14 oct 2017

Caciquismo tropical

Ola siareiros!! hoxe vouvos contar algo que puden apreciar durante a miña estancia en Masila, un pequeno núcleo de poboación situado moi a carón do “mero” centro urbano do Triunfo, como dirían aquí, nun dos cerros que a rodea. Esta comunidade, igual que a maioría de Honduras sufriu en xuño do ano pasado un terrible sismo de 6.2 na escala de Richter, do que non se lamentaron vítimas, pero si numerosas perdas materiais.

 Casa destruida polo terremoto

Estas casas normalmente son de unha soa elevación e feitas con material de adobe pouco compactado, e con tabiques con moi pouco espesor e plásticos, o que fai que calquera pequeno tremor lle produza fendas ou as tire.

Gretas producidas polo tremor


As comunidades rurais son as que mais sufriron este sismo, polo que é moi doado en poboacións como a de Masila encontrarse restos de derrribos producidos polo sismo.

Ruínas doutra casa tirada polo terremoto

Tras isto, a xente vese obrigada a deixar os seus fogares e buscar uns novos. Moita xente opta por construír casas provisionais. Algunhas destas son construídas con estrutura de madeira e placas de metal.


 Casa provisional illada con placas metálicas

Isto non pasou desapercibido no actual goberno hondureño, e enseguida se puxeron as pilas para pór solucións. Para algúns...

Resulta que todo isto que vos vou a contar ten a súa orixe no actual sistema electoral que funciona en Honduras. En Honduras, realízanse dous referendos en cada convocatoria, as denominadas primarias e logo as xerais. As primarias realízanse ao terceiro ano da lexislatura, e serven para que os partidos políticos do país escollan os seus candidatos presidenciais, que logo participarán nas xerais.
As eleccións primarias son levadas a cabo por cada partido, é dicir, cada organización política (e financiada por ela mesma, teoricamente) pon a súa urna onde os seus votantes depositan o voto para elixir o representante do partido que logo un ano mais tarde nas xerais ten intencion de votar. Pero claro, desta forma queda manifestada totalmente a túa intención de voto, no momento en que nas primarias vas a urna de un partido ou de outro.

Por iso as primarias son un moi bo sondeo de como serán as eleccións xerais, e ademais, os partidos políticos saben nome e apelidos dos seus votantes.
Deste modo, os partido políticos aproveitan esta trampa electoral para captar votantes de maneira personalizada e especifica, xa que estes non teñen mais remedio que ir a súas urnas votar cando se traten das primarias.

Polo tanto, volvendo o do sismo, o partido do goberno realizou a construción de casas a xente que se quedou sen fogar, pero a que non adiviñades que pasou? Pois si, estas axudas caían seguindo un especial requisito, a cor política de cada quen. Polo tanto, senón eres azulito, esquécete de vivenda.
E por senón quedaba claro, estas casas que se fixeron foron todas do mesmo tamaño, e pintadas con un azul verdoso chillón que chamase ben a atención, e por se alguén non se daba de conta do que pasaba ainda, na fachada estaba rotulada unha baldosa onde paracía a firma do noso queridísimo Juan Orlando.


 Casa construida polo partido nacional en Honduras coa firma de Juan Orlando

Este é son algún dos métodos pouco ortodoxos que o partido leva a cabo para conseguir o  voto da xente. Logo tamén existen os famosos Bonos 10000, denominados así porque eran axudas de 10000 lempiras anuais a familias  para contrarrestar a pobreza extrema, mellorar a nutrición, a saúde e a educación e promover así a poboación mais vulnerable do pais.
Este bono dábase de forma mensual, e seguindo unha serie de pautas, polo cales case nunca as familias nunca recibían os 10000 lempiras íntegros a final de ano.
E quen credes que recibía estas axudas... ? Este método asistencialista e ineficiente era outra das malas artes coas que o partido do poder conseguía o voto da poboación mais vulnerable.
A corrupción neste país de centroamérica é levada a cabo polo goberno de forma asidua e descarada. E non só iso, practícase con total blindaxe e impunidade.

E con estas artimañas, o goberno consegue calar as bocas e seguir gañando, a pesar do claro descontento que xa existe entre a población catracha, incluso entre algún militante do mesmo partido.

Esperemos que desta volta, nas eleccións deste vindeiro mes de novembro, se faga manifesto desta desaprobación xeral e se poña fin dunha vez a esta lexislatura tan deshonesta, digna de competir cos mellores anos da mismisima alcaldía de Marbella. 

3 comentarios:

Unknown dijo...

Hola mi querido y apreciado amigo, gracias por la publicación que realizo de la cruda realidad que se vive en nuestro país.

Somos muchos los Catrachos que nos sentimos sumamente indignados con este gobierno corrupto, con este partido político que lo único que ha hecho en su historia es dejar pobreza, muerte, corrupción en todos lo nivel, es una desgracia para nuestro país.
Nosotros los Hondureños no han restringido un derecho universal como ser la libre Expresión, resulta que los flamantes diputados mas conocidos como los padres de la patria se han encargado de aprobar una ley anti terrorismo, la cual castiga a las personas que se quieran manifestar con añitos de cárcel, pero también aprobaron una ley en cual estipula que si un funcionario publico es acusado de actos de corrupción y son comprobados deberá pagar una dura pena de 4 a

Unknown dijo...

Hola mi querido y apreciado amigo, gracias por la publicación que realizo de la cruda realidad que se vive en nuestro país.

Somos muchos los Catrachos que nos sentimos sumamente indignados con este gobierno corrupto, con este partido político que lo único que ha hecho en su historia es dejar pobreza, muerte, corrupción en todos lo nivel, es una desgracia para nuestro país.
Nosotros los Hondureños no han restringido un derecho universal como ser la libre Expresión, resulta que los flamantes diputados mas conocidos como los padres de la patria se han encargado de aprobar una ley anti terrorismo, la cual castiga a las personas que se quieran manifestar con añitos de cárcel, pero también aprobaron una ley en cual estipula que si un funcionario publico es acusado de actos de corrupción y son comprobados deberá pagar una dura pena de 4 a

Unknown dijo...

Hector