27 may 2015

VISITA Á MISIÓN BIOLÓXICA DO GRUPO AGRO


Dentro do marco do proxecto europeo Fortalecimiento de la organización, alianzas y la producción agropecuaria de grupos campesinos para mejorar la seguridad alimentaria (SA) en los municipios de Nacaome y San Lorenzo, Honduras, o grupo Agro visitou este luns as instalacións do centro de investigación Misión Biolóxica de Galicia, pertencente ao CSIC.

Ainda que sempre é un pracer visitalo pazo no que se instala o centro, a escusa real desta visita foi a estancia durante o mes de maio de Roger, coordinador de proxectos da nosa coparte Hondureña, CODDEFFAGOLF. O grupo quixo coñecer de cerca a misión na Misión de Roger. A visita do técnico hondureño enmárcase dentro da actividade “Mejora genética de variedades”.
O grupo puido asistir aos primeiros ensaios de xerminación das sementes de millo criolla recén chegadas de Honduras. Estas sementes foron seleccionadas polos propios campesiños hondureños, baixo a supervisión de Ely, técnico de CODDEFFAGOLF formado no mesmo centro no ano 2013. Neste caso a estancia de Ely foi finanacida pola Xunta de Galicia no marco doutro proxecto complementario de ESF.
Roger está participando durante este mes na avaliación do material xenético seleccionado. Entre outros factores a avaliar, está a resistencia das sementes á sequía. Lorena, fisióloga contratada polo Centro para este traballo, explicounos esta metodoloxía e Pedro Revilla, director do Centro, fíxonos unha visita guiada polas instalacións do Centro. Agradecerlles o seu tempo e o seu interese polo traballo de ESF.

A visita terminou cunha pequena xuntanza do grupo con Roger no emblemático arboreto do Pazo. Aproveitamos para que nos contase as súas impresións do noso país e para planificar as súas últimas actividades co grupo Agro: visita á sede da Coruña, entrevista coa Coordinadora galega de ONG, entrevista co CETMAR,...

O fin da reunión descubrimos que Álvaro, voluntario veterano de ESF, é un apasionado e gran coñecedor do patrimonio arquitectónico galego. Foi fácil convencelo para que nos organizarse unha visita guiada para a próxima reunión bimensual do grupo Agro... 




Café coloquio no medio da visita
A capilla do Pazo
Singular hórreo situado na finca 
Explicación da distribución da finca dende a sombra do hórreo
Conversando e aprendendo
Biblioteca do centro con exemplares centenarios do propio pazo

Cultivo de pragas de brásicas para ensaios 

Uso de rapiñas para espantar aos come-millos




























No hay comentarios: