22 jun 2015

Proxecto de Fondo Galego (Maio 2015)

Proxecto: Fortalecemento das capacidades locais para mellorar o acceso ao dereito a auga potable e saneamento a través da xestión integrada do recurso hídrico, nos 7 municipios da mancomunidade NASMAR, Honduras

Socio local: Mancomunidade NASMAR


Este proxecto enmárcase nun programa deseñado por ESF Galicia, a Mancomunidade NASMAR (Mancomunidade dos municipios costeiros do Golfo de Fonseca) e AHJASA (Asociacion Hondureña de Juntas de Agua), do que xa foi executada a primeira fase durante o ano 2014, coa financiación de Cooperación Galega da Xunta de Galicia. 
Durante o mes de maio levouse a cabo a capacitación na metodoloxía ESCASAL, impartida a técnicos municipais das sete municipalidades da NASMAR, e a persoal técnico da Mancomunidade de NASMAR e de AHJASA. No desenvolvemento da capacitación aplicouse unha metodoloxía altamente participativa, onde existiron espazos para a reflexión e análise crítica dos participantes no proceso de ensino e aprendizaxe. 


En total a capacitación tivo unha duración de 9 días, dos cales 6 días se desenvolveron de xeito teórico nas instalacións de NASMAR e 3 días de xeito práctico na comunidade de Santa Catarina, municipio de El Triunfo. Estes 3 días de práctica serviron para aplicar os coñecementos obtidos durante o proceso da formación impartida por persoal do SANAA, capacitando á comunidade sobre os aspectos nos que a metodoloxía fai énfase: hixiene persoal, saneamento da vivenda, auga segura para beber, uso e mantemento adecuado das latrinas, equidade de xénero. Ademais, reestruturouse a Xunta de Auga e organizáronse os seguintes comités que non existían na comunidade: Comité de Microcunca, Comité de Saneamento Básico, Comité de Operación e Mantemento e o Comité de Saneamento Infantil. A actividade de capacitación está completa a falta dunha xornada de seguimento.
 
Ademais, estase intentando coordinar con persoal do Servicio Autónomo Nacional de Acueductos y Alcantarillados (SANAA) para que acuda ao municipio para a ubicación de puntos de perforación de pozos nas comunidades nas que se está a traballar e que non contan con fontes de auga para a construción de sistemas de abastecemento.



Así mesmo, xa se definiron as comunidades nas que se farán os plans comunitarios de xestión integral do recurso hídrico, que foron priorizadas de xeito conxunto pola municipalidade de El Triunfo e o persoal técnico da Mancomunidade de NASMAR, seguindo criterios de urxencia en canto a acceso a auga e saneamento. Estas comunidades serán El Jocote e Los Llanos. Existe a posibilidade de que, gracias á xestión eficiente dos recursos e o aporte en persoal da Mancomunidade de NASMAR e da municipalidade de El Triunfo, poida facerse o levantamento dunha comunidade máis das previstas, sendo a seleccionada El Coyol.  

Preferiuse dar prioridade á capacitación na metodoloxía ESCASAL polo que atrasouse o levantamento de información nas comunidades para a elaboración dos plans comunitarios. Esta fase de levantamento de datos nas comunidades seleccionadas iniciarase no mes de xuño.

 


Ao mesmo tempo se realizaron ou estanse levando a cabo varias actividades de sensibilización e visibilización en Galicia sobre o proxecto:

- Vaise desarrollar un video de divulgación sobre a problemática de auga en Honduras e a xestión do recurso hídrico a través das Xuntas de Auga. Aproveitando a estancia en Honduras dunha voluntaria de ESF, Eva Sol, dentro do Programa de Coñecemento da Realidade de 2014, rodáronse entrevistas e imaxes que serán utlizados para a realización do video. Nestes momentos o vídeo está en fase de edición e completarase con entrevistas realizadas a persoas que traballan no ámbito da auga en Galicia (voluntariado de ESF, empresas, etc).

- O día 5 de maio realizouse unha charla na Escola de Relacións Laborais, na que asistiron 50 persoa, para sensibilizar sobre o dereito humano á auga e a situación do acceso á auga no mundo, poñendo como exemplo de accións a desenvolver os proxectos que ESF leva a cabo en Honduras. Na seguinte ligazón pódese ver un resumo da charla:


- Tamén se impartiu unha clase na asignatura Cooperación para o Desenvolemento na Enxeñaría Civil”. Dentro do temario inclúese a metodoloxía de proxectos de cooperación para o desenvolvemento e o enfoque do marco lóxico. Para facer máis amena a clase utilizouse como exemplo a formulación do presente proxecto. Nas seguintes ligazóns pódese ver información sobre o temario da materia e a difusión da clase nas redes sociais:


- Por último estánse a preparar xornadas de divulgación do proxecto e sobre dereito humano á auga en varios concellos. Contactouse cos de Teo, Ames, Santiago, Ferrol e Vigo, coa intención de realizar as xornadas en polo menos 4 deles a partir do verán. As recentes eleccións municipais e os posibles cambios de goberno atrasaron esta tarefa, que estaba prevista para realizar entre Marzo e Maio.


Outros enlaces vinculados ao proxecto:

Convenio de Cooperación Fondo Galego-ESF

Informe de Xaneiro

Informe de Febreiro

Informe de Marzo
Informe de Abril
http://esfhonduras.blogspot.com.es/2015/05/proxecto-de-fondo-galego-abril-2015.html

No hay comentarios: