22 may 2015

Proxecto de Fondo Galego (Abril 2015)

Proxecto: Fortalecemento das capacidades locais para mellorar o acceso ao dereito a auga potable e saneamento a través da xestión integrada do recurso hídrico, nos 7 municipios da mancomunidade NASMAR, Honduras 

Socio local: Mancomunidade NASMAR

Financiado por: Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade 


Este proxecto enmárcase nun programa deseñado por ESF Galicia, a Mancomunidade NASMAR (Mancomunidade dos municipios costeiros do Golfo de Fonseca) e AHJASA (Asociacion Hondureña de Juntas de Agua), do que xa foi executada a primeira fase durante o ano 2014, coa financiación de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.


Durante o mes de abril levouse a cabo a primeira parte da capacitación en hábitos hixiénicos e sanitarios relacionados con auga e saneamento baixo a metodoloxía ESCASAL (“Escola e Casa Saudable”). A esta capacitación acudiron dúas persoas por municipalidade, así como persoal técnico da Mancomunidade de NASMAR e de AHJASA (esta última é socia de ESF noutros proxectos complementarios). A capacitación foi impartida por persoal técnico do Servicio Autónomo Nacional de Acueductos y Alcantarillados (SANAA), organismo gobernamental encargado do fortalecemento técnico de axentes locais con influencia na xestión dos recursos hídricos. Ata o de agora impartíronse tres xornadas, nas que se explicou a metodoloxía para as visitas ás familias, o uso de material didáctico e o contido da formación ás familias en hábitos hixiénicos e sanitarios relativos a auga e saneamento. Están previstas para o mes de maio sete xornadas máis de capacitación, incluídas xornadas prácticas en comunidades do municipio de El Triunfo.  


Así mesmo, xa se dispoñen dos primeiros resultados das análises de calidade de auga realizadas na comunidade de La Grecia. O persoal técnico do Instituto Hondureño de Ciencias de la Tierra de la UNAH comezará a valorar estes resultados e a planificar a segunda fase da toma de mostras.   





Outros enlaces vinculados ao proxecto:



  • Informe de Marzo
http://esfhonduras.blogspot.com/2015/04/continua-o-proxecto-de-fondo-galego.html
  • Enlace en el que se muestra cómo la Alcaldía de Marcovia plantea problemática del uso de agua por la agroindustria:



No hay comentarios: