Boas lectoras!
No marco do proxecto financiado pola Xunta de Galicia, "Fortalecemento das capacidades de Incidencia Política e Xeración de alternativas sustentables das organizacións da sociedade civil vinculadas ao sector pesqueiro e agrícola de pequena escala en 7 municipios costeiros da Rexión 13-Golfo de Fonseca, Honduras, con enfoque de soberanía alimentaria e defensa do territorio" paramonos desta vez na actividade 1.3.1. Esta data sobre a "Implementación da Escola de Formación Política para os distintos sectores productivos da rexión". Os obxetivos xerais da escola son a formación das persoas participantes mediante a dotación de coñecementos e a posterior replicación nos seus grupos e comunidades do aprendido na Escola para xerar un efecto multiplicador.
Foto: Presentación da actividade e obxectivos
Desprazámonos a Choluteca pra este primeiro modulo, con persoas participantes pertencentes as bases sociais de CODDEFFAGOLF, de tódalas idades e provintes de diversos ámbitos: dende escolas, universidade,marisqueiras, pescadores ou amas de casa.
A axenda comezou coa fixación de conceptos básicos: diferencias sexuais ou biolóxicas. Tras moito debate, moita participación e confusión, chegamos xuntas aos conceptos finais, traducidos en forma visual mediante debuxos. Isto permitiu comprobar como se atribúen máis conceptos dos puramente sexuais para fixar como sería unha persoa con sexo feminino ou masculino.
Foto: Construción das supostas diferencias sexuais ou biolóxicas.
Despois das aclaracións iniciais tocaba a construción social do xénero. Despois de colocar distintas características asignadas tradicionalmente a muller e ao home concluímos que xeran desigualdades e que se poden cambiar, sen depender de si es home ou muller.
A medida que avanzabamos ían saíndo outros temas entre as participantes e, falando do traballo que realizaban cada día, chegamos tamén até a división xenérica do traballo, o cal dou para moita confrontación entre as persoas asistentes, sempre nun ambiente de respecto e de intercambios de aprendizaxes.
Foto: identificados os supostos atributos de xénero e a división xenérica do traballo
Na segunda xornada de traballo fomos construíndo o concepto de desenvolvemento relacionándoo coa temática da xornada anterior (xénero e división do traballo) acadando compromisos por parte de cada persoa participante para replicar posteriormente nos seus espazos diarios (traballo, universidade, fogar, escolas, etc.).
Unha experiencia única poder intercambiar perspectivas e aprendizaxes, ademais de coñecer a moitas persoas marabillosas nun ambiente divertido e relaxado.
O tempo pasa voando en Honduras...pero seguiremos informando entre as tormentas tropicais e os amigos zancudos.
Saudiños!!!
11 sept 2018
29 ago 2018
Sostenibilidad en el Fortín
El pasado Martes 21 de Agosto visitamos la Comunidade de El Fortín, en el
municipio de El Triunfo.
la Junta de Aguas. Visitamos el tanque de abastecimiento, y también el pozo, con un suministro de energía
empleando paneles solares.
Despues de la visita, se convocó a todas las persoas de la comunidad para una charla sobre la sustentabilidad de los recursos hídricos. El guión que empleamos fué el siguiente:
Sostenibilidad. Una palabra muy fea que alberga un bonito significado. Que las personas adultas del presente puedan disfrutar del agua sin comprometer que las persoas jóvenes de ahora, las adultas del futuro, puedan disfrutarla también.
Dentro del concepto de sostenibilidad separamos tres vías:
- Ecología. Hablamos del ciclo natural del agua como algo que debemos cuidar y conservar. Apoyándonos de un dibujo, explicamos que el agua que se recoje en los pozos procede de acuiferos subterráneos que son como una gran pila. Esa pila, se llena con el agua infiltrada, y es muy dificil saber a que velocidad. Cómo es lógico, debemos tener cuidado con no sacar más de lo que entra, en tal caso, nuestro pozo se secará. También hicimos una pequeña mención al cambio climático, y al hecho de que la canícula está durando más de lo esperado.
- Social. El agua es un derecho humano. Por lo que es de justicia que todas las personas tengan acceso al agua y se beneficien de los sistemas de la comunidad.
- Económica. Mantener el sistema tiene un coste que se debe asumir. Con las cuentas claras y transparencia, la tarifa ha de ser empleada en el propio sistema, tanto en imprevistos como en el mantenimiento.
Se hablo del sistema de contadores individuales como incentivo del ahorro, puesto que también parece justo que quién más gaste más pague. Ademas de ser un sistema de control de fugas en el sistema. Resumimos así las ventajas de los contadores:
- Control sobre el agua que consumimos.
- Control de fugas en la red.
- Mejorar hábitos de uso y consumo.
Terminamos la jornada en la comunidad en la casa del señor Ventura, guardando buen recuerdo de la comunidad, en la que yo hice mi primera salida a campo.
10 ago 2018
Primeira etapa en Honduras
Logo de 10 día en
Honduras, compartir os primeiros en San Lorenzo con Cris e Raquel; Uxía mais eu, estamos ben asentados no Municipio
do Triunfo, no Departamento hondureño de Choluteca. Será a nosa
base no próximo mes , aproximadamente, en función do ritmo de
execución dun sistema de abastecemento no centro do municipio.
Honduras é
diferente, mais non tan diferente como eu chegara a pensar. O pasado
martes, visitamos a Comunidade de Varsovia, no propio Municipio do
Triunfo, onde puiden comprobar unha realidade que en moitos sentidos
me resultou recoñecible. Vín algo moi parecido á Galicia rural que
eu coñecín a comezos dos anos 90, nas aldeas dos meus pais, aínda
daquela pletóricas de vitalidade e sentido comunitario, foi como
unha volta ó pasado. Tivemos unha reunión coa Xunta de Augas, que é
o principal organo de control da xestión, e coñecimos un sistema de
bombeo con enerxía solar ademais dunha letrina ecolóxica. Xa neste
punto, tanto pola importancia que teñen as Xuntas de Augas a nivel
institucional como polo interese en participar, puidemos comprobar
como a auga é un dos eixes centrais da vida destas persoas, algo
que, na miña opinión, en Galicia temos olvidado.
No día de onte,
xoves, asistimos pola maña como observadores a unha reunión de
distintos axentes convocados para participar na planificación dun
sistema de bombeo que abastecerá a unha serie de colonias. O
principal obxectivo do proxecto é implementar unha metodoloxía de
transparencia e rendición de contas, para o que o bombeo servirá
como caso de estudio. O primeiro que me chamou á atención é a
resposta á convocatoria, unha 20 persoas acudiron, entre
representantes de patronatos, Xuntas de Augas, Municipalidade…
Aquí teñen unha
cultura da participación e uns mecanismos para exercela dos que
temos moito que aprender. A reunión, que durou mais de 4 horas, foi
fluida e bastante operativa. Non necesitaban de responsable de toma
de turnos de palabra, porque ninguén os saltaba. Sentín un sentido
de respeto pola opinión das demais persoas.
Unha señora,
expresou con xenio a posición da súa comunidade, xenio comprensible
posto que levan un tempo sufrindo pola mala calidade da auga. Foi un
dos relatos que máis me impactou dende que estou aquí.
Outra rapaza,
representante da súa colonia, dixo que ela tiña a súa opinión
persoal pero que non tiña os coñecementos nin a autoridade para
tomar a decisión en nome da súa colonia, polo que creía que o
mellor era facer unha consulta casa por casa. Bravo pola túa
sensatez, pensei.
Acordouse facer esas
consultas, e dar unha resposta o domingo. Hoxe mesmo asisteremos a
unha das asembleas nas que se definirán as posicións das
comunidades respecto a planificación dos proxectos. Será para nós
algo moi interesante, onde poderemos seguir comprobando esa
diferencia cultural na parte da participación comunitaria.
Cómo conclusión
destes primeiros 10 días. Entendendo o Dereito Humano á Auga como
producto de varias dimensións, estou constatando algo que coñecía
a nivel académico. É certo que aquí hai moitas carencias en canto
á dispoñibilidade é o acceso. Máis, respecto o sentido de
pertenencia do recurso, ó dereito á participación da xestión e a
rendición de contas, penso que están mais avanzados.
Este mutuo
aprendizaxe demostra que a cooperación debe ser un fluxo
bidireccional de información e coñecementos entre os pobos, con
sentido do respeto e con vocación de tecer pontes e contruir
sinerxías nas que todas as persoas posibles saían beneficiadas.
Parece que falo dunha utopía, hoxe estou optimista e con ánimo para
decir que a utopía non soamente é necesaria, senón que é o motor
do progreso.
Seguiremos
informando.
Saúde
30 jul 2018
Comezan as curiosidades PCR!!
Boas lectoras!!
Despois dun tempiño xa instalada en Honduras....por fin toca contar algunha que outra experiencia catracha!
A primeira sorpresa sen nin sequera pisar terra hondureña é o parque de atraccións que ten preparado aos viaxeiros entrantes o aeroporto internacional de Toncontín, Tegucigalpa. Logo da adrenalina da aterrizaxe despois dunhas 34 horas de percorrido por numerosos aeroportos, conseguín ver caras amigas ao atoparme con Raquel e Elmer, as miñas primeiras guías espirituais en Honduras.
A sensación inicial cando pisas terra é que como vas vivir aquí durante 3 meses, afogarei con tanto calor, non paras de beber auga, seguridade total de que enfermarei tódalas semanas...todo un drama que pasa en menos de 24 horas cando probas as baleadas, tajaditas ou as distintas froitas que ofrecen os mercados.
Nunha primeira reflexión, o que máis me chama a atención é a relación que ten a poboación hondureña cos recursos naturais, como aman a terra na que se producen os seus alimentos e como a defenden por enriba de todo.
Pintura nunha rocha na Illa de Pacar, Amapala
Na mesma liña de curiosidades ambientais coas que me atopo están os manglares, definidos por min mesma, e dende a simpleza máxima, coma "monte na auga" que se converten na base económica da zona. San Lorenzo é unha cidade porto e a maioría da súa poboación e das áreas da zona viven directa ou indirectamente dos manglares e das especies que alí se reproducen.
Manglares vistos dende un mirador preto de San Lorenzo, Valle
Só queda esperar a que cheguen as compas Uxía e Miño (do grupo auga) e poidamos compartir experiencias e perspectivas de tódalas curiosidades que acontecen cada día en Honduras.
Pintura reivindicativa no centro comunitario
de Playa Grande
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










