“Mellora
da soberanía alimentaria e xestión dos recursos naturais mediante a
implementación de boas prácticas na microcunca do río Laure,
Honduras."
Estes días estaremos en plena actividade coa fin de execución deste proxecto. Estamos moi contentas porque o Concello de Lugo acaba de aprobar unha axuda para o proxecto de 15.000 euros.
A continuación, un resumo do mesmo, esperamos vos guste:
BENEFICIARIAS:
55 familias de 4
comunidades do municipio de San Lorenzo: El
Matearal,
Agua Zarca,
El
Cenicero e
La Cuesta. Estas
familias
están organizadas nas Empresas de Servicios Multiples “Fe e
Esperanza”,
“Tres de Maio”, “Cooperativa Campesiña Agua Zarca Limitada”
e “Nueva Superación”, e o Consello de Microcunca do Río
Laure.
ACCIÓNS:
Instalación
de sistemas de rego. Se instalarán 11 sistemas de
microrego por
goteo, que implican materiais e accesorios como: mangueira
de 16 mm
de polietileno, mangueiras de polietileno, goteros 25mm,
reguladores,
válvulas, Grummet, tapones, etc. Os sistemas de rego terán
unha
dimensión de 100 M2. A
actividade inclúe tamén eventos de capacitación para
garantir un
uso apropiado da tecnoloxía e sostenibilidade.
Construción
de microtuneis. Para reducir a incidencia de plagas e
enfemidades
nos cultivos, construiranse microtuneles
con malla
antiviral. Nesta actividade empregaranse os seguintes
recursos; malla
antiviral, tubos de pvc e de aluminio, cemento, plástico e
arame de
amarre. Serán as mesmas 11
familias que os
sistemas de rego.
Módulos
para a cría e manexo de aves. Para 15 familias. Para os
módulos empregarase malla galvanizada, láminas de zinc,
cravos de
aceiro, bisagras e madeira.
Acondicionamento
do banco de sementes e grans básicos.
Esta acción se realizará con materiais de construción
como:
cemento, bloque de concretos, varilla de ferro, arame de
amarre,
láminas de aluzin e madeira. Tamén se disporá de silos
metálicos
cunha capacidade de almacenamento de 18 quintais.
Accións
de protección na microcunca. Serán precisos para esta
actividade malla ciclón, cemento, bloque, tubos galvanizado,
madeira
e ferramentas (rastrillos, machetes, etc) para sinalizar os
sitios de
protección e construír muros de protección nas zonas
produtoras de
auga. Esta acción coordinarase directamente co Comité de
microcunca
do río Laure, instancia conformada por representantes de
organizacións comunitarias representativas da microcunca e
vinculadas á xestión dos recursos naturais, con participación
tamén da administración pública. Será o momento de reactivalo,
aproveitando para acometer a actualización de documentos do
Comité
co asesoramento de CODDEFFAGOLF.ORZAMENTO: 17.950 euros, dos que 15.000 son SUBVENCIÓN do CONCELLO DE LUGO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario