Boas lectoras!!
Despois dun tempiño xa instalada en Honduras....por fin toca contar algunha que outra experiencia catracha!
A primeira sorpresa sen nin sequera pisar terra hondureña é o parque de atraccións que ten preparado aos viaxeiros entrantes o aeroporto internacional de Toncontín, Tegucigalpa. Logo da adrenalina da aterrizaxe despois dunhas 34 horas de percorrido por numerosos aeroportos, conseguín ver caras amigas ao atoparme con Raquel e Elmer, as miñas primeiras guías espirituais en Honduras.
A sensación inicial cando pisas terra é que como vas vivir aquí durante 3 meses, afogarei con tanto calor, non paras de beber auga, seguridade total de que enfermarei tódalas semanas...todo un drama que pasa en menos de 24 horas cando probas as baleadas, tajaditas ou as distintas froitas que ofrecen os mercados.
Nunha primeira reflexión, o que máis me chama a atención é a relación que ten a poboación hondureña cos recursos naturais, como aman a terra na que se producen os seus alimentos e como a defenden por enriba de todo.
Pintura nunha rocha na Illa de Pacar, Amapala
Na mesma liña de curiosidades ambientais coas que me atopo están os manglares, definidos por min mesma, e dende a simpleza máxima, coma "monte na auga" que se converten na base económica da zona. San Lorenzo é unha cidade porto e a maioría da súa poboación e das áreas da zona viven directa ou indirectamente dos manglares e das especies que alí se reproducen.
Manglares vistos dende un mirador preto de San Lorenzo, Valle
Só queda esperar a que cheguen as compas Uxía e Miño (do grupo auga) e poidamos compartir experiencias e perspectivas de tódalas curiosidades que acontecen cada día en Honduras.
Pintura reivindicativa no centro comunitario
de Playa Grande
No hay comentarios:
Publicar un comentario