Proxecto: Fortalecemento das capacidades locais para
mellorar o acceso ao dereito a auga potable e saneamento a través da xestión
integrada do recurso hídrico, nos 7 municipios da mancomunidade NASMAR, HondurasSocio local: Mancomunidad de NASMAR
Financiado por: Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
Financiado por: Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
Antes do inicio das actividades do proxecto foi asinado en decembro o Convenio
do proxecto na sesión mensual que manteñen os Alcaldes da Mancomunidade de
NASMAR. Nesta mesma sesión foi socializado o proxecto cos Alcaldes Municipais e
todo o equipo técnico que intervirá na acción, os cales se mostraron moi
motivados coas actividades planificadas.
Este proxecto enmárcase nun programa deseñado por ESF Galicia, a
Mancomunidade de NASMAR e AHJASA, do que xa foi executada a primeira fase
durante o ano 2014, coa financiación de Cooperación Galega da Xunta de Galicia. Coas actividades
deste proxecto búscase complementar e ampliar as accións xa iniciadas na fase
1. Deste xeito, a actividade A.1.2.1. Capacitación do persoal técnico da
Alcaldía no levantamento de información e elaboración PXIRH, desenvolveuse
durante o mes de xaneiro, como continuación do fortalecemento iniciado durante
o 2014. Así mesmo, gracias á optimización dos recursos do proxecto financiado
pola Xunta de Galicia e ás aportacións feitas pola Mancomunidade e a Alcaldía
de El Triunfo, levantouse información de máis comunidades das que foron previstas
inicialmente, incluídas ás comunidades de Mercedes del Perico e Río Grande nº1,
as cales estaban contempladas no presente proxecto. É por isto que estanse a
seleccionar dúas novas comunidades para continuar o proceso de elaboración do
Plan Director en Agua e Saneamento do municipio de El Triunfo. A selección das
comunidades estará definida pola súa situación de maior urxencia en canto a
abastecemento de auga e saneamento.
Outros enlaces vinculados ao proxecto:
- http://esfhonduras.blogspot.com.es/2014/12/navidades-en-honduras.html
- http://esfhonduras.blogspot.com.es/2014/12/convenio-de-cooperacion-fondo-galego-esf.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario