10 may. 2016

SITUACIÓN ACTUAL DOS PROXECTOS INTERNACIONAIS DE COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO - MAIO 2016

Aproveitando o intercambio de resumos sobre o estado actual e actividades en marcha de cada unha das áreas de traballo de ESF Galicia, necesario na máis recente reunión da Xunta Directiva da Asociación, aquí mostramos ese resumo no que se refire á situación dos grupos de Proxectos Internacionais de Cooperación ao Desenvolvemento (PICDs), que se enfocan na nosa actividade en Honduras.
Nada que ver o carácter desta publicación co das anteriores do noso querido Martiño, PCR recén chegado, pero en fin, ESF en Honduras é esto, aquelo... e todo o demáis que non se pode reflectir nun blog...
GRUPO PROXECTOS AUGA:
  • Continúa o Programa de Fortalecemento das capacidades locais e da participación comunitaria para mellorar o dereito ao acceso á auga potable e saneamento a través da xestión integrada do recurso hídrico nos 7 municipios da mancomunidade NASMAR.
  • Agora mesmo o Programa continúa con fondos de Cooperación Galega da Xunta de Galicia, na súa Fase II, que remata en Novembro de 2016. Presentouse en Marzo a Xustificación Parcial (1ª anualidade desta Fase II).
  • Recentemente anunciouse a concesión da subvención formulada á Xunta para a Fase III, na que ademais o Proxecto recibiu a máxima nota de todos os presentados na Convocatoria. A cuantía da subvención é de 199.968 €. O Proxecto rematará en Novembro de 2017.
  • Permanecen os socios anteriores: Mancomunidade NASMAR e AHJASA (Asociación Hondureña de Juntas Administradoras de Sistemas de Agua) como socias locais. Ao igual que na Fase II, o Proxecto presentouse en consorcio co CARTOLAB da Universidade da Coruña, que continuará coa formación na aplicación gvSIG-Fonsagua e tamén en ferramentas de cartografía participativa. De feito está previsto que dúas persoas do Cartolab viaxen a terreo para algunha destas formacións. A persoa de referencia do Cartolab para a coordinación de todo esto está sendo Alberto Varela.
  • Unha das actividades novidosas a destacar nesta fase do Programa respecto ás anteriores é a formación dunha Comisión de Enerxía Solar (integrada por ESF, NASMAR, a Universidad Nacional Autónoma de Honduras (UNAH) e o Departamento de Enxeñería Industrial da Universidade da Coruña (Campus de Ferrol) como entidade asesora) para implementar un sistema fotovoltaico para o bombeo de auga no abastecemento de dúas comunidades.
  • O voluntariado do grupo está formado agora mesmo por unhas 10 persoas activas na sede da Coruña, e unhas 5 persoas da sede de Vigo teñen interese en integrarse, principalmente por esta nova liña de enerxía que está xurdindo nos proxectos de Auga. Están comezando os contactos para esto.
    GRUPO PROXECTOS DESENVOLVEMENTO RURAL (AGRO):
  • Continúan os proxectos de fortalecemento das capacidades locais para a producción e o consumo de alimentos e o desenvolvemento económico con enfoque de soberanía alimentaria.
  • Estase executando a última anualidade do Proxecto trianual de Soberanía Alimentaria liderado pola socia local, CODDEFFAGOLF, con fondos da Unión Europea, que remata en Xuño deste 2016, aínda que se pediu unha prórroga ata final de ano. Dentro deste proxecto está a construción dunha planta de procesamento de marañón (anacardo) e outra de mel, que están rematadas e equipadas, e en proceso de construción unha de hortalizas. Esta última está a financiarse en parte tamén a través do Convenio-AECID.
  • Este proxecto coa UE está pendente de conseguir aínda unha pequena parte de cofinanciamento. Formulouse en Febreiro para o Concello de Lugo, e prevese saber a resolución como moi tarde no mes de Xullo.
  • En Febreiro cumpliuse un ano de execución do Convenio con VSF, Amigos de la Tierra e 6 socias hondureñas (entre elas, CODDEFFAGOLF), con fondos da AECID, na liña de soberanía alimentaria con especial énfase no fortalecemento institucional, a creación de rede coas organizacións que traballan pola soberanía alimentaria no país, a formación política e a incidencia para a defensa da agricultura campesina e o territorio.
  • Continúa tamén o Proxecto de soberanía alimentaria con fondos de Cooperación Galega da Xunta de Galicia, para o periodo 2015-2016 (con actividades como as Escolas de Campo, con pescadores, fomento do consumo responsable, apoio ás mesas municipais de Seguridade Alimentaria e Nutricional...). Presentouse recentemente a Xustificación Parcial e agora mesmo estase pendente de recibir os cartos para a segunda anualidade, que remata no mes de Novembro.
  • Para intentar dar continuidade a este Programa a partir do ano que vén estase pendente da convocatoria da AECID, pois en 2015 presentárase un proxecto á convocatoria e, aínda que a subvención non foi concedida, obtivera unha boa puntuación.
  • Continúan avanzando as conversas co CETMAR (Centro Tecnolóxico do Mar, con sede en Vigo), para concretar as posibilidades de colaboración con CODDEFFAGOLF nun proxecto na liña do fortalecemento da pesca artesanal. A última reunión por Skype foi en Febreiro pero sigue sin chegarse a decisións específicas, aínda que hai varias propostas moi interesantes e moita vontade de colaborar entre ambas organizacións.
  • O voluntariado do grupo Agro sigue moi espallado (Vigo, Salceda de Caselas, Noia, Compos, Lugo, A Rúa...) e está intentando participar en actividades na liña da EpD (reunións sectoriais) para favorecer as xuntanzas presenciais do grupo. A última realizouse en Vigo, en conxunto con unha xornada de actividades organizada polo grupo da sede. Varias persoas de Agro están integradas nun grupiño para organizar unhas Xornadas de Bioconstrución en Vigo, en colaboración con Espiga.
Cristina Sesto, a técnica de ESF e representante país en Honduras, deixará o posto a finais deste mes de xuño, despois de 3 anos e medio. Xa se seleccionou á persoa que a relevará no posto: Raquel Zolle, que se incorporou esta semana ao traballo en sede (na Coruña).
PICD en marcha do Grupo Auga
GRUPO
PERÍODO
TÍTULO
FINANCIADOR
SOCIAS
SOCIAS LOCAIS
ESTADO
PRESUP. TOTAL
AUGA
Xaneiro 2015 - Novembro 2016
Fortalecemento das capacidades locais e da participación comunitaria para mellorar o acceso ao dereito a auga potable e saneamento a través da xestión integrada do recurso hídrico, nos 7 municipios da mancomunidade NASMAR, Honduras, fase II
Xunta de Galicia - Cooperación Galega
ESF

CARTOLAB (Entidade agrupada)
NASMAR
AHJASA

En execución (presentada en Marzo Xustificación Parcial da 1ª anualidade)
270.657 € (Porcentaxe subvención 83%)
AUGA
Xaneiro 2016 - Novembro 2017
Fortalecemento das capacidades locais e da participación comunitaria para mellorar o acceso ao dereito a auga potable e saneamento a través da xestión integrada do recurso hídrico, nos 7 municipios da mancomunidade NASMAR, Honduras, fase III
Xunta de Galicia - Cooperación Galega
ESF

CARTOLAB (Entidade agrupada)
NASMAR
AHJASA

Resolución esta mesma semana: aprobada a subvención
199.968 € (Porcentaxe subvención 75%)

PICD en marcha do Grupo Desenvolvemento Rural
GRUPO
PERÍODO
TÍTULO
FINANCIADOR
SOCIAS
SOCIAS LOCAIS
ESTADO
PRESUP. TOTAL
D. RURAL
Xaneiro 2015 - Novembro 2016
Fortalecemento das capacidades locais para a produción e consumo responsable de alimentos, e o desenvolvemento económico con enfoque de soberanía alimentaria e cambio climático, en comunidades rurais dos municipios de Nacaome e Amapala, Honduras
Xunta de Galicia - Cooperación Galega
ESF
CDFG
En execución (presentada en Marzo Xustificación Parcial da 1ª anualidade)
198.780 € (Porcentaxe subvención 88%)
D. RURAL
Xullo 2013 - Xuño 2016
Fortalecimiento de la organización, alianzas y la producción agropecuaria de grupos campesinos para mejorar la seguridad alimentaria (SA) en los municipios de Nacaome y San Lorenzo, Honduras
Unión Europea
CDFG

ESF (entidade participante)

En execución (prevése que se conceda prórroga ata finais de ano)
464.304 € (Porcentaxe subvención 83%)

ESF xestiona 19.239 €
D. RURAL
Maio 2014 - Decembro 2018
Fortalecimiento de las capacidades de los y las campesinas organizadas para establecer un sistema de desarrollo rural justo, equitativo y sostenible que garantice el Derecho a la Alimentación en Honduras
AECID
Veterinarios Sin Fronteras

ESF + Amigos de la Terra (entidades agrupadas)
CDFG + outras 5 asocs. de des. rural
En execución
Subvención: 2.500.000 €

ESF xestiona 61.500 €



2 comentarios:

Gabriela Fajardo dijo...

Soy hondureña y llegue a este blog por casualidad. Gracias por todo lo que están haciendo en nuestro pais y las zonas con mas necesidad.
Saludos,

Gabriela Fajardo
Artista de la pintura y de corazón ambientalista.

Anónimo dijo...

Gracias Gabriela, pero nosotros trabajamos con organizaciones y gente valiente de Honduras que arriesga su vida para defender los derechos de todas las personas en el país. Ellas merecen el mayor agradecimiento!
ESF Galicia