27 may 2015

VISITA Á MISIÓN BIOLÓXICA DO GRUPO AGRO


Dentro do marco do proxecto europeo Fortalecimiento de la organización, alianzas y la producción agropecuaria de grupos campesinos para mejorar la seguridad alimentaria (SA) en los municipios de Nacaome y San Lorenzo, Honduras, o grupo Agro visitou este luns as instalacións do centro de investigación Misión Biolóxica de Galicia, pertencente ao CSIC.

Ainda que sempre é un pracer visitalo pazo no que se instala o centro, a escusa real desta visita foi a estancia durante o mes de maio de Roger, coordinador de proxectos da nosa coparte Hondureña, CODDEFFAGOLF. O grupo quixo coñecer de cerca a misión na Misión de Roger. A visita do técnico hondureño enmárcase dentro da actividade “Mejora genética de variedades”.
O grupo puido asistir aos primeiros ensaios de xerminación das sementes de millo criolla recén chegadas de Honduras. Estas sementes foron seleccionadas polos propios campesiños hondureños, baixo a supervisión de Ely, técnico de CODDEFFAGOLF formado no mesmo centro no ano 2013. Neste caso a estancia de Ely foi finanacida pola Xunta de Galicia no marco doutro proxecto complementario de ESF.
Roger está participando durante este mes na avaliación do material xenético seleccionado. Entre outros factores a avaliar, está a resistencia das sementes á sequía. Lorena, fisióloga contratada polo Centro para este traballo, explicounos esta metodoloxía e Pedro Revilla, director do Centro, fíxonos unha visita guiada polas instalacións do Centro. Agradecerlles o seu tempo e o seu interese polo traballo de ESF.

A visita terminou cunha pequena xuntanza do grupo con Roger no emblemático arboreto do Pazo. Aproveitamos para que nos contase as súas impresións do noso país e para planificar as súas últimas actividades co grupo Agro: visita á sede da Coruña, entrevista coa Coordinadora galega de ONG, entrevista co CETMAR,...

O fin da reunión descubrimos que Álvaro, voluntario veterano de ESF, é un apasionado e gran coñecedor do patrimonio arquitectónico galego. Foi fácil convencelo para que nos organizarse unha visita guiada para a próxima reunión bimensual do grupo Agro... 




Café coloquio no medio da visita
A capilla do Pazo
Singular hórreo situado na finca 
Explicación da distribución da finca dende a sombra do hórreo
Conversando e aprendendo
Biblioteca do centro con exemplares centenarios do propio pazo

Cultivo de pragas de brásicas para ensaios 

Uso de rapiñas para espantar aos come-millos




























22 may 2015

Proxecto de Fondo Galego (Abril 2015)

Proxecto: Fortalecemento das capacidades locais para mellorar o acceso ao dereito a auga potable e saneamento a través da xestión integrada do recurso hídrico, nos 7 municipios da mancomunidade NASMAR, Honduras 

Socio local: Mancomunidade NASMAR

Financiado por: Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade 


Este proxecto enmárcase nun programa deseñado por ESF Galicia, a Mancomunidade NASMAR (Mancomunidade dos municipios costeiros do Golfo de Fonseca) e AHJASA (Asociacion Hondureña de Juntas de Agua), do que xa foi executada a primeira fase durante o ano 2014, coa financiación de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.


Durante o mes de abril levouse a cabo a primeira parte da capacitación en hábitos hixiénicos e sanitarios relacionados con auga e saneamento baixo a metodoloxía ESCASAL (“Escola e Casa Saudable”). A esta capacitación acudiron dúas persoas por municipalidade, así como persoal técnico da Mancomunidade de NASMAR e de AHJASA (esta última é socia de ESF noutros proxectos complementarios). A capacitación foi impartida por persoal técnico do Servicio Autónomo Nacional de Acueductos y Alcantarillados (SANAA), organismo gobernamental encargado do fortalecemento técnico de axentes locais con influencia na xestión dos recursos hídricos. Ata o de agora impartíronse tres xornadas, nas que se explicou a metodoloxía para as visitas ás familias, o uso de material didáctico e o contido da formación ás familias en hábitos hixiénicos e sanitarios relativos a auga e saneamento. Están previstas para o mes de maio sete xornadas máis de capacitación, incluídas xornadas prácticas en comunidades do municipio de El Triunfo.  


Así mesmo, xa se dispoñen dos primeiros resultados das análises de calidade de auga realizadas na comunidade de La Grecia. O persoal técnico do Instituto Hondureño de Ciencias de la Tierra de la UNAH comezará a valorar estes resultados e a planificar a segunda fase da toma de mostras.   





Outros enlaces vinculados ao proxecto:



  • Informe de Marzo
http://esfhonduras.blogspot.com/2015/04/continua-o-proxecto-de-fondo-galego.html
  • Enlace en el que se muestra cómo la Alcaldía de Marcovia plantea problemática del uso de agua por la agroindustria:



27 abr 2015

MASSVIDA, por la Defensa del Territorio y los Derechos Humanos en la región Sur de Honduras



Ante la expansión de actividades económicas extractivas e intensivas en el uso de recursos naturales y del territorio en la zona Sur de Honduras, la aprobación de forma unilateral por parte del gobierno actual de leyes que fomentan este tipo de actividades (como por ejemplo, las ZEDEs o ciudades modelo), y la creciente vulnerabilidad de los defensores de derechos humanos y ambientales en el país (Honduras es el país con más asesinatos de activistas ambientales per cápita en el mundo), surge, a finales del pasado año 2014, el Movimiento Ambientalista Social del Sur por la Vida (MASSVIDA). Esta plataforma, constituida por organizaciones de sociedad civil de la zona (entre ellas nuestro socio en el Golfo de Fonseca desde 2008 el Comité para la Defensa y Desarrollo de la Flora y Fauna del Golfo de Fonseca-CODDEFFAGOLF, Fundación Simiente, ADEPES, Cáritas y ADEPZA) y por representantes de la Iglesia Católica (parroquias de Amapala, Langue, Pespire, Goascorán y Nacaome), tiene como misión "Acompañar y fortalecer las comunidades de la región sur de Honduras en la defensa del territorio, el patrimonio cultural y la dignidad de nuestros pueblos, promoviendo el respeto a los Derechos Humanos fundamentales para alcanzar el desarrollo integral y sostenible", y como líneas estratégicas: 
  1. Organización: 
    Fortalecer la organización comunitaria en la región sur de Honduras para promover la defensa de la vida y el desarrollo justo y equitativo de nuestros pueblos.
  1. Educación: 
    Fortalecer la base del conocimiento de las-os miembros del MASSVIDA así como de las-os líderes de base y la población de la región sur de Honduras, orientada a la defensa del territorio y los derechos humanos.
  1. Incidencia Política: 
    Generar y fortalecer procesos de incidencia social y ambiental ante las autoridades locales, departamentales y nacionales para promover cambios en leyes, políticas y acciones a favor de la vida en la región sur.
  1. Fortalecimiento institucional: 
    Armonizar esfuerzos y potencialidades de las distintas organizaciones que integran MASSVIDA así como de organizaciones afines en Honduras en la búsqueda del bien común.



16 abr 2015

Continúa o Proxecto de Fondo Galego (Marzo 2015)

Proxecto: Fortalecemento das capacidades locais para mellorar o acceso ao dereito a auga potable e saneamento a través da xestión integrada do recurso hídrico, nos 7 municipios da mancomunidade NASMAR, Honduras Socio local: Mancomunidade NASMAR

Financiado por: Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade 


Este proxecto enmárcase nun programa deseñado por ESF Galicia, a Mancomunidade NASMAR (Mancomunidade dos municipios costeiros do Golfo de Fonseca) e AHJASA (Asociacion Hondureña de Juntas de Agua), do que xa foi executada a primeira fase durante o ano 2014, coa financiación de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.

Durante o mes de marzo levouse a cabo a capacitación de reforzo da metodoloxía de Planificación de Xestión do Recurso Hídrico, dirixido ao persoal técnico municipal e do socio local (dúas persoas por cada municipio e dúas de NASMAR). Nestas capacitacións incidiuse sobre a importancia da planificación hídrica e a utilidade dos PXIRH, e mostrouse o contido e os datos que deberían ter os informes PXIRH comunitarios e municipais, aínda que este contido pode ser adaptable as necesidades específicas de cada municipalidade. 


Formación PGIRH Teórica




Levouse a cabo unha práctica de campo na comunidade  de La Criba (municipio de San Lorenzo), onde se levantaron as fichas social e técnica. Esta comunidade xa ten sistema de abastecemento de auga, pero  o seu funcionamento é defectuoso por ter case 20 anos de antigüidade. A Mancomunidade de NASMAR comprometeuse a facer o informe PXIRH desta comunidade e a realizar xestións para mellorar o seu sistema de abastecemento de auga.



Formación PGIRH Práctica


Formación PGIRH Práctica


Formación PGIRH Práctica






Así mesmo, comezaron as actividades relacionadas co estudo hidroxeolóxico na comunidade de La Grecia, municipio de Marcovia. O persoal técnico do InstitutoHondureño de Ciencias de la Tierra de la UNAH desprazouse ata San Lorenzo para socializar o estudo ante a asemblea da Mancomunidade de NASMAR, constituída polos sete alcaldes dos municipios que a conforman. Nese acto explicouse o contido do estudo e as súas fases, e fíxose incidencia na importancia do control da calidade da auga, xa que se busca que este estudo sirva tamén para sensibilizar a titulares de obrigas, responsabilidades e dereitos neste senso. Nese mesmo espazo estaban presentes actores de desenvolvemento con actividade na zona, como son Amigos de la Tierra España e o Comité para la Defensa y Desarrollo de la Flora y Fauna del Golfo de Fonseca (CODDEFFAGOLF). Durante esa mesma xornada, o persoal do IHCT, desprazouse á comunidade de La Grecia, onde socializou o estudo coa asemblea comunitaria. Posteriormente, leváronse a cabo tres xornadas para realizar o censo das fontes de auga, a selección dos pontos de mostreo e a recollida das mostras para o analizar parámetros físicos, microbiolóxicos, metais pesados e agroquímicos. 

Toma de muestras

Outros enlaces vinculados ao proxecto: