Dentro do proxecto que o Fondo Galego de Cooperación apoia en Marcovia, e xa a piques de rematar, en xuño e xullo na introducción de case todos os datos no gvSIG Fonsagua, e se
está a proceder ao análise de datos e elaboración do informe final
para a súa presentación á comunidade.
Realizáronse as capacitacións presenciais de gvSIG e gvSIG
Fonsagua impartidas pola UNAH durante a terceira semana de xullo.
Ademais do gvSIG Fonsagua, déronse nocións sobre gvSIG e os seus
usos potenciais na Alcaldía. Nos próximos días, o Alcalde e os
técnicos da UNAH reuniranse para o posible establecemento dun
proxecto de vinculación entre Universidade e Alcaldía.
Tamén nos próximos días levaranse a cabo as capacitación en
software libre e ofimática, a cargo dun voluntario de ESF Galicia
que se encontra na zona no marco do Programa
de Coñecemento da Realidade. Este voluntario encargarase tamén
de dar seguimento e difusión ao proxecto, mediante publicacións
periódicas no blogue de
ESF en Honduras nos meses de xuño, agosto e setembro.
Ademais, como actividade
complementaria, levouse a cabo, en coordinación coa Secretaría de
Saúde e outra ONG que actúa na zona, unha campaña de fumigación e
abatización para controlar
o mosquito do dengue, que
cría en lugares onde se acumula a auga, e está a causar graves
danos na poboación nestes momentos.
Fumigación contra o dengue
Formación en gvSIG Fonsagua e Sistemas de Información Xeográfica
No hay comentarios:
Publicar un comentario