducir na aplicación gvSIG Fonsagua. 
Por razóns de loxística, acordouse facer as capacitacións presenciais de gvSIG Fonsagua impartidas pola UNAH na segunda quincena de xullo. Sen embargo, ata esa data, o persoal da Alcaldía recibirá acompañamento técnico a distancia  por parte de Cartolab, vía teleconferencia e e-mail
O persoal da Alcaldía reuniuse coas dúas Xuntas de Auga existentes na comunidade co fin de socializar o proxecto e identificar os seus problemas actuais. Unha das Xuntas de auga coordina o abastecemento de auga de sete barrios (Independiente, Sinai, La Reserva, Buenos Aires, Fonseca, Porvenir, Cedeño II) e a outra de dous (Pacífico e Cedeño I). Deste xeito fíxose un seguimento das Xuntas, recopilando datos como: tipos de pozos, número de aboados, antigüidade, problemas administrativos e de funcionamento dos sistemas. A Alcaldía seguirá levando a cabo tarefas de capacitación e apoio a estas Xuntas de Auga. 
Así mesmo, levouse a cabo unha reunión por teleconferencia co grupo de voluntarias/os de Galicia para o seguimento técnico do proxecto.
Desaxuste no cronograma

Non hai novos desaxustes no cronograma. 
 LEVANTAMIENTO DE DATOS CON GPS EN TANQUE DE DISTRIBUCIÓN

  LEVANTAMIENTO DE DATOS CON GPS POZO CEDEÑO

REUNIÓN JUNTA DE AGUA EN LA ALCALDÍA

REUNIÓN JUNTA DE AGUA EN LA ALCALDÍA

REUNIÓN JUNTA DE AGUA EN LA ALCALDÍA

No hay comentarios: