Proxecto: Fortalecemento das capacidades locais para mellorar o acceso ao dereito a auga potable e saneamento a través da xestión integrada do recurso hídrico, nos 7 municipios da mancomunidade NASMAR, Honduras Socio local: Mancomunidade NASMAR
Este proxecto enmárcase nun programa deseñado por ESF Galicia, a Mancomunidade NASMAR (Mancomunidade dos municipios costeiros do Golfo de Fonseca) e AHJASA (Asociacion Hondureña de Juntas de Agua), do que xa foi executada a primeira fase durante o ano 2014, coa financiación de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.
Durante o mes de marzo levouse a cabo a capacitación de reforzo da
metodoloxía de Planificación de Xestión do Recurso Hídrico, dirixido ao persoal
técnico municipal e do socio local (dúas persoas por cada municipio e dúas de
NASMAR). Nestas capacitacións incidiuse sobre a importancia da planificación
hídrica e a utilidade dos PXIRH, e mostrouse o contido e os datos que deberían
ter os informes PXIRH comunitarios e municipais, aínda que este contido pode
ser adaptable as necesidades específicas de cada municipalidade.
Formación PGIRH Teórica
Levouse a cabo unha práctica de campo na comunidade de La Criba (municipio de San Lorenzo), onde se levantaron as fichas social e técnica. Esta comunidade xa ten sistema de abastecemento de auga, pero o seu funcionamento é defectuoso por ter case 20 anos de antigüidade. A Mancomunidade de NASMAR comprometeuse a facer o informe PXIRH desta comunidade e a realizar xestións para mellorar o seu sistema de abastecemento de auga.
Formación PGIRH Práctica
Formación PGIRH Práctica
Formación PGIRH Práctica
Así mesmo, comezaron as actividades relacionadas co estudo hidroxeolóxico
na comunidade de La Grecia, municipio de Marcovia. O persoal técnico do InstitutoHondureño de Ciencias de la Tierra de la UNAH desprazouse ata San Lorenzo para
socializar o estudo ante a asemblea da Mancomunidade de NASMAR, constituída
polos sete alcaldes dos municipios que a conforman. Nese acto explicouse o
contido do estudo e as súas fases, e fíxose incidencia na importancia do
control da calidade da auga, xa que se busca que este estudo sirva tamén para
sensibilizar a titulares de obrigas, responsabilidades e dereitos neste senso.
Nese mesmo espazo estaban presentes actores de desenvolvemento con actividade
na zona, como son Amigos de la Tierra España e o Comité para la Defensa y
Desarrollo de la Flora y Fauna del Golfo de Fonseca (CODDEFFAGOLF). Durante esa
mesma xornada, o persoal do IHCT, desprazouse á comunidade de La Grecia, onde
socializou o estudo coa asemblea comunitaria. Posteriormente, leváronse a cabo
tres xornadas para realizar o censo das fontes de auga, a selección dos pontos
de mostreo e a recollida das mostras para o analizar parámetros físicos,
microbiolóxicos, metais pesados e agroquímicos.
Toma de muestras
Outros enlaces vinculados ao proxecto:
- Convenio de Cooperación Fondo Galego-ESF
- Informe de Xaneiro
- Informe de Febreiro
- Estudo Hidrolóxico na Comunidade de La Grecia
No hay comentarios:
Publicar un comentario