O pasado día 6 de Outubro o
Comite Permanente de Contixencias (COPECO), un organismo dependente do Estado Hondureño, decretou alerta vermella pola aparición dunha tormenta tropical na zona Sur do País, con temor a que tornase en furacán. Nos departamentos nese estado de alerta, sitúanse os municipios de Tegucigalpa, San Lorenzo é o Triunfo. Sendo este último o lugar onde nos asentamos Uxia mais eu e San Lorenzo onde se atopa a sede de Enxeñería Sen Fronteiras.
|
Os derrumbres polas chuvias complicaban as comunicacións |
Cando fumos conscientes, estábamos no municipio de Gracias Lempira, o norte do país. Recibimos unha chamada advertíndonos e aconsellándonos ficar nese lugar e ver como evolucionaba a situación.
|
O Golfo de Fonseca dende o Salvador |
Agardámos ata o luns, mentres recibiamos mensaxes e información dos nosos amigos do Triunfo e tamén seguindo as nova ofrecidas por COPECO e polo diario El Triunfo.
Recibimos estes feitos con certa preocupación, dado que comezaban a haber novas de persoas damnificadas e a xente que non recordaba unha situación parecida dende o furacán Mitch.
O luns fixemos noite en Tegucigalpa, mentres se coñecíamos os primeiros datos, dentro da reflexión do parte do
Observatorio Universitario de Ordenamiento Territorial:
|
Moitas comunidades permaneceron incomunicadas por mor da chuvia |
"Según datos oficiales del Cuerpo de Bomberos de Honduras, se
contabilizan hasta el momento: 6 muertos, 1 desaparecido, 7000
damnificados, 750 casas dañadas y zonas
incomunicadas. Nos preguntamos ¿Se están implementando en el país los
planes de ordenamiento territorial vigentes? ¿Las actividades económicas, los asentamientos humanos y las infraestructuras se ubican
siguiendo políticas adecuadas de ordenamiento territorial? Esto no es
producto de la naturaleza, estas condiciones son los resultados de las
actividades humanas ubicadas en zonas inadecuadas."
Pensando nestas preguntas, o martes, puxemos rumbo a San Lorenzo onde nos atopamos por primeira vez coa nova persoa contratada de ESF en terreo, e planeamos a nosa chegada o Triunfo para o día de onte, mércores.
Mentres, recibiamos información da xente sobre como estaban a ir as cousas.
|
A alcaldesa do Triunfo, Gina Bonilla, repartindo víveres as persoas afectadas |
Parecía que xa estaba mellor, ainda que seguían as labores de axuda as persoas damnificadas no Triunfo. Fixeronse equipas de traballo voluntario, mentres se acollía as persoas coas casas inundadas nas escolas, aprovisionadas de viveres por parte da alcaldía.
Onte, chegamos por fin ó Triunfo, xa levantado o estado de alerta vermella, e sen ter moi claro con que nos iamos atopar. O chegar, no centro parecía que se recuperara a normalidade. A verdade é que xa tiñamos ganas de voltar o que aquí en Honduras é o noso fogar, e ganas de volver a ver á xente coa que compartimos moitas cousas os últimos meses.
Todo o mundo coincidiu en decir que fora unha situación complicada, en describir unhas chuvias intensísimas, e preocupación durante a alerta que se convertise nun furacán de certo nivel. Falaronnos de que soamente 5 casas foran derruidas, ainda que as inundadas e as persoas reubicadas nas escolas foron moitas mais.
Hoxe xa se retomaban as actividades nos colexios e parece que se retoma pouco a pouco a normalidade.
Miño e Uxía